• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 9 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O Programa Universitario para Maiores da Uvigo cumpre 20 anos

    A universidade suma dúas décadas ofrecendo formación a estudantes sénior. Querer aprender e querer ensinar: a vontade de alumnado e profesorado, clave do éxito
    Redacción por Redacción
    01 de Jun, 2022
    en Local
    0
    O Programa Universitario para Maiores da Uvigo cumpre 20 anos

    Unha clase de 2004 / Foto: DUVI

    En outubro de 2002, o Consello de Goberno da Universidade de Vigo daba luz verde á creación das Aulas de Formación Aberta, o que hoxe en día é o Programa Universitario para Maiores (PUM). Nacía así unha iniciativa innovadora que tiña como obxectivo “ofrecer educación universitaria aos colectivos con difícil acceso á mesma e universalizar a cultura e o coñecemento “, como se recollía no Duvi o 25 de outubro dese ano. Dende entón pasaron por estas aulas nos tres campus 7700 estudantes sénior. O programa, primeiro dividido nun ciclo intensivo de tres anos e outro de especialización de dous, mantén na actualidade unha estrutura moi similar, cun ciclo intensivo e outro integrado.

    O seu principal impulsor foi Antón Fernández, que naquel momento era vicerreitor de Titulacións, Posgrao e Formación Permanente. Na primeira edición eran arredor de 30 estudantes en cada campus. Dúas décadas despois son preto de 400, pero a cifra de matriculados antes da pandemia chegou a superar os 600, por exemplo no curso 2015-2016 con 635 estudantes, o con 600 no 2019-2020. “Vendo que os datos de alumnado matriculado no programa foron medrando curso a curso ata chegar a números que, no momento da súa posta en marcha, eran inimaxinables, é evidente que a saúde do programa é excelente”, destaca o seu artífice.

    Para celebrar estas dúas décadas de boa saúde, nas próximas semanas terán lugar tres actos, un en cada campus. Este venres día 3 será en Pontevedra, ás 12.00 horas no salón de actos da Escola de Enxeñaría Forestal. O seguinte venres, día 10, o acto terá lugar en Ourense ás 18.30 horas no edificio Xurídico-Empresarial. O acto en Vigo será o día 17, coincidindo coa graduación das novas promocións.

    A formación ao longo da vida

    A filosofía coa que naceu este programa hai 20 anos era clara: fomentar a formación ao longo da vida, con todas as implicacións posibles. Por unha banda, trátase de facilitarlles ás persoas adultas o seu desenvolvemento persoal, cultural e académico, abrirlles portas educativas que, no seu día, non se lles abriron. Pero tamén se busca incentivar as relacións interxeracionais, que a experiencia do alumnado sénior se mesture cos coñecementos da xente nova, sen deixar de lado o crecemento humano e cultural, creando novas relacións sociais, axudándolles no proceso de adaptación aos cambios dos tempos actuais e mellorando a súa calidade de vida. Todas eses obxectivos, coinciden tanto os primeiros responsables do programa como o actual, José Luis González Cespón, están máis que conseguidos.

    Para facelo posible, o programa abriuse dende o principio tanto a persoas sen titulación, que por diferentes circunstancias non puidesen acceder á educación, como a profesionais con estudos superiores que quixesen ampliar a súa formación en diferentes temáticas. Para poder adaptarse a estes dous perfís, o programa réxese por un principio de adecuación dos contidos, que se adecúan ao nivel de formación do alumnado, tratando de axustar o rigor e o valor científico dos contidos á súa capacidade de comprensión. Por outra banda, tamén se asenta no principio de personalización da aprendizaxe, de xeito que os programas das materias teñen en conta as situacións específicas de aprendizaxe das persoas ás que van dirixidos e sobre o principio de integración académica e sociocultural, completándose as clases con actividades de carácter sociocultural.

    Todo isto estivo sempre presente no equipo que puxo en marcha o programa, da man de Antón Fernández. Como lembra Pedro Membiela, que o sucedeu como vicerreitor de Formación e Innovación Educativa, “dende o principio Antón lle quixo dar unha visión ampla, unha vertente cultural, con materias que, máis aló da formación específica, permitisen aprender sobre aspectos que lles interesan ás persoas maiores en eidos como o dereito, as novas tecnoloxías, a lingua, a historia, o medio ambiente ou a saúde”. Todo aquel equipo inicial era, recorda Membiela, “xente moi animosa e moi implicada, con especial querencia por este proxecto”.

    Botando a vista atrás, Antón Fernández destaca que sempre creu “na necesidade e nos beneficios das interrelacións xeracionais”, pero nos seus inicios non imaxinaba que na Universidade de Vigo o PUM acadaría o número de matriculados cos que conta actualmente. “Coñecer eses datos debe facer sentir orgulloso a calquera membro da comunidade universitaria e, por suposto, a min que, naquel momento, tiven a responsabilidade de poñer a andar o programa”.

    A clave: querer aprender e querer ensinar

    Para Pedro Membiela, que actualmente segue colaborando co PUM dende o mestrado en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos, é que todas as persoas que forman parte do programa “son moi interesadas, no bo sentido da palabra”. É dicir, “os estudantes non se matriculan pola necesidade de obter un título e asegurar un futuro, senón que o fan porque teñen interese por aprender e gañas de relacionarse con outra xente”. A situación do profesorado é moi similar, “apúntanse voluntariamente” e isto provoca “un verdadeiro bis a bis, algo imprescindible no proceso de aprendizaxe, pero que non sempre se dá”. De feito, Membiela recalca que o profesorado que se implica no PUM atopa nel un alumnado comprometido e interesado, “que fai preguntas, amosa interese, le os libros e fai os traballos”. É  “o alumnado que todo docente querería” e esta vontade por ambas partes permite que “as ganas de ensinar se xunten coas ganas de aprender”.

    De feito, o interese e implicación do alumnado sénior é tal que, como explica o seu actual responsable José Luis González Cespón, unha vez que completan os cinco anos que duran os dous ciclos e suman todos os créditos, “seguen matriculándose de materias soltas que non cursaran previamente”.

    389 estudantes neste curso

    No curso actual a Universidade de Vigo conta con 389 estudantes sénior, 336 deles no ciclo intensivo de Cultura e Sociedade e 53 no integrado. Deles, 75 no campus de Ourense, 88 en Pontevedra e 226 en Vigo. Tras a pandemia, as cifras de matriculados van paseniñamente recuperándose, coa vista posta en retornar á normalidade entre un alumnado que, pola súa idade, sufriu moito o impacto da Covid-19.

    Ao longo destes 20 anos o crecemento foi constate nos tres campus, con cada vez máis estudantes séniors achegándose ás aulas universitarias. Como destaca González Cespón, a valoración máis importante que se pode facer do programa é a que fan os propios estudantes, “e é moi positiva, somos o centro mellor valorado da Universidade de Vigo”, sobre todo polas materias e as temáticas que se abordan e polo profesorado. O alumnado, destaca o docente, “vén a aprender con moito entusiasmo, a ter experiencias universitarias que no seu momento non puideron ter” e destaca especialmente a experiencia que supón o ciclo integrado, no que o alumnado sénior comparte materias e aulas co alumnado de grao, “fomentando as relacións interxeracionais”.

    De cara a próximos cursos, os tres coordinadores dos tres campus están traballando para “fomentar a interxeneracionalidade a través dos traballos fin de grao, nos que o alumnado sénior pode achegar “experiencia a estudantes de grao que precisan adquirila.

    43

    Tags: formaciónUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Arranca en la UVigo el primer coche autónomo conectado en un campus universitario español
    Local

    Arranca en la UVigo el primer coche autónomo conectado en un campus universitario español

    04 de Feb, 2026
    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature
    Local

    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature

    29 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    Ya hay fecha para las elecciones al Rectorado de la UVigo

    24 de Ene, 2026
    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado
    Local

    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado

    22 de Ene, 2026
    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina
    Local

    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina

    19 de Ene, 2026
    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real
    Local

    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real

    19 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Antigua Rúa Zaragoza y Camiño de San Amaro
    Más Vigo

    Antigua Rúa Zaragoza y Camiño de San Amaro

    Esta antigua fotografía tomada a principio de los años noventa del pasado siglo XX, y realizada con la clásica película...

    por Julio Alonso
    09 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR