• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 1 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Xabier Pérez Igrexas será o candidato do BNG á Alcaldía de Vigo

    A formación nacionalista aposta por un político novo, de 34 anos, pero afeito á política e con experiencia no movemento veciñal
    Redacción por Redacción
    12 de Sep, 2018
    en Local
    0

    Igrexas, quen agradeceu en primeiro lugar a confianza da militancia nacionalista nel depositada, afirmou que o obxectivo do partido en Vigo é recuperar unha presenza determinante no concello de Vigo porque «o BNG sempre fixo avanzar o noso concello con coherencia, con políticas nacionalistas e de esquerdas e sempre ao servizo da veciñanza «, afirmou.

    O novo líder do BNG vigués asegurou que vai loitar por unha «cidade como algo máis que un espazo, como unha verdadeira comunidade, coas persoas no centro das políticas» e recalcou que o BNG situará o foco nos problemas e nas necesidades reais da veciñanza «para converter Vigo nunha cidade que xere oportunidades» afirmou o candidato nacionalista á alcaldía de Vigo, quen se comprometeu a traballar «desde as institucións e desde as rúas polo emprego digno e con dereitos para todas e todos, para que Vigo volva ser cidade de oportunidades, o pulmón industrial do país e a capital galega da innovación».

    Ademais, apostou en facer de Vigo o motor dunha nova Galicia, «fronte a quen quere reducirnos a unha ‘minicidade Estado’ illada á talla do seu ego, nós apostamos por ser o motor de todo un país». Neste sentido, o cabeza de lista acredita en que a cidade ten que «seguir a construírse e avanzar a partir das súas enormes potencialidades e non desde o enfrontamento estéril con outros».

    Entre os obxectivos prioritarios do BNG enunciados polo candidato na Asemblea Local nacionalista salientan «a vontade de traballar por unha cidade nova para a veciñanza, xusta e igualitaria, como territorio libre de recortes e humanizado de verdade. Un Vigo e unha Galicia libre de todas as violencias machistas» e afirmou que «fai falla pór o urbanismo para as persoas, vertebrando e impulsando Vigo desde os barrios».

    Xabier P. Igrexas agradeceu o traballo e dedicación do anterior candidato e actual responsábel local do BNG de Vigo, Serafín Otero, «baixo cuxo liderado o BNG recuperou en Vigo apoio social, afiliación e simpatizantes no último período que permiten encarar con novos folgos os vindeiro retos políticos».

    O propio Serafín Otero salientou de Xabier P. Igrexas que se trata dun «compañeiro con amplísimo coñecemento da vida municipal, colaborador coa prensa escrita e dixital, activista nos movementos sociais e sindicais da cidade» e engadiu que Igrexas é unha persoa «coas ideas claras e é sabedor que para o BNG de Vigo as eleccións municipais de maio de 2019, teñen un claro obxectivo que non queda só con recuperar a representación institucional no Concello de Vigo, senón lograrmos que esa presenza volva ser determinante para Vigo».

    Currículo do candidato
    Xabier P. Igrexas é natural de Vigo e ten 34 anos. Participou activamente do movemento veciñal da cidade desde moi novo e durante case 15 anos, tanto na Asociación Veciñal Val do Fragoso como tamén na Federación Veciñal Eduardo Chao (Favec), da que foi secretario. Fixo parte activa do movemento estudantil chegando a ser secretario xeral a nivel galego dos Comités Abertos de Estudantes (organización actualmente integrada en Erguer – Estudantes da Galiza).

    Entrou a militar en Galiza Nova e no Bloque Nacionalista Galego en 1999, tendo asumido diferentes responsabilidades tanto na organización xuvenil como na fronte nacionalista. Arestora é o responsábel de Acción Municipal do BNG de Vigo. En 2015 participou da candidatura do BNG ao Concello de Vigo no posto número 9.

    No eido institucional, como representante de diferentes colectivos, foi membro de organismos municipais como o Consello Social da Cidade, Consello Sectorial de Transportes, Consello Social da Lingua, Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidariedade e mais o Consello Escolar Municipal.

    A nivel sindical foi parte da CIG, onde ten asumido diversas responsabilidades. No ámbito xornalístico ten desempeñado como colaborador e columnista en diversos medios de comunicación, como A Nosa Terra, Xornal de Galicia, Galicia Hoxe ou Sermos Galiza, entre outros. Profesionalmente traballa como administrativo.

    43

    RelacionadosArtículos

    El regreso de la Solitaire du Figaro a Vigo: la élite del mar vuelve a las Rías Baixas en mayo
    Náutica y Vela

    Vigo recibirá a la élite de la vela mundial con el regreso de tres campeones a la Solitaire du Figaro

    31 de Ene, 2026
    El milagro de Perpetue: un billete de vuelta a Togo con el corazón reparado en Galicia
    Solidaridad

    El milagro de Perpetue: un billete de vuelta a Togo con el corazón reparado en Galicia

    31 de Ene, 2026
    Final feliz para la búsqueda del ‘Panda’: Borja Iglesias se cita con André, el niño que emocionó a Balaídos
    Celta

    Final feliz para la búsqueda del ‘Panda’: Borja Iglesias se cita con André, el niño que emocionó a Balaídos

    31 de Ene, 2026
    El desarrollo que Vigo busca en Alfageme: «Espacio público igual que el Pazo da Raposeira o la Casa Patín»
    Local

    La Xunta condiciona el plan residencial de Alfageme

    31 de Ene, 2026
    Carnaval, electrónica y el rito del baile
    Música

    Carnaval, electrónica y el rito del baile

    31 de Ene, 2026
    «El partido está activo y es cada vez más fuerte porque creemos en el potencial de Vigo»
    Local

    «El partido está activo y es cada vez más fuerte porque creemos en el potencial de Vigo»

    31 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    por Redacción
    30 de Ene, 2026
    0

    «Pequeno busca fogar», de Fátima Rodríguez, segundo premio do I Certamen de Relatos de VigoÉ

    El modelo de turismo de la Navidad de Vigo se agota, según los datos de diciembre del INE

    por Redacción
    27 de Ene, 2026
    0

    Primera sentencia en Galicia contra un banco por suplantación de identidad a una clienta

    Piden que Abanca devuelva a Vigo lo que Vigo le dio y ceda el uso de 200 viviendas vacías

    por Redacción
    28 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    ROMPEPAGINAS A – 6

    MÁS VIGO

    Planeta Theremin
    Más Vigo

    Planeta Theremin

    La ciudad de Vigo esconde numerosos rincones sorprendentes. A través de esa puerta que se observa a la derecha de...

    por Julio Alonso
    31 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder
    Libros

    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder

    Ya tenemos aquí un nuevo año y con él han llegado unas cuantas novedades literarias. ¿Les echamos un vistazo? 1)...

    por Gabriel Romero de Ávila
    31 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    CAAN rescata a nove cachorros, dous de eles nunha fosa gandeira
    Opinión

    El maltrato animal denigra el alma humana y convierte a los humanos en monstruos cobardes y despreciables

    Por María M. Adeva Los seres humanos han basado su bienestar en el vil y cruel sometimiento y explotación de...

    por Cartas al Director
    24 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR