A primeira edición do Festival Dog-Friendly Xiracán chegará a Praia Canina da Madalena os próximos 28 e 29 de Agosto. O “Festival Dog Friendly Xiracán” establécese cun dobre obxectivo. Dunha banda converter ao Concello de Cabanas nun referente de “concello amigo dos cans”, como continuidade á posta en marcha da súa praia canina, que tanto éxito e aceptación ten.
Da outra banda trátase dun festival familiar, de concienciación dos valores de respecto aos animais e ao medio ambiente en xeral, e aos cans en particular, ofrecendo ademais dúas xornadas familiares nunha contorna privilexiada.
Ademais, este festival ten un compoñente solidario coa recadación de fondos e alimentos para as protectoras e refuxios de cans e gatos da zona, que ao igual que o resto dos do país están a atravesar un momento de saturación e falta de fondos para atender a inxente cantidade de cans que rescatan. A xornada do sábado comezará as 12 da mañá coa presentación oficial presidida por Carlos Ladra alcalde de Cabanas ao mesmo tempo que comezarán os distintos obradoiros para os máis pequenos. A ambientación musical correrá a cargo do grupo “Alvila & Jose Esteban”.
Na xornada de tarde se sucederan diferentes actividades como obradoiros infantís, charlas, desfiles e exhibicións nos que calquera sea posuidor ou non dun can poderá participar. O xornada do domingo arrincará cunha charla a cargo dun adestrador canino para seguidamente dar comenzo a unha andaina. Para participar nesta andaina será obrigatorio unha inscrición previa, no propio recinto, durante a xornada do sábado. Estableceranse grupos burbulla para o cumprimento estrito das normas anti-covid. Aqueles que non teñan can pero queiran participar nesta andaina, poderán se o desexan pasear aos cans das protectoras colaboradoras.
Tanto na xornada do sábado como na do domingo haberá instalado de xeito permanente un mercado solidario para a recadación de fondos para as protectoras Terracan e Arco da Vella. Así mesmo o recinto disporá dunha zona de merendeiro cunha Food-Truck na que os asistentes poderán degustar todo tipo de bebidas e comida de calidade a prezos reducidos.
O Festival Xiracán está organizado por RGM Eventos e conta co patrocinio do Concello de Cabanas e Supermercados Gadis e a colaboración de Eloa K9 adestradores caninos e Nordés Adestradores caninos e todas as actividades serán de balde.