Situado no número 14 da rúa Enrique Lorenzo, o inmoble leva moitos anos deshabitado, polo que o Concello confía en que o goberno central acceda á súa petición para poder reformar e adaptar o lugar e darlle así un uso socio-cultural.
Deste xeito, esta infraestrutura sumaríase á dotación cultural prevista en Navia, á biblioteca Neira Vilas -en Martínez Garrido-, á Biblioteca Central e á sala de lectura do Mar de Vigo.