• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 24 de junio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    cine

    Armendáriz, o «Prestige» e Corizonas, protagonistas do Festival de Cans

    Contará con 22 curtametraxes –16 de ficción e de 6 animación- e 19 videoclips a concurso
    Redacción por Redacción
    10 de May, 2017
    en Cine
    0

    A presentación desta edición tivo lugar na Casa do Cid coa presenza de Lourdes Moure -concelleira de Educación do Concello de Porriño-, Jacobo Sutil -director da Agadic-, Xosé Leal -deputado de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra- Hugo Pérez -brand manager de Mahou para Galicia-, Alfonso Cabaleiro -director de Galicia Calidade-
    Isabel Blanco -actriz e delegada de Aisge en Galicia-, César Goldi -actor e membro do xurado das curtametraxes- e Alfonso Pato -director do Festival de Cans-.

    O certame continúa adaptándose ano tras ano ás novas necesidades e demandas do público, polo que contará nesta edición cun xoves de Festival especialmente reforzado no tocante a contidos. A Praza do Concello do Porriño e a súa contorna serán testemuñas da Can Parade para implicar máis á veciñanza, tal e como apuntou Lourdes Moure, pero tamén da música dos irmáns Electric Feels ou o concerto da Banda Escuchando Elefantes. Ademais, os cociñeiros Mahou Inés Abril e Rafa Centeno -do restaurante Estrella Michelín Maruja Limón- ofrecerán «Tapas de cine» ao público asistente mesturando cinema e produtos do país. Nesta xornada do xoves 25 tamén se desenvolverá no Bar Liceum do Porriño o I Encontro de realizadores e realizadoras de videoclips do Festival de Cans, ao que se lle suman coloquios que terán lugar durante o Festival coma o habitual Café con CREA -que contará como convidado especial nesta ocasión con Guillermo García, director do documental Frágil equilibro e gañador dun premio Goya-, o II Encontro de curtametraxistas no Espazo Mahou na Leira de Alicia. Ademais súmanse a estas actividades as visitas de actores e actrices de AISGE -tal e como comentou Isabel Blanco- que recibirán cada mañá os asistentes ao Festival ou o xa tradicional Coloquio na Leira, que nesta ocasión terá como protagonista ao cineasta Montxo Armendáriz. Armendáriz, un director que foi galardoado en dúas ocasións co premio Goya e estivo nomeado nunha ocasión aos premios Oscar na categoría «mellor filme extranxeiro» por Secretos del corazón, será nesta ocasión o encargado de encher a Leira de curiosos.

    Tanto Jacobo Sutil coma Xosé Leal celebraron o entendemento das institucións e as empreas privadas coa organización para levar a cabo o Festival. «Cans produce un enorme impacto na súa contorna, integra á veciñanza e faina partícipe. Esa é unha das claves do seu éxito», comentou Sutil. Alfonso Calabeiro, director de Galicia Calidade, aproveitou a súa presenza para lembrar o momento no que Alfonso Pato lle presentou a súa idea de Festival hai catorce anos remarcando que «as realidades primeiro son soños».

    A Leira de Alicia e o Espazo Mahou

    O Jalpón de Alicia, contiguo á coñecidísima Leira, terá unha programación especial que fusionará música con audiovisuais ao acoller unha escolma dos mellores videoclips de Eladio y los Seres Queridos e a estrea mundial do novo videoclip de Terbutalina «Ninguén che quere», que formará parte de «Sonido Esteiro», o seu próximo traballo. O director do Festival, Alfonso Pato, salientou que este ano o certame terá un especial oco para pezas audiovisuais relacionadas coa catástrofe do Prestige catástrofe do Prestige como Crebinsky -de Enrique Otero-, Carcamáns -de Marcos Nine-,Man -Manuel Abraldes-, ou Toxic percebe -de Xabier Jácome-. Ademais para lembrar a efeméride destes 15 anos do Prestige, estrearase tamén nesta edición do Festival o documental inédito Mar de fondo, do cineasta Dani Guzmán, que foi gravado durante unha estadía súa en Galicia no 2002 tras o accidente.

    A música segue estando na primeira liña do Espazo Mahou na Leira de Alicia, comentou Hugo Pérez, véndose incrementada nesta edición con León Benavente, Eladio y los Seres Queridos, Edu Romero ou Nico Pastoriza na súa faceta de DJ’s pero tamén invadirá por completo o Torreiro cos concertos de Corizonas, Adrián Costa & The Criers, Familia Caamagno ou Terbutalina. Ritmos dos anos 60, pop, indie, punk e rock and roll para non deixar indiferente a ninguén.

    Os nenos e nenas cobran cada vez máis protagonismo en Cans, feito que celebrou o actor César Goldi durante a súa intervención, e por iso reforzamos a programación infantil, que segue medrando con proxeccións, música e obradoiros. Os máis pequenos terán actividades no Cuberto do Pato, no Baixo de Carlos e o parque do río, onde poderán gozar da Caixa de Mistos, da música de «O Trío do Acivro», a voz de Suso Vaamonde musicando poemas de Neira Vilas nas súas «Cantarolas para xente miúda» ou do espectáculo de Polo Correo do Vento, no que os máis pequenos poderán aprender como levas debuxos ao cinema a través dun storyboard.

    43

    RelacionadosArtículos

    La Plaza de Santa Liberata se recuperará para el peatón gracias a una  inversión de 1,4 millones de la Diputación
    Baiona

    La Plaza de Santa Liberata se recuperará para el peatón gracias a una inversión de 1,4 millones de la Diputación

    24 de Jun, 2025
    Caballero da el visto bueno a la Xunta para que ejecute 3.700 viviendas más en los ‘nuevos Navia’ de Vigo
    Local

    Caballero da el visto bueno a la Xunta para que ejecute 3.700 viviendas más en los ‘nuevos Navia’ de Vigo

    24 de Jun, 2025
    Carlos Núñez regresa a Monteferro para otro atardecer mágico
    Música

    Carlos Núñez regresa a Monteferro para otro atardecer mágico

    24 de Jun, 2025
    El Celta blinda a uno de sus talentos más prometedores hasta 2029
    Sin categoría

    El Celta blinda a uno de sus talentos más prometedores hasta 2029

    24 de Jun, 2025
    El Puerto de Vigo ‘escala’ con dos nuevos récords históricos: crecen los cruceros y los pasajeros
    Local

    El Camiño da Costa y el turismo de cruceros marcan «registros históricos» en Vigo

    24 de Jun, 2025
    Vigo y su área quemaron San Juan: la noche más corta del año dio la bienvenida al verano
    Local

    Vigo y su área quemaron San Juan: la noche más corta del año dio la bienvenida al verano

    24 de Jun, 2025

    59

    44

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 8

    Más Vistos

    «Vigo se pone a la altura de Francia y Alemania: serán los tres grandes centros de producción de microchips en Europa»

    «Vigo se pone a la altura de Francia y Alemania: serán los tres grandes centros de producción de microchips en Europa»

    por Europa Press
    18 de Jun, 2025
    0

    El túnel de la vergüenza

    El túnel de la vergüenza

    por Julio Alonso
    19 de Jun, 2025
    0

    El Vitruvia ultima la mudanza a su paraíso soñado: «En Vigo estaremos orgullosos de tener un espacio así»

    El Vitruvia ultima la mudanza a su paraíso soñado: «En Vigo estaremos orgullosos de tener un espacio así»

    por Andrea Mariño
    17 de Jun, 2025
    0

    Recuperación dunar de Samil: «No es esto, no es esto»

    Recuperación dunar de Samil: «No es esto, no es esto»

    por Fernando Torres Carbajo
    23 de Jun, 2025
    0

    61

    ROMPEPAGINAS A – 7

    13

    45

    MÁS VIGO

    Deportes náuticos en Vigo
    Más Vigo

    Deportes náuticos en Vigo

    La ciudad de Vigo cuenta con el privilegio de su ría y las islas Cíes protegiéndola de los fuertes temporales,...

    por Julio Alonso
    24 de Jun, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    El hundimiento del ‘Higland Pride’
    Más Vigo

    El hundimiento del ‘Higland Pride’

    En la madrugada del domingo 8 de septiembre de 1929, la sirena de un barco rompió el sueño de los...

    por Eduardo Rolland
    18 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    El Plan Palacios: Vigo tuvo una oportunidad

    Han ido pasando los años y las corporaciones y la ciudad no ha podido disfrutar de una planificación que pudiera...

    por Fernando Torres Carbajo
    13 de Feb, 2016

    LIBROS

    La novela ganadora del Premio Blanco Amor 2024 se presenta en Porriño
    Libros

    La novela ganadora del Premio Blanco Amor 2024 se presenta en Porriño

    La Villa del Louro se prepara para una cita literaria de excepción. Este jueves, 19 de junio, a las 20:00...

    por Redacción
    18 de Jun, 2025

    OPINIÓN

    Recuperación dunar de Samil: «No es esto, no es esto»
    Opinión

    Recuperación dunar de Samil: «No es esto, no es esto»

    En febrero de 1931 el intelectual español José Ortega y Gasset fundaría la Agrupación al Servicio de la República, junto...

    por Fernando Torres Carbajo
    23 de Jun, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR