• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 24 de diciembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Universidade busca voluntarios para recuperar zonas queimadas

    Hai xa máis de 80 persoas inscritas e o prazo remata o día 10. A EE Forestal encargarase de coordinar a formación do alumnado, PDI e PAS participante
    Redacción por Redacción
    02 de Nov, 2017
    en Medio Ambiente
    0
    A Universidade busca voluntarios para recuperar zonas queimadas

    A inscrición está aberta ata o día 10 deste mes e posteriormente artellaranse grupos, medidas e lugares de actuación. Como explica o director da EE Forestal, Juan Picos, «o primeiro que temos que facer é ver con canta xente contamos, o seu perfil académico e a súa procedencia para poder comezar a organizarnos e dar resposta ás necesidades dos concellos e comunidades de montes máis afectadas”. Esa será a clave desta iniciativa, “traballaremos con calma, planificando ben e tratando de achegar o valor engadido que pode dar a Universidade co seu voluntariado”. Ata o momento “xa se puxeron en contacto co Concello de Vigo e co de Salceda de Caselas, así como con varias comunidades de montes da zona de Vigo e asociacións forestais”, porque a idea é traballar nas contornas dos tres campus, como explica o vicerreitor de Extensión Universitaria, Manuel Fernández Iglesias. Nas vindeiras semanas continuarase unha ronda de contactos coas administracións locais para poder estender este programa a outros lugares afectados como Carballeda de Avia, Ponteareas, Ponte Caldelas, etc.

    “Unha vez saibamos con canta xente contamos nesa bolsa de voluntarios debemos pensar na formación que poden precisar, non será o mesmo se a maioría procede de Bioloxía ou de Enxeñaría Forestal ca se procede doutro tipo de centros” explica Juan Picos, por iso se organizarán actividades de formación e se tratará que todos os grupos poidan contar, polo menos, con algún estudante ou docente da EEF. Trátase así de realizar accións coordinadas, adaptadas á contorna de cada lugar e sobre todo facelas baixo unha dirección científica que evite actuacións contraproducentes, algo que todas as asociacións ecoloxistas e comunidades de montes demandan.

    Actuacións ben planificadas
    “Isto é unha carreira de fondo, non se trata só de que botar palla no monte, hai que saber cando, onde e como facelo”, destaca Picos. Este grupo de voluntarios e voluntarias tratará de dar resposta ás necesidades de cada zona, e para iso hai que avaliar, antes de nada, cada unha das contornas e actuar na protección do terreo queimado, evitando a erosión do solo e impedindo que as cinzas cheguen a ríos e rías. É importante tamén, destaca, “previr riscos e avaliar os danos sufridos para poder planificar a reforestación e artellar o mellor xeito de facer seguimento das zonas que se vaian recuperando”.

    Para Juan Picos tan importante é a boa vontade da xente que quere colaborar como o feito de que saiban o que fan. “Non é o mesmo que unha persoa estea a botar palla nas zonas queimadas por así llo indican, que se o fai sabendo por que se actúa deste xeito, neste momento e con estas características”. Saber o que se fai “redunda tamén na implicación das persoas voluntarias, é moi importante que teñan unha formación mínima antes de comezar o traballo”. Por iso dende a escola pontevedresa están tamén colaborando na formación de voluntarios doutras institucións, entre eles, un grupo de arredor de 100 persoas coordinadas polo Concello de Vigo que recibiron este martes un curso formativo previo. O director da EEF remarca neste sentido que para a Universidade de Vigo esta oportunidade debe ser entendida como un reto, un xeito de demostrarlle á sociedade a súa empatía e de amosar o valor engadido que os seus voluntarios e voluntarias poden achegar ás áreas máis afectadas polo incendios. “Queremos poñernos á disposición dos veciños e das institucións, que sintan que estamos preto, que poidan sacar proveito do noso coñecemento, iso tamén é transferencia do coñecemento” e con este obxectivo, engade, “é preciso avaliar ben a situación e planificar as actuacións que se deben levar a cabo e traballar da man das comunidades de montes e dos concellos”, como explica o vicerreitor de Extensión Universitaria, Manuel Fernández.

    Os incendios, unha marea negra na terra
    Tamén en relación ás consecuencias da vaga de incendios deste mes, o edificio de Ciencias Experimentais acolle mañá venres a conferencia de Serafín González Prieto, presidente da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) e investigador do CSIC, titulada Incendios forestais: a marea negra dos montes galegos. O científico analizará as causas dos incendios forestais e as súas consecuencias tanto directas como indirectas así como as diferentes estratexias para a rexeneración da contorna natural.

    Texto orixinal: M. del Río

    43

    RelacionadosArtículos

    Letreros de Año Nuevo DIY grabados con láser para renovar tu hogar
    Ciencia y Tecnología

    Letreros de Año Nuevo DIY grabados con láser para renovar tu hogar

    24 de Dic, 2025
    El gigante que no duerme: viaje a las entrañas de Eiras, la fortaleza que calma la sed de Vigo
    Local

    El gigante que no duerme: viaje a las entrañas de Eiras, la fortaleza que calma la sed de Vigo

    23 de Dic, 2025
    A Belén se llega a través del Camino Portugués por la Costa
    Gondomar

    A Belén se llega a través del Camino Portugués por la Costa

    23 de Dic, 2025
    La Policía Nacional convierte en agentes por un día a los niños hospitalizados en Vigo
    Local

    La Policía Nacional convierte en agentes por un día a los niños hospitalizados en Vigo

    23 de Dic, 2025
    La UVigo aprueba el texto del convenio para la descentralización de Medicina
    Local

    La UVigo aprueba el texto del convenio para la descentralización de Medicina

    23 de Dic, 2025
    Avanza a intervención de «urxencia» en Eiras para evitar un corte masivo de auga na primavera
    Local

    Avanza a intervención de «urxencia» en Eiras para evitar un corte masivo de auga na primavera

    23 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La nieve afecta a la conexión entre Vigo y Ourense: precaución en la A52 y N120

    La nieve afecta a la conexión entre Vigo y Ourense: precaución en la A52 y N120

    por Redacción
    21 de Dic, 2025
    0

    Vigo satisface una vieja necesidad: un nuevo supermercado abrirá en una de sus calles más señoriales

    Vigo satisface una vieja necesidad: un nuevo supermercado abrirá en una de sus calles más señoriales

    por Redacción
    19 de Dic, 2025
    0

    Barcelona desbanca a Vigo y recoge el premio al que aspiraba de Capital Europea de la Navidad

    por María Alonso
    19 de Dic, 2025
    0

    Vigo desembolsará más de 2 millones de euros para organizar una exposición temporal sobre Julio Verne

    Vigo desembolsará más de 2 millones de euros para organizar una exposición temporal sobre Julio Verne

    por Redacción
    20 de Dic, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    La artesanía de Hermanos Hernández
    Más Vigo

    La artesanía de Hermanos Hernández

    La imagen muestra un cuadro pintado por Eloy Hernández, continuador de la saga de los Hermanos Hernández, maestros orfebres de...

    por Julio Alonso
    23 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 4

    HISTORIA DE VIGO

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo
    Más Vigo

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo

    En 1890, dos fotógrafos suizos abrían en Madrid una imprenta de artes gráficas especializada en fototipia. Desde entonces, Oscar Hauser...

    por Eduardo Rolland
    08 de Jun, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Citroën. La fábrica de Pamplona que acabó en Vigo
    Más Vigo

    Citroën. La fábrica de Pamplona que acabó en Vigo

    Debemos recordar que la empresa automovilística con el doble chevron en su logo, fue fundada por el ingeniero André Citroën...

    por Fernando Torres Carbajo
    07 de Feb, 2015

    LIBROS

    12 novelas y cómics de aventuras para regalar estas fiestas
    Libros

    12 novelas y cómics de aventuras para regalar estas fiestas

    Llega la época navideña y con ella las dudas de qué regalar a tus seres queridos. ¿Quieres ideas de sobra?...

    por Gabriel Romero de Ávila
    20 de Dic, 2025

    OPINIÓN

    Un año más sin recuperar la Panificadora
    Opinión

    Un año más sin recuperar la Panificadora

    La Panificadora de Vigo sigue desmoronándose sin que las autoridades hagan nada para evitarlo. Muchas palabras, muchos proyectos, muchas intenciones…,...

    por Julio Alonso
    21 de Dic, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR