• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    sábado, 25 de junio de 2022
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • O complexo dunar do Vao xa é o primeiro Espazo Natural de Interese Local en Vigo

    O Consello da Xunta aprobou este xoves o Plan de conservación do Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Complexo Duna e Areal do Vao-Baluarte
    Redacción por Redacción
    08 de Oct, 2020
    en Local, Medio Ambiente
    0
    Playas divididas en cuadrículas y peatones en las calzadas: así empieza a dibujar Vigo su desescalada

    La playa de O Vao, vacía durante el estado de alarma.

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    O Consello da Xunta aprobou este xoves o Plan de conservación do Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Complexo Duna e Areal do Vao-Baluarte, en Vigo, un instrumento que establecerá o réxime de usos e as actividades permisibles nel, así como as limitacións que se consideren necesarias para garantir a súa conservación.

    Con este trámite, o conxunto formado polos areais do Vao e Baluarte cumpre todos os requisitos para converterse no primeiro ENIL declarado definitivamente no Concello de Vigo e no sexto de toda Galicia. O plan de conservación, redactado pola propia Administración local para un período inicial de seis anos, fixa a normativa e as medidas de xestión necesarias para garantir a conservación dos valores naturais presentes neste espazo natural, pertencente na súa totalidade ao dominio público marítimo-terrestre.

    Deste xeito, o goberno municipal de Vigo comprométese a garantir a conservación das especies e hábitats presentes neste espazo e, para iso, disporá dunha serie de medidas que se detallan no propio plan e dun financiamento previsto de 815.652,52 euros. Estes fondos investiranse principalmente en tarefas de restauración e conservación dos hábitats dunares, eliminación de especies invasoras, xestión do uso público e mantemento do ENIL, potenciación da conectividade do espazo co contorno, e protección da paisaxe. A ampliación do coñecemento científico e as accións de divulgación, sensibilización e educación sobre o ámbito do novo ENIL tamén están previstas no plan.

    Os espazos naturais de interese local son aqueles lugares integrados nun termo municipal que polas súas singularidades son merecedores dalgún tipo de protección dos valores naturais que atesouran. Aínda que a declaración é competencia da Xunta e a través da Dirección Xeral de Patrimonio Natural deberá velar pola conservación deste tipo de espazos conforme as liñas marcadas nos plans correspondentes, son os concellos os que asumen o papel de promotores e a responsabilidade da xestión do ENIL.

    Nos próximos días o Diario Oficial de Galicia publicará a orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda pola que se declara de xeito definitivo o espazo natural de interese local Complexo Duna e Areal do Vao-Baluarte, xunto co decreto de aprobación do seu plan de conservación, que esta mañá recibiu o visto e prace do Consello da Xunta.

    Trátase do sexto ENIL declarado definitivamente na Comunidade e no primeiro no caso concreto da cidade de Vigo. Así, os outros ENIL galegos son, por orde cronolóxica de aprobación, Xunqueira de Alba (no concello de Pontevedra e declarado en 2012); Loio- Ruxidoira (no municipio lugués de Paradela e que obtivo a declaración definitiva como ENIL en 2013); Puzo do Lago (declarado en 2014 e localizado en Maside, Ourense); Río Gafos (en Pontevedra e cuxa declaración definitiva data de marzo de 2019); e Illas de San Pedro (o último en ser aprobado, en abril deste mesmo ano, e pertencente á cidade da Coruña).

    Principais valores e característica

    O ENIL Complexo Duna e Areal do Vao-Baluarte localízase na grande área paisaxística das Rías Baixas, na comarca de Vigo Litoral, de acordo coa clasificación fixada no Catálogo das paisaxes de Galicia. O seu ámbito abrangue unha lonxitude lineal ao carón da beira do mar de 780 metros e unha superficie de 11,40 hectáreas. Así mesmo, está totalmente integrado no ámbito de aplicación do Plan de ordenación do litoral de Galicia (POL), en concreto na unidade da paisaxe Canido, e dentro das áreas continuas de protección costeira e mellora ambiental e paisaxística.

    Os areais do Vao e Baluarte son un referente nos procesos de recuperación ambiental dos sistemas dunares degradados. De feito, foi un gran sistema dunar sometido a unha forte presión na década dos 80, aínda que logrou recuperarse paulatinamente.

    En canto á calidade ambiental do novo ENIL, o complexo constitúe un conxunto paisaxístico que recolle hábitats naturais de interese comunitario que son representativos das dunas marítimas atlánticas. Alberga unha representación diversa de especies, con comunidades vexetais como as dunas móbiles embrionarias, colonizadoras de primeira liña; as dunas móbiles costeiras colonizadas por Ammophila arenariaque conforman a segunda banda do sistema dunar; e as dunas costeiras fixas, con vexetación herbácea ou grises das costas atlánticas, con substratos fixos ou semifixos, colonizadas por herbáceas e pequenos arbustos resistentes á influencia do vento mariño.

    Con respecto á fauna, destacan as aves sobre o resto de especies e, entre elas, o corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis), a garza real (Ardea cinerea), a garzota (Egrettagarzetta),a gaivota de cabeza negra (Larusmelanocephalus) e o gaivotón (Larus marinus). Máis ocasionalmente, tamén se encontran exemplares de carrán cristado (Thalasseus sandvicensis), mazarico galego (Numenius phaeopus), bilurico común (Tringa totanus) ebiluricodasrochas(ActitisHypoleucos), pilro curlibico (Calidrisalpina) e pilro bulebule (Calidrisalba), ademais de moluscos como o caracol (Thebapisana).

    Tags: Espazo Natural de Interese LocalO Vao

    RelacionadosArtículos

    El Concello de Vigo ampliará la reforma del Campo do Vao y aumentará su apoyo económico al Coruxo
    Fútbol

    El Concello de Vigo ampliará la reforma del Campo do Vao y aumentará su apoyo económico al Coruxo

    08 de Jun, 2022
    Detectados tres furtivos, uno reincidente, con almejas y centollos en tres playas de Vigo
    Marítima

    Detectados tres furtivos, uno reincidente, con almejas y centollos en tres playas de Vigo

    23 de Feb, 2022
    O Vao, el patio de recreo de Vigo en la tercera ola de la pandemia
    Local

    Vigo destina 50.000€ á mellora da accesibilidade á praia do Vao

    27 de Sep, 2021
    El área de Vigo roza los 40 grados en otra jornada de calor asfixiante
    Opinión

    «Sin ellos no podría realizar baños. De corazón, gracias»

    01 de Sep, 2021
    Samil y O Vao desplegarán sus cintas separadoras este fin de semana
    Covid-19

    Samil y O Vao desplegarán sus cintas separadoras este fin de semana

    16 de Jul, 2021
    Samil e O Vao xa dispoñen de servizo de baños adaptados e pulseiras antiextravios
    Local

    Samil e O Vao xa dispoñen de servizo de baños adaptados e pulseiras antiextravios

    11 de Jul, 2021

    Más Vistos

    Vigo estrena un parque de 1.200 metros cuadrados con camas elásticas, trampolines y toboganes

    Vigo estrena un parque de 1.200 metros cuadrados con camas elásticas, trampolines y toboganes

    por David Lorenzo
    17 de Jun, 2022
    0

    Estos son los 22 lugares de Vigo que tendrán hogueras de San Juan autorizadas

    Estos son los 22 lugares de Vigo que tendrán hogueras de San Juan autorizadas

    por David Lorenzo
    21 de Jun, 2022
    0

    Entradas para Castrelos: los conciertos de Sting, Leiva y Dani Martín serán los más caros

    Entradas para Castrelos: los conciertos de Sting, Leiva y Dani Martín serán los más caros

    por David Lorenzo
    16 de Jun, 2022
    0

    Las entradas para ver a Muse y C. Tangana en Vigo saldrán a la venta “en los próximos días”

    Las entradas para ver a Muse y C. Tangana en Vigo saldrán a la venta “en los próximos días”

    por Redacción
    22 de Jun, 2022
    0

    -

    La humanización de la calle Romil comenzará este verano

    por Redacción
    23 de Jun, 2022
    0
    La humanización de la calle Romil comenzará este verano
    Local

    La junta de gobierno local de Vigo ha aprobado este jueves la adjudicación provisional de las obras que se llevarán...

    Leer mas

    La Guardia Civil auxilia a un vigués que caminaba desorientado por la autovía A-55

    por Redacción
    23 de Jun, 2022
    0
    La Guardia Civil auxilia a un vigués que caminaba desorientado por la autovía A-55
    Sucesos

    La Guardia Civil auxilió este miércoles una persona que caminaba desorientada por el arcén de la autovía A-55, a la...

    Leer mas

    Las entradas del concierto de Love of Lesbian en Castrelos costarán 10 euros; las de Hombres G, 5 euros

    por David Lorenzo
    23 de Jun, 2022
    0
    Las entradas del concierto de Love of Lesbian en Castrelos costarán 10 euros; las de Hombres G, 5 euros
    Música

    Se van conociendo a cuentagotas, pero ya solo queda por saber el precio de las entradas para uno de los...

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado

    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

    Non-necessary

    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.

    GUARDAR Y ACEPTAR