Exactamente a partida a incorporar será de 30.829.000 euros, dos cales 7.451.272 euros serán destinados case na súa totalidade aos concellos con menos de cincuenta mil habitantes para actuacións de mellora da súa seguridade viaria, accesibilidade nos municipios e melloras da súa eficiencia enerxética.
Este novo plan de actuación se aprobará no próximo pleno de marzo e terá unha financiación de once millóns de euros entre 2018 e 2019. Así, o orzamento total deste ano acadará os 190 millóns de euros.
Silva salientou que a maioría deses cartos “van a ir os concellos, pera que podan xestionar os seus proxectos” e que particularmente dedicaranse “máis recursos aos concellos máis pequenos”.
Ademais, Mosquera precisou que 11 millóns iran a parar a un novo plan de actuacións nas vías municipais que seguirá os principios dos plans de actuación das vias provinciais. “Desenvolvemos o Plan Móvese I e imos xa polo Plan Móvese II para actuar na nosa rede de estradas provinciais. Agora damos un paso máis, un salto, para estendelos ás vías municipais porque sabemos que hai demanda e que hai concellos que non teñen recursos. Seguro que haberá moitos milleiros de peticións”, sinalou.