• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 21 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    igualdade

    Vigo xa é a primeira universidade de España en recoñecer cun distintivo as escolas e facultades máis igualitarias

    O distintivo outorgarase cada ano a un centro, escola ou facultade “co fin de que, pouco a pouco, todos o consigan obter e, deste modo, incentivar as políticas públicas de igualdade na nosa institución de ensino superior”
    Redacción por Redacción
    09 de Abr, 2021
    en Local
    0
    Vigo xa é a primeira universidade de España en recoñecer cun distintivo as escolas e facultades máis igualitarias

    Co fin de visibilizar e recoñecer pública e institucionalmente o esforzo de moitas persoas que día a día, na Universidade de Vigo, loitan por investigar, ensinar, transferir, xestionar e producir coñecemento científico incorporando a mirada de xénero e feminista, a institución pon en marcha o Distintivo de Igualdade. Con esta iniciativa, a UVigo convértese en pioneira en todo o Estado en crear un recoñecemento para o esforzo de escolas, facultades e centros propios na promoción activa e permanente da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes.

    A directora da Unidade de Igualdade da Universidade, Águeda Gómez, explica que esta medida está recollida no III Plan de Igualdade e a idea xurde doutras iniciativas similares “como o Athenas Swan en Gran Bretaña ou a posta en marcha polo CSIC que xa leva varios anos cun considerable éxito”. Coa estrea desta primeira convocatoria trátase, engade Gómez, de impulsar “unha academia máis humana, igual e xusta e poñer fin dunha vez co pasado histórico de saberes e academias onde as mulleres foron invisibilizadas (Efecto Matilda), excluídas (ata o ano 1910 as mulleres non podíamos estudar na universidade de xeito ordinario) e vítimas dun nesgo epistemolóxico de xénero que amputou ao coñecemento das achegas e puntos de vista da metade a humanidade: as mulleres”.

    O distintivo outorgarase cada ano a un centro, escola ou facultade “co fin de que, pouco a pouco, todos o consigan obter e, deste modo, incentivar as políticas públicas de igualdade na nosa institución de ensino superior”. Así, dende a institución tratase de que, ano tras ano, se sumen novos centros “a modo de constelación que, como no caso da Vía Láctea, se converta nun referente europeo pola súa firme aposta pola igualdade en todos os ámbitos da nosa institución, para que a Universidade de Vigo resulte un modelo paradigmático de institución igualitaria e, por tanto, de maior excelencia, se cabe”.

    As propostas, ata o 31 de maio

    Este é un paso máis na traxectoria da Universidade de Vigo a prol da igualdade real. De feito, lembra Águeda Gómez, “contamos con moitas expertas e expertos en xénero entre o noso persoal académico; desenvolvemos liñas de investigación neste ámbito moi destacadas; o uso da linguaxe inclusiva non sexista está moi normalizado na comunicación institucional e tamén en certos casos, na académica; existen graos con plans de estudo que contemplan materias especificas neste eido e temos equipos decanais e directivos paritarios en moitos centros, escolas e facultades”. Por todo isto, remarca, “é importante poñer en valor estas fortalezas da nosa institución universitaria”.

    O distintivo consistirá nunha insignia visual que se visibilizará e exporá publicamente e irá acompañada dunha achega económica, de 3000 euros, para que a dirección do centro empregue en desenvolver políticas de xénero no centro. Para seleccionar os centros merecedores desta marca de excelencia terase en conta se os plans de estudo das titulacións impartidas recollen materias que tratan a igualdade de xénero, tamén o número de persoas expertas en igualdade de xénero e feminismo co que conta o centro, o número de actividades de sensibilización organizadas ou a paridade nos órganos de goberno decanal e directivo.

    O prazo de presentación das solicitudes será dende o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Taboleiro de anuncios ata o 31 de maio de 2021.

    Unha experiencia piloto que se poderá expandir

    Esta primeira convocatoria lánzase como unha experiencia piloto, como explica a directora da Unidade de Igualdade, que agarda que nos vindeiros anos se potencie, por exemplo, ampliándoa máis aló das facultades, “xa que nos consta que na nosa Universidade hai servizos claramente comprometidos co impulso da igualdade real e efectiva de mulleres e homes e algunhas iniciativas, como a solicitude á Xunta de Galicia da gratuidade na matrícula para as vítimas de violencia de xénero, xurdiu dun servizo concreto da nosa Universidade”.

    Con todo, Águeda Gómez asume que a solicitude deste distintivo “pode resultar unha actividade complexa que entraña certa burocracia”, pero anima a todas as facultades e escolas a presentarse, “pois dalgún xeito, poderán coñecer e diagnosticar a realidade da igualdade nos seus centros e, no caso de conseguir o distinto, poderán dispor duns recursos para impulsar aínda máis a igualdade entre mulleres e homes”. Tamén considera que se poderá avanzar na mellora dos indicadores, polo que agradece “todas as suxestións e propostas que a comunidade universitaria poida realizar para mellorar esta iniciativa nas próximas convocatorias”.

    Criterios de avaliación das propostas

    A selección das propostas presentadas realizarase de acordo a unha serie de criterios. Por exemplo, terase en conta que os plans de estudo das titulacións impartidas recollan materias que traten a igualdade de xénero ou, de ser o caso, existan liñas de investigacións propias que incorporen a perspectiva de xénero no centro. Tamén se valorará o número de persoas expertas en igualdade de xénero e feminismo co que conta o centro, así como o número de actividades de promoción e sensibilización da igualdade que teñen lugar anualmente. A comisión de avaliación tamén valorará a paridade nos órganos de goberno decanal e directivo, así como o uso da linguaxe inclusiva e non sexista nos documentos do centro; as políticas de captación e de novo alumnado con perspectiva de xénero ou, de ser o caso, de novo persoal investigador, con perspectiva de xénero ou outras actividades e accións desenvolvidas para a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes no ano anterior. 

    43

    Tags: igualdadUVigo

    RelacionadosArtículos

    África González, catedrática de Inmunología de la UVigo, premio María Josefa Wonenburger
    Local

    África González, catedrática de Inmunología de la UVigo, premio María Josefa Wonenburger

    20 de Nov, 2025
    «Reimaginar y modernizar» la UVigo, el reto del tercer aspirante a rector: «No será fácil»
    Local

    «Reimaginar y modernizar» la UVigo, el reto del tercer aspirante a rector: «No será fácil»

    18 de Nov, 2025
    La descentralización de Medicina empezará por 5º en los dos próximos cursos
    Local

    La descentralización de Medicina empezará por 5º en los dos próximos cursos

    17 de Nov, 2025
    El catedrático Jacobo Porteiro, tercer candidato a rector de la UVigo
    Local

    El catedrático Jacobo Porteiro, tercer candidato a rector de la UVigo

    17 de Nov, 2025
    Problemas de agenda obligan a posponer la reunión clave sobre el futuro de la Facultad de Medicina en Vigo
    Actualidad

    Problemas de agenda obligan a posponer la reunión clave sobre el futuro de la Facultad de Medicina en Vigo

    13 de Nov, 2025
    La Diputación de Pontevedra y la UVigo firman un convenio para la movilidad estudiantil
    Local

    La Diputación de Pontevedra y la UVigo firman un convenio para la movilidad estudiantil

    10 de Nov, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 1

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La Avenida de Madrid se hunde y atrapa a un bus con pasajeros

    La Avenida de Madrid se hunde y atrapa a un bus con pasajeros

    por Redacción
    16 de Nov, 2025
    0

    Un joven motorista, hijo de un concejal de Cangas, muere en un accidente de tráfico

    Un joven motorista, hijo de un concejal de Cangas, muere en un accidente de tráfico

    por Redacción
    20 de Nov, 2025
    0

    Grave accidente entre dos turismos en Bembrive

    Grave accidente entre dos turismos en Bembrive

    por Redacción
    18 de Nov, 2025
    0

    Mercadona abre su nuevo supermercado en Vigo con una protesta de los trabajadores por «acoso laboral»

    Mercadona abre su nuevo supermercado en Vigo con una protesta de los trabajadores por «acoso laboral»

    por Redacción
    17 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    20 años de flores
    Más Vigo

    20 años de flores

    Hace años la Navidad comenzaba cuando lo indicaba el Corte Inglés. Ahora, en cambio, la Navidad comienza dos meses antes,...

    por Julio Alonso
    20 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    Talleres de ciberseguridad o posicionamiento web, entre las acciones formativas de SmartPeme
    Libros

    Vigo se rinde al relato histórico

    La literatura y la memoria de la ciudad son las protagonistas de la jornada. Hoy, viernes 21 de noviembre, se...

    por Redacción
    21 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    Alameda - Plaza de Compostela - 3
    Opinión

    Alameda de Vigo, ¿BIC?

    Por Ramón Boga El menguante patrimonio histórico de Vigo es el testigo de la contribución de nuestros ancestros a la...

    por Cartas al Director
    20 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR