• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 7 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O BNG pide que se axilicen as altas de novas beneficiarias do SAF en Vigo

    Critican que a concelleira de Política Social inda non se reunise co Comité de Empresa e demandan que informe das listas de agarda para o acceso ao servizo
    Redacción por Redacción
    17 de Mar, 2021
    en Local
    0
    O BNG pide que se axilicen as altas de novas beneficiarias do SAF en Vigo

    O Bloque Nacionalista Galego demandou este mércores que se axilice o proceso de alta de novas persoas beneficiarias do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Vigo e que se alargue a súa carteira de servizos. A fronte nacionalista critica que a concelleira de Política Social, Yolanda Aguiar, inda non se teña reunido co Comité de Empresa do SAF e denuncia que o Sergas deixou sen vacinar a meirande parte das traballadoras.

    O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, mantivo esta mañá un encontro con representantes sindicais da CIG no Servizo de Axuda no Fogar da cidade. Na xuntanza abordaron as dificultades que está a enfrontar o SAF. En primeiro lugar, as traballadoras lamentan a falla de interlocución directa co Concello e que a concelleira de Política Social inda non teña recibido ao Comité de Empresa moitos meses despois de ter solicitado unha xuntanza con ela. Un feito «incomprensíbel e inaceptábel» para Igrexas, polo que urxe o Goberno municipal de Abel Caballero a «sentarse a escoitar ás traballadoras dun servizo fundamental na política social do Concello».

    Ademais, a pesar da propaganda oficial en relación ao proceso de vacinación a meirande parte do plantel do SAF vigués inda non recibiu nin a primeira dose da vacina. «A nefasta xestión que a Xunta do PP está a facer da vacinación ten provocado que menos do 15% das traballadoras do SAF de Vigo recibiran a vacina, a pesar de seren persoal esencial que traballa directamente na primeira liña e nunha evidente exposición ao coronavirus. Hai que resolver isto canto antes», esixiu.

    O portavoz municipal nacionalista expresou a súa preocupación pola evolución do SAF en Vigo, que hoxe atende a menos dun millar de persoas e que nos últimos meses recibiu máis baixas que altas de novas usuarias. Neste sentido, Igrexas demandou que o Concello informe de maneira transparente de cantas persoas están en lista de agarda pendentes de que se lles conceda o SAF e instou a axilizar a tramitación das novas altas. «Sabemos que hai moitas persoas en Vigo agardando que se lles conceda o SAF, por iso non podemos entender que haxa máis baixas que altas no servizo ou que non se teña dado nin unha soa alta para as usuarias do denominado grupo 1, que son as que presentan un maior grao de autonomía persoal», afirmou.

    Desde o Bloque subliñan que o SAF é «o máis importante instrumento da política social no Concello» polo que insisten en demandar que se potencie dimensionándoo de acordo coas necesidades dunha cidade onde hai moitos millares de persoas con dependencia, soas ou de escasos recursos que precisan asistencia.  Aliás, propoñen que se alargue a carteira de servizos que presta o SAF, en aspectos como o acompañamento das persoas para a realización de xestións e trámites ou a organización de actividades comunitarias, así como que se aposte por unhas condicións máis flexíbeis e personalizadas para ofrecer a atención máis adecuada a cada perfil.

    Precariedade

    Pola súa banda, Rosa Couto, delegada da CIG no Comité de Empresa do SAF, advertiu que as melloras anunciadas pola concellaría de Benestar poden ficar reducidas a aplicación do convenio colectivo a través dun acordo que se está a promover entre o Comité e a actual empresa concesionaria, Servisar. «No caso de chegarmos a un acordo o que estamos vendo é que este non se vai poder efectivizar cos datos que temos a día de hoxe, xa que o Concello non está a cursar altas suficientes nin para compensar as baixas destes meses», advertiu.

    Desde a CIG critican tamén a «rixidez» coa que se está a organizar o servizo por parte do Concello, impoñendo basicamente tres faixas horarias fechadas (de 8 a 10, de 13 a 15 e de 19 a 22h) o que provoca concentrar a carga en moi poucas horas, facendo imposíbel o aumento dos contratos e impoñendo unhas inda peores condicións laborais. «Con este modelo de faixas horarias o que provocan son horarios incongruentes, que non se axeitan ás necesidades das familias nin das usuarias, desprazamentos entre servizos imposíbeis de facer no tempo establecido e contratos a tempo parcial e con xornada partida que non permiten a conciliación», explicou Couto.

    A delegada sindical volveu demandar a municipalización do SAF para que este servizo «non dependa de empresas privadas que o único que buscan é o seu lucro». 

    43

    Tags: BNG de VigoSAF

    RelacionadosArtículos

    Vigo tendrá que indemnizar con 1,1 millones a la empresa de ayuda en el hogar
    Local

    Vigo tendrá que indemnizar con 1,1 millones a la empresa de ayuda en el hogar

    04 de Feb, 2026
    Califican de «espejismo» y «grosera estafa política» toda la acción en vivienda del Gobierno de Caballero
    Local

    Califican de «espejismo» y «grosera estafa política» toda la acción en vivienda del Gobierno de Caballero

    03 de Feb, 2026
    El padrón de Vigo, un servicio «colapsado» y una «burocracia lenta, ineficaz y desesperante»
    Local

    El padrón de Vigo, un servicio «colapsado» y una «burocracia lenta, ineficaz y desesperante»

    02 de Feb, 2026
    Llueve en el interior del Centro de Educación Especial Saladino Cortizo
    Local

    Llueve en el interior del Centro de Educación Especial Saladino Cortizo

    29 de Ene, 2026
    Tras meses de conflicto laboral, la concesionaria del SAF de Ponteareas renuncia al servicio
    Ponteareas

    Tras meses de conflicto laboral, la concesionaria del SAF de Ponteareas renuncia al servicio

    28 de Ene, 2026
    Primera sentencia en Galicia contra un banco por suplantación de identidad a una clienta
    Local

    Piden que Abanca devuelva a Vigo lo que Vigo le dio y ceda el uso de 200 viviendas vacías

    28 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    por Redacción
    30 de Ene, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    Atrincherado con varios cuchillos en Atios: cerco sobre el autor del crimen machista de Mos

    Hallan muerto en su casa con heridas de arma blanca al hombre que asesinó a su expareja en Mos

    por Redacción
    01 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Balneario de Samil
    Más Vigo

    Balneario de Samil

    Este edificio que ya no existe estaba ubicado al borde de la playa de Samil, en la ciudad de Vigo....

    por Julio Alonso
    06 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    La izquierda nos mete un buen bocado a la libertad de expresión
    Opinión

    La izquierda nos mete un buen bocado a la libertad de expresión

    Entre el 2 y 5 de Febrero se "iban" a celebrar en la capital hispalense la XI edición de "Letras en...

    por Fernando Torres Carbajo
    03 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR