A sección tipo a executar ten un ancho aproximado de 2,7 metros, consta dunha senda de formigón coloreado de 1,8 m de ancho separada da calzada por unha zona axardinada de 0,5 mais os dous bordos de separación nos tramos nos que as características da estrada e as edificacións existentes o permiten.
Ademais da senda prevese a mellora de tres interseccións existentes, unha delas a situada no punto quilométrico 18+880 coa rúa Vilariño, ao carón do IES Escolas Pombal, na que se construirá un cambio de sentido con carril central de espera para facilitar os xiros dos vehículos de transporte escolar e se implantarán medidas para acougar o tráfico na contorna das zonas de cruzamento que necesariamente terán que usar principalmente os alumnos do centro educativo.
Igualmente, no cruce do punto quilométrico 20+340 coa estrada provincial a Donas, executarase unha glorieta, aumentando a seguridade dos peóns e ciclistas e facilitando os xiros á esquerda na estrada no entorno dese punto.
Mentres, no cruce do punto quilométrico 20+580 coa estrada da Deputación a Golada, moi próximo ao centro de saúde Val Miñor, retranquearanse lixeiramente a senda existente pola marxe dereita para mellorar a seguridade dos peóns na intersección.
Esta actuación está enmarcada no Plan de Sendas de Galicia, concretamente na comarca de Vigo, para que o que proxectan 11 treitos, que foron definidos en 9 proxectos de construción.