• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 24 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O BNG reclama ao Goberno aumentar en 50 millóns o investimento na cidade de Vigo

    Mellora das infraestruturas, reactivación económica e recuperación ambiental son os eixos fundamentais das peticións nacionalistas
    Redacción por Redacción
    09 de Nov, 2021
    en Local
    0
    O BNG reclama ao Goberno aumentar en 50 millóns o investimento na cidade de Vigo

    O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, e o voceiro municipal da formación nacionalista no Concello de Vigo, Xabier Pérez Igrexas, presentan as emendas parciais rexistradas aos Orzamentos Xerais do Estado para 2022 co obxectivo de incrementar o investimento na cidade de Vigo. Unha batería de emendas que supón un incremento de 50 millóns de euros para a cidade de Vigo e orientadas en tres eixos: mellora das infraestruturas de comunicación; a reactivación económica e industrial; e a recuperación e conservación do medio ambiente.

    Nos Orzamentos Xerais do Estado aprobados para o vixente 2021, e dentro dun contexto de orzamentos expansivos, Galiza sufriu discriminación ao ver mermado o investimento territorializado en comparación cuns OXE, os de 2018, que xa supuñan una grave redución. Foi por iso, que a formación nacionalista presentara emendas para incrementar ese investimento, así como para reclamar melloras na política social e fiscal do executivo estatal mais non contou co apoio da coalición PSOE-UP que conforman o Goberno. «O BNG mantén a coherencia na defensa dos intereses da Galiza e dos intereses de Vigo que é a principal cidade en poboación do noso País» explica Rego.

    Para a formación nacionalista, as emendas presentadas son cuestións fundamentais que deberían ser motivo de reivindicación unánime do conxunto da cidade. O BNG defenderá estas emendas no Congreso e tende a man para negociar a incorporación dalgunha destas necesarias actuacións no Proxecto de Orzamentos, mais o deputado entende que todo depende da vontade do Goberno do Estado. «Gustaríanos votar a favor dos Orzamentos porque iso significaría que son uns bos orzamentos para Galiza» sinala Rego.

    Mellora das infraestruturas que permita a vertebrar o territorio

     «Debemos garantir a saída sur da cidade para a conexión de alta velocidade que conecte Porto con Vigo» subliña Rego. O goberno portugués estabelece como prioridade a conexión do Eixo Atlántico mais falta que o executivo español teña esta mesma posición. «Temos que avanzar na redacción do proxecto que nos permita desenvolver a conexión ferroviaria da terminal portuaria no seu conxunto, tamén na terminal de Bouzas, coa estación de alta velocidade, a conexión coa terminal do Peinador e avanzar na conexión con Tui» enumera o concelleiro do BNG, Xabier Pérez, mentres reclama estabelecer un ferrocarril de proximidade para a area metropolitana.

    «O trazado da AP-9 supón un grave impacto e un grave prexuízo para determinadas zonas da cidade de Vigo como pode ser o barrio de Teis. Nese sentido o BNG reclama converter en vía urbana o tramo da AP-9 desde Torres de Padín e mellorar os pasos elevados, pendentes desde 2019» reivindica o voceiro municipal. Así mesmo, demanda a urxente actuación de instalar barreiras acústicas na AP-9 ao seu paso pola cidade para que «deixe de ser un dos puntos negros de contaminación acústica de todo o trazado da autopista no noso País».

    Así mesmo, a formación nacionalista presenta emendas para a remodelación da A-55 cun incremento das partidas orzamentarias. «Hai unha demanda histórica que tamén incorporamos ás partidas como é o soterramento da VG-20 ao seu paso por Navia» explica o voceiro municipal. Enterralo para permitir un mellor encaixe do PAU de Navia e a súa continuidade con Coia e facilitar a mobilidade peonil.

    «Reclamamos un compromiso real do Goberno para apostar pola dinamización do aeroporto do Peinador a través dun plan dotado, como mínimo, de 2.500.000 euros que permita a ampliación do horario na actividade aeroportuaria, mellore os seus acceso e aposte polos usos loxísticos que poña en marcha as enormes potencialidades deste aeroporto» urxe o voceiro municipal.

    Reactivación económica e social para Vigo

    Un Plan de recuperación económica e industrial como emenda específica. «O BNG marca  como prioridade que a cidadanía teña oportunidades laborais no seu país, en especial a mocidade, e iso implica colocar en primeiro termo o desenvolvemento social e económico» reivindica o deputado do BNG.

    Pérez Igrexas destaca a prioridade da organización nacionalista de reactivar a actividade naval e de automoción tras a perda de 15% de postos de traballo desde 2009. Este Plan, para o que se reclama unha dotación de 10 millóns de euros, recolle diversas medidas entre as que destaca crear un «centro de reparacións navais para o que defendemos unha partida de 3 millóns».

    Mellora ambiental e promoción cultural

    Na comparecencia o deputado Néstor Rego fixo quixo tamén facer unha especial mención das emendas relacionadas coa preservación e a conservación do patrimonio ambiental. Moi particularmente coa rexeneración da Ría de Vigo e «coa mellora da calidade das augas». Así mesmo, Pérez Igrexas explica a necesidade de levar a cabo unha auditoría da rede de subministro da auga potábel na cidade de Vigo «e o Goberno do Estado ten que participar do cofinanciamento das actuacións necesarias para acometer a recollida separada de augas pluviais tal e como recolle a normativa europea».

    Ademais, respecto ao ámbito cultural e da investigación, destacaron as emendas presentadas polo BNG que perseguen o aumento da dotación prevista para a Biblioteca pública do Estado en Vigo e para a Fundación Museo de Arte Contemporánea, así como a reclamación da ampliación do oceanográfico e dos seus medios que é esencial «non só para a cidade senón para o conxunto do País porque desenvolve unha actividade que sirve de apoio ao sector pesqueiro e marisqueiro». 

    43

    Tags: BNG de VigoOrzamentos

    RelacionadosArtículos

    Se hace realidad la subida del 4% de los impuestos municipales para 2026: luz verde del Concello de Vigo
    Local

    Piden el cese de Rodríguez Calviño tras su citación como investigada por el accidente del Saltamontes

    22 de Ene, 2026
    Desalojan a trabajadoras del SAF del Pleno de Vigo
    Local

    El BNG exige a Caballero rechazar el acuerdo para el SAF: «Es una tomadura de pelo»

    22 de Ene, 2026
    Nueva oportunidad para utilizar el Bono Comercio
    Local

    Piden declarar Vigo como «zona saturada» de grandes áreas comerciales

    20 de Ene, 2026
    Vigo abrirá el lunes la solicitud de becas de comedor para el próximo curso
    Local

    Meten prisas al Concello con las becas comedor para evitar la incertidumbre y los retrasos de años anteriores

    19 de Ene, 2026
    El presupuesto de Vigo para 2024 reserva 7 millones para la Avenida de Madrid; la grada de Gol, para “finales de año”
    Local

    Ante los «insoportables» niveles de ruido y contaminación, una revisión de la movilidad urbana

    16 de Ene, 2026
    Local

    El BNG alerta de la «situación límite» en Vigo: solo 400 viviendas disponibles en alquiler

    13 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Tras ‘inventar’ la Navidad, Vigo pone el foco en un nuevo objetivo

    Tras ‘inventar’ la Navidad, Vigo pone el foco en un nuevo objetivo

    por David Augusto
    22 de Ene, 2026
    0

    Una constructora de A Coruña se apodera ya de las obras para transformar el icónico hotel Bahía de Vigo

    Una constructora de A Coruña se apodera ya de las obras para transformar el icónico hotel Bahía de Vigo

    por Redacción
    21 de Ene, 2026
    0

    El rural de Vigo se une a la tendencia de transformar locales en viviendas: Beade gana dos pisos

    El rural de Vigo se une a la tendencia de transformar locales en viviendas: Beade gana dos pisos

    por Redacción
    19 de Ene, 2026
    0

    Radar, cambio de velocidad y obras: la VG20 viguesa se convierte en una encerrona

    Radar, cambio de velocidad y obras: la VG20 viguesa se convierte en una encerrona

    por Redacción
    18 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Recordando el colegio Mezquita
    Más Vigo

    Recordando el colegio Mezquita

    Pocas personas saben que la ubicación del segundo edificio de la izquierda, el que acoge un conocido bingo en su...

    por Julio Alonso
    24 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Agency, de William Gibson: vuelve el maestro de la ciencia ficción
    Libros

    Agency, de William Gibson: vuelve el maestro de la ciencia ficción

    «Cuando te acaban de contratar, pasas a un estado liminal de existencia, recordó Verity en el andén de la estación...

    por Gabriel Romero de Ávila
    24 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    Día del Periodista: los custodios de la verdad
    Opinión

    Día del Periodista: los custodios de la verdad

    Cada 24 de enero, España se une a la celebración del Día del Periodista en honor a su patrón, San...

    por Cristina Lorenzo
    24 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR