• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 3 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O equipo de aeromodelismo da Universidade de Vigo presenta o seu primeiro prototipo

    CORV-0 foi deseñado e fabricado por 23 estudantes de Aeroespacial e Informática, que participarán con el na competición internacional Air Cargo Challenge
    Redacción por Redacción
    30 de Jun, 2021
    en Local
    0
    O equipo de aeromodelismo da Universidade de Vigo presenta o seu primeiro prototipo

    O equipo Aerotech UVigo co seu prototipo. / Foto: DUVI

    CORV-0. Este é o nome elixido por UVigo Aerotech, o equipo de aeromodelismo da Universidade de Vigo, para o seu primeiro prototipo construído. Esta aeronave foi deseñada e fabricada por 23 alumnos e alumnas da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e da Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense que forman parte do proxecto.

    O aeromodelo presentado competirá na próxima Air Cargo Challenge, que terá lugar en xullo de 2022 en Múnic (Alemaña). “Esta é unha das competicións interuniversitarias de enxeñaría aeronáutica máis importantes de Europa, onde ata 30 das mellores universidades do mundo compiten por crear o mellor deseño dunha aeronave destinada a completar unha tarefa concreta”, explican desde UVigo Aerotech. O labor das aeronaves desta edición, detallan, será o transporte de bolsas de sangue como material sanitario, sendo valorados os equipos polas probas de voo, a inspección técnica da aeronave e a enxeñaría detrás do deseño. “Será o primeiro equipo galego en participar nesta competición e un dos tan só catro españois que competirán”, sinalan os membros de UVigo Aerotech.

    Nos primeiros meses do curso 2020/2021, explican desde o equipo ourensán, “desenvolveuse o deseño da aeronave, onde as e os estudantes puideron pór en práctica os coñecementos adquiridos nun proxecto real”. A esta etapa inicial, indican, seguíronlle a fabricación e finalmente a ensamblaxe de toda a aeronave, as cales tiveron lugar no Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI) da Universidade de Vigo, completando os tres escenarios de traballo marcados polo equipo para esta tempada. Sobre o modelo resultante detallan que durante a etapa de fabricación utilizáronse materiais compostos como a fibra de carbono, “actualmente imprescindible no sector aeronáutico”, xunto con impresión 3D de pezas en colaboración coa Área de Enxeñaría Aeroespacial da Universidade de Vigo.

    “Algúns dos sinais de identidade da aeronave CORV-0 na competición serán as súas prestacións, entre as que destacan o deseño aerodinámico propio optimizado para a competición, o deseño das superficies de control ou a estrutura fabricada en fibra de carbono, realizados polos membros do equipo”, comentan os seus responsables. A próxima tempada comezarán as probas de voo, “de grande importancia de cara a preparar a aeronave para a Air Cargo Challenge”.

    A historia de UVigo Aerotech comezou a principios de 2020 co apoio do profesor Guillermo Rey e cunha primeira tempada que rematou co deseño do AZOR-0, unha aeronave de máis de catro metros de envergadura e capaz de levantar ata 12 quilos. Coa experiencia deste precedente e co horizonte de xullo de 2022, o equipo traballou este curso académico no deseño, fabricación e construción do primeiro prototipo. O alumnado realiza o seu traballo dividido en cinco departamentos co obxectivo de “cubrir todas as necesidades do proxecto de forma organizada”.

    Estes departamentos son Electrónica e Control (no que se implantan os circuítos do aeromodelo e se elixe tanto o hardware como o controlador empregados); Propulsión e Dinámica (que se ocupa do deseño, mantemento e ensamblaxe do motor, ademais do deseño e fabricación do tren de aterraxe); Aerodinámica (que abrangue o deseño e fabricación dos elementos aerodinámicos do modelo que permiten levantar a carga de pago necesaria); Estruturas (que estuda as necesidades estruturais do modelo e encárgase da fabricación) e Organización e Márketing (que se dedica á organización interna e xestiona as redes sociais e a representación do equipo).

    No desenvolvemento desta iniciativa desde UVigo Aerotech fan fincapé no seu agradecemento a todas as entidades públicas e privadas que colaboran co equipo. O proxecto, comentan, non sería posible sen o apoio das empresas e entidades patrocinadoras, como son Coasa, Utingal, Gurit, Europrecis, Mecadis, Marine Instruments, a Axencia Galega de Innovación e a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo. “A súa colaboración e respaldo fixeron realidade o prototipo que un día imaxinamos e agora podemos presentar”, afirman.

    43

    Tags: aeromodelismoAir Cargo ChallengeUVigo

    RelacionadosArtículos

    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature
    Local

    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature

    29 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    Ya hay fecha para las elecciones al Rectorado de la UVigo

    24 de Ene, 2026
    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado
    Local

    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado

    22 de Ene, 2026
    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina
    Local

    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina

    19 de Ene, 2026
    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real
    Local

    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real

    19 de Ene, 2026
    Investigadores de la UVigo buscar frenar el progreso de la artrosis y estimular la regeneración del tejido
    Local

    Investigadores de la UVigo buscar frenar el progreso de la artrosis y estimular la regeneración del tejido

    16 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    por Redacción
    30 de Ene, 2026
    0

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    Primera sentencia en Galicia contra un banco por suplantación de identidad a una clienta

    Piden que Abanca devuelva a Vigo lo que Vigo le dio y ceda el uso de 200 viviendas vacías

    por Redacción
    28 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    De cómo se destroza una ciudad
    Más Vigo

    De cómo se destroza una ciudad

    Esta fotografía corresponde al fotógrafo alemán Otto Wunderlich, afincado en España desde principio del siglo XX y que tuvo su...

    por Julio Alonso
    03 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder
    Libros

    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder

    Ya tenemos aquí un nuevo año y con él han llegado unas cuantas novedades literarias. ¿Les echamos un vistazo? 1)...

    por Gabriel Romero de Ávila
    31 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    CAAN rescata a nove cachorros, dous de eles nunha fosa gandeira
    Opinión

    El maltrato animal denigra el alma humana y convierte a los humanos en monstruos cobardes y despreciables

    Por María M. Adeva Los seres humanos han basado su bienestar en el vil y cruel sometimiento y explotación de...

    por Cartas al Director
    24 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR