Carmela Silva expresou, en nome de todo o goberno da institución provincial, a súa máxima solidariedade «con todo o pobo francés nestes momentos de sufrimento e indignación pero, sobre todo, coas familias das vítimas e feridos».
A presidenta mostrouse esperanzada de que «a democracia e a liberdade van ser moito máis fortes que a barbarie dos terroristas». Igualmente fixo un chamamento a todos os veciños da provincia de Pontevedra a participar este domingo nas concentracións, as doce do mediodía, nos seus respectivos concellos tal e como convocou a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). De feito, Carmela Silva participará, como unha veciña máis, mañá en Vigo na concentración ante o concello de Vigo.
Por outra parte, a presidenta cursou as instrucións necesarias para que as bandeiras do Pazo Provincial da Deputación permanezan a media asta. A propia Deputación realizará o próximo luns un acto de solidariedade co pobo francés con tres minutos de silencio nas escalinatas do Pazo Provincial as doce do mediodía.