• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 9 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    igualdade

    «Súmate ao cambio», a campaña para que os homes asuman coidados «que sempre estiveron en mans de mulleres»

    A Deputación apela á responsabilidade compartida na atención á infancia, persoas maiores ou dependentes para que as mulleres non teñan que seguir a hipotecar as súas carreiras e a súa saúde
    Redacción por Redacción
    01 de Jul, 2020
    en Local
    0
    «Súmate ao cambio», a campaña para que os homes asuman coidados «que sempre estiveron en mans de mulleres»

    As mulleres son o 89% das persoas coidadoras en España e representan o 95,2% das reducións da xornada laboral para coidar dalgún familiar, amais de que realizan o 76% do traballo non remunerado de coidados no ámbito doméstico e público. É unha inxustiza histórica porque son elas as que hipotecan a súa carreira, a súa saúde e as súas vidas para ocuparse de persoas maiores, dependentes ou nenos e nenas. Baixo esta premisa e co obxectivo de poñer o foco na corresponsabilidade nos coidados, chega “Súmate ao Cambio” a nova campaña da Deputación de Pontevedra que apela directamente aos homes a que enfronten o gran reto social da responsabilidade compartida.

    “Falamos dunha enorme transformación social que temos que desenvolver entre todas e todos. A COVID situou os coidados e a vida no centro e temos que incorporarnos de forma conxunta, homes e mulleres, á corresponsabilidade. Estamos ante un reto inaprazable”. Así explicou a presidenta Carmela Silva, o obxectivo desta campaña na sede viguesa, decorada cos paraugas do 8M e flores dos viveiros do Baixo Miño. Silva, que estivo arroupada por varias das mulleres e homes protagonistas do audiovisual, recordou que os coidados son un dos piares do noso estado de benestar, algo que evidenciou a crise sanitaria. “Sen coidados, o mundo párase, e ata o de agora recaeron case en exclusiva sobre as mulleres cun alto coste persoal, de saúde e profesional. Temos que centrar o debate con esta campaña, para que eles tamén se sumen ao cambio. Os coidados no centro pero ao 50% e as administracións teñen que tomar medidas. Non haberá cambio nin revolución nos coidados se eles non se suman”.

    A presidenta sinalou que ela xa non fala de conciliación. “Eu falo de corresponsabilidade. Despois da Covid o que era unha preocupación é agora unha alerta. Ás mulleres costounos moitísimo saír da casa e ter unha carreira ou un traballo. E de repente nos falan do teletraballo e nos volven a meter na casa dicindo que así podemos volver a coidar cando están pechados centros de día, educativos ou ludotecas. ¿Como imos cumprir coa nosa actividade profesional? ¿a salto de mata?, preguntou Carmela Silva. Todo isto nos causa moita impotencia e o teletraballo ten que enfocarse con perspectiva de xénero”

    O coronavirus mudou as prioridades e reafirmou a importancia do público ao tempo que deixaba máis en evidencia que nunca as desigualdades históricas no sistema de coidados. Por elo, mulleres que limpan, que investigan, que curan, que atenden, que sosteñen o fogar, que traballan no mar e no campo, que defenden os nosos dereitos, que crean cultura, en definitiva, mulleres que nos coidan, “esenciais“ na crise da Covid19, son protagonistas da campaña da Deputación xunto a homes “que xa están comprometidos con este cambio”· A presidenta sinalou que na crise “elas foron o motor que mantivo en pé miles de fogares, ducias de factorías, empresas, hospitais, centros de día, ou supermercados. Esta situación non é nova. As mulleres compaxinan desde hai décadas os coidados coa investigación biomédica, a medicina, a limpeza dos hospitais, a protección das rías, a pesca, a creación artística, a defensa dos dereitos laborais e con proxectos empresariais que crean riqueza na provincia, pero á vez teñen que sacrificar a vida laboral e social para atender tamén os coidados. Por iso, engadiu, chegou a hora en que a corresponsabilidade se incorpore á nosa realidade e que vaia da man doutras palabras fundamentais para acadar a igualdade como son a carreira profesional feminina, a inversión en ciencia, a mellora da sanidade, o emprego ou o salario digno”.

    A presidenta agradeceu ás mulleres da campaña o seu compromiso. “Son referentes e nos lembran cada día as aportacións que realizan as mulleres en tódolos ámbitos sociais e económicos”. Mulleres como María Elena Cartea, directora da Misión Biolóxica de Galicia; Ana Belén Valiño, secretaria Xeral de MCA-UGT; Carmen Fernández, a voz das nosas nais e avoas; Rosa Vilán, mariscadora en Arcade, ou Victoria Besada, directora do Instituto Español de Oceanografía. “Como elas, foron moitas as que asumiron en gran medida o coidado e organización dos fogares, dixo Silva, as que se expuxeron nos hospitais, mantiveron o bo funcionamento da cadea alimentaria, ou as que atenderon ás persoas maiores nas residencias”. A presidenta provincial recordou que é hora de mudar esta situación. Os coidados son una responsabilidade colectiva e un reto que temos pendente de resolver como sociedade. Por iso, dixo, as administracións debemos traballar e tomar medidas para avanzar máis rápido en termos de corresponsabilidade”.

    No acto de presentación en Vigo, ao igual que no audiovisual da campaña, tamén participaron homes que xa decidiron sumarse ao cambio para facer efectivo o principio de igualdade, entre eles o avogado Ángel Piñeiro,o deportista Adrián Alonso, o xornalista Jacobo Buceta ou Enrique Mallón de Asime. Carmela Silva agradeceu a súa complicidade porque “son homes que escoita moita xente e que xa están convencidos de que os coidados son cosa de todas e todos. Temos que sumar aos nosos compañeiros de vida aos que lles dicimos que xa non poden facerse máis o avión e que teñen que sumarse ao cambio”.

    43

    Tags: Carmela SilvaDeputación de Pontevedraigualdad

    RelacionadosArtículos

    Luz verde a unir a través de rampas mecánicas Finca Matías con Travesía y Aragón
    Local

    Luz verde a unir a través de rampas mecánicas Finca Matías con Travesía y Aragón

    08 de Ene, 2026
    La Diputación de Pontevedra cierra el año de ‘SmartPeme’ con cinco nuevos talleres online
    Actualidad

    La Diputación impartirá 34 formaciones sobre bienestar emocional en 19 centros educativos

    06 de Ene, 2026
    Caballero «puso alfombra roja a la corrupción sanchista», según el PP
    Local

    Caballero «puso alfombra roja a la corrupción sanchista», según el PP

    18 de Dic, 2025
    Luis López e Luisa Sánchez presentan os deportistas, os clubs, as infraestruturas e os eventos como “os catro piares da provincia do deporte”
    Deportes

    Luis López e Luisa Sánchez presentan os deportistas, os clubs, as infraestruturas e os eventos como “os catro piares da provincia do deporte”

    29 de Nov, 2025
    A Deputación alíase coa IA para blindar a calidade do turismo en Rías Baixas
    Actualidad

    A Deputación alíase coa IA para blindar a calidade do turismo en Rías Baixas

    12 de Nov, 2025
    La Diputación aprueba los presupuestos más altos de su historia, 238,6 millones de euros
    Actualidad

    La Diputación aprueba los presupuestos más altos de su historia, 238,6 millones de euros

    07 de Nov, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Rincón de Vigo que ya no existe

    Rincón de Vigo que ya no existe

    por Julio Alonso
    06 de Ene, 2026
    0

    Vigo se convierte en el mercado más exclusivo de Galicia con una subida de un 9% en el precio del alquiler

    por Redacción
    02 de Ene, 2026
    0

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    por Redacción
    07 de Ene, 2026
    0

    La situación de la vivienda: «En Vigo, casi seis de cada diez alquileres superan los 900 euros»

    por Europa Press
    03 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    La ETEA no arranca
    Más Vigo

    La ETEA no arranca

    Esta fotografía muestra parte de las instalaciones de la ETEA, acrónimo de Escuela de Transmisiones y Electricidad de la Armada,...

    por Julio Alonso
    08 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 4

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    10 novelas y cómics de aventuras de 2025 que no te puedes perder
    Libros

    10 novelas y cómics de aventuras de 2025 que no te puedes perder

    Se acaba un año que nos ha traído grandes publicaciones en cuanto a novelas y cómics de aventuras. ¿Cuáles son...

    por Gabriel Romero de Ávila
    03 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    La comunidad venezolana sale a la calle en Vigo en solidaridad con María Corina Machado
    Opinión

    La cola del consulado (II)

    En mayo de 2023 publiqué en esta misma casa un artículo titulado "La cola del consulado". En el mismo narraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR