Para a súa acometida, o goberno de Vigo prevé expropiacións de 2.000 metros cadrados en catorce parcelas e un orzamento de execución próximo aos 250.000 euros, dos que aproximadamente 60.000 serían para a consecución dos terreos. Desde o seu comezo, as obras estarían concluídas en catro meses.
Ao carecer de sostén urbanístico, o Concello de Vigo require para a súa execución da aplicación da chamada «Lei Vigo», a Lei 3/2016 para obras de especial interese, polo que enviará o proxecto o antes posible á Xunta de Galicia.