• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 3 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Nicholas Kotov incorpórase ao Claustro de honoris causa da UVigo

    O acto celebrouse este luns en CC Económicas e Empresariais co profesor Luis Liz como padriño
    Redacción por Redacción
    12 de Jun, 2023
    en Local
    0
    Nicholas Kotov incorpórase ao Claustro de honoris causa da UVigo

    Kotov recibe o birrete de mans do rector. / Foto: UVigo

    Pioneiro no uso de grafeno e referente mundial en nanotecnoloxía, o profesor da Universidade de Michigan Nicholas Kotov (Moscova, 1965) converteuse este luns no vixésimo noveno doutor honoris causa da Universidade de Vigo.

    Fíxoo nun acto de investidura celebrado na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e apadriñado polo seu grande amigo, o catedrático Luis Liz Marzán, da man de quen visitou por primeira vez a Universidade de Vigo no ano 1996.

    Dende entón a conexión e colaboración entre os laboratorios que ambos lideran ten continuado, de xeito ininterrompido ata hoxe, data na que, tras pronunciar o seu discurso de ingreso na Universidade de Vigo, xurou solemnemente “defender e respectar todos os dereitos desta universidade en calquera parte do mundo”, así como “favorecela e axudala cantas veces se lle demande”.

    No nome de toda a comunidade universitaria, o reitor, Manuel Reigosa, foi o encargado de darlle a benvida á institución académica viguesa e amosar a “enorme satisfacción” pola súa incorporación ao Claustro de doutores honoris causa da Universidade de Vigo, así como darlle as grazas por ser como é, “unha gran persoa e un excelente científico”.

    O reitor agradeceulle tamén ter tido sempre a xenerosidade de acudir a Vigo, cada vez que lle foi solicitado, facendo mención expresa a The Thinking Institute, un encontro que este ano acadou a súa segunda edición e no que se brinda as e os participantes a oportunidade de interactuar cos mellores especialistas en nanociencia a nivel mundial.

    “Ideas orixinais e provocativas”

    Tras a entrada no salón de actos da comitiva académica, o acto de investidura arrancou coa lectura por parte da secretaria xeral, María José Bravo Bosch, dos acordos de Consello de Goberno polos que se nomeou doutor honoris causa desta Universidade a Nicholas Kotov, intre tras o cal procedeu á súa entrada na sala, acompañado do seu padriño e da propia secretaria xeral.

    Foi precisamente o seu padriño, o profesor Luis Liz Marzán, “testemuña da súa enorme capacidade de traballo para propor as ideas máis orixinais e provocativas e ademais levalas á práctica e demostralas”, o encargado de facer a gabanza dos méritos que levaron a este químico a acadar o grao supremo de distinción que concede unha universidade. 

    Tras recordar os seus inicios na prestioxiosa Universidade Estatal de Moscova, onde estudou enxeñaría química e obtivo o grao de doutor, Liz Marzán lembrou como ‘Nick’ decidiu marchar a Estados Unidos para “ampliar horizontes e investigar”.  

    Alí, da man dun dos grandes pioneiros da ciencia de superficies e a nanociencia, o profesor Janos Fendler, tardou pouco en destacar. “Ademais da súa estreita relación coa nosa universidade, a nominación de Nicholas Kotov para o grao de doutor honoris causa está baseada na excelencia (con maiúsculas) da súa carreira científica, e a repercusión tecnolóxica do seu traballo, que se reflectiu, xa en 2003, nunha oferta da prestixiosa University of Michigan, para entrar no seu Departamento de Química.

    Coñecido internacionalmente polas súas contribucións fundacionais  ao eido das nanoestruturas biomiméticas, que abarcan múltiples disciplinas dende a perspectiva da enxeñaría química e da ciencia de materiais, Kotov leva publicado máis de 400 artigos nas revistas máis prestixiosas, varias ducias en ‘Science’ e ‘Nature’, que recibiron máis de 70.000 citacións.

    A maiores, o padriño resaltou tamén o seu papel como inventor de máis de 40 patentes e ten fundado seis empresas baseadas nas súas invencións, así como ter recibido máis de 50 premios e distincións, entre as que destacou a Medalla Unesco polo desenvolvemento da Nanociencia e Nanotecnoloxía e a Medalla da Materials Research Society, MRS.

    “Un soño pouco realista”

    Como “un grande agasallo, polo que estou moi agradecido” recibía Kotov a máxima distinción da Universidade de Vigo, nunha intervención que abría recoñecendo a “grande honra” que supuña para el este nomeamento. “Significa que o meu traballo durante os últimos 30 anos foi valioso para a xente”, salientou o químico, ao mesmo tempo que puña o foco, no inicio da súa intervención, en que este acto tiña tamén para el “outro significado”.

    Non en van, lembrou, “gradueime nunha universidade da Unión Soviética” onde “nunca tivemos a clásica cerimonia formal” ao remate dos estudos, o que fixo que presentase o seu nomeamento como honoris causa como “a miña primeira cerimonia formal de graduación”.

    Kotov quixo lembrar no seu discurso a “amizade e honestidade” de Liz-Marzán, así como a súa “guía exemplar ao longo dos anos”, ao igual que a colaboración que desde hai décadas mantén tanto co que foi o seu padriño neste acto como cos tamén investigadores da UVigo Miguel Correa, director do CINBIO, Jorge Pérez-Juste e Isabel Pastoriza.

    De feito, pouco antes desta cerimonia, o químico afirmaba lembrar “moi ben” a súa primeira visita a Vigo, na que foi recibido por Liz-Marzán, con quen compartiría uns “días cheos de grandes debates sobre ciencia, natación e cociña” que, subliña, “uníronme a esta fermosa parte do noso planeta, quizais para sempre”. 

    Acompañado de “excelentes colaboradores”, procedentes de Bélxica, Suíza, Estados Unidos e Italia, Kotov ofreceu un discurso de ingreso titulado Tecnoloxías que aforran enerxía e vidas a partir de nanopartículas ‘imperfectas’. Nel trazou un percorrido pola súa traxectoria e polo que, recoñeceu, “era un soño pouco realista ao comezo desta viaxe, hai 30 anos”.

    Partindo do feito de que “as nanopartículas teñen unha capacidade intrínseca para autoensamblarse en estruturas complexas” e xerar “sofisticadas ensamblaxes”, Kotov abordou os seus diferentes descubrimentos no ámbito dos “nanocompostos autoensamblados”, xerados a partir destas nanopartículas imperfectas, así como as súas múltiples aplicacións.

    “É importante destacar que os materiais organizados xerarquicamente a partir de partículas polidispersas ‘imperfectas’, como as nanoláminas de óxido de grafito, as nanoplaquetas de arxila, as nanovarillas de celulosa e as nanofibras de aramida mostran propiedades mecánicas, ópticas, eléctricas e selectivas de ións sen precedentes”, recoñeceu.

    Isto, engadiu, fixo posible que estes nanocompostos conducisen “a tecnoloxías para economías sostibles e para a saúde das persoas, exemplificadas en implantes biomédicos, electrónica flexible, membranas produtoras de alimentos e baterías de alta capacidade”, ao que se suma o feito de que se trata de nanocompostos “amplamente accesibles en todo o mundo, independentemente do grao de desenvolvemento económicos dos países”. 

    Un recoñecemento ao esforzo e o talento

    O encargado de pechar o acto foi o reitor, Manuel Reigosa, e na súa intervención tivo palabras para o novo doutor honoris causa da universidade olívica, o vixésimo noveno en ser investido, e tras cinco anos sen sumar ningunha distinción deste tipo.

    Ademais de felicitalo por esta distinción e agradecerlle que entre a formar parte do claustro da UVigo, subliñou que para a institución é “unha honra” poder contar cun científico “con máis de 400 publicacións de alto nivel en revistas de prestixio, algo que non se consegue se non é con moito esforzo e con moito talento”, unha combinación que, segundo Reigosa, “é o que precisa a sociedade para mellorar, para progresar”.

    O reitor tamén recalcou que a figura do novo honoris causa encaixa cos valores da Universidade de Vigo, “catro vimbios que fan que a nosa universidade sexa o que hoxe é”.

    A primeira destas liñas de actuación, explicaba Reigosa, “ten que ver co agarimo”, con poñer as persoas no centro de todo, de modo que “os nosos estudantes atopen sempre no seu profesorado unha oportunidade para aprender máis, lonxe da torre de marfil” que caracterizada ás universidades antigamente.

    A segunda cuestión, continuaba, refírese ao recoñecemento do esforzo e do talento:  “hoxe incorporamos un activo máis de primeiro nivel, que nos vai axudar a conseguir o obxectivo que temos no noso Plan Estratéxico para que a UVigo sexa quen de recoller todo o coñecemento que se xera no mundo e que, ao mesmo tempo, a sociedade galega, a cultura galega e a lingua galega sexan coñecidas fóra da nosa terra”.

    O terceiro aspecto ten que ver coa colaboración e a cooperación, co traballo en rede mentres que “o cuarto vimbio”, sinalaba, “é que somos plenamente conscientes da nosa periferia e por iso tratamos con moito agarimo os nosos tres campus”. Con estes catro principios como bandeira, Reigosa puxo o foco en seguir construíndo “a Universidade do futuro”, unha institución “igualitaria, galega e internacional”, concluía.  

    43

    Tags: Nicholas KotovUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature
    Local

    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature

    29 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    Ya hay fecha para las elecciones al Rectorado de la UVigo

    24 de Ene, 2026
    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado
    Local

    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado

    22 de Ene, 2026
    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina
    Local

    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina

    19 de Ene, 2026
    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real
    Local

    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real

    19 de Ene, 2026
    Investigadores de la UVigo buscar frenar el progreso de la artrosis y estimular la regeneración del tejido
    Local

    Investigadores de la UVigo buscar frenar el progreso de la artrosis y estimular la regeneración del tejido

    16 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    por Redacción
    30 de Ene, 2026
    0

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    Primera sentencia en Galicia contra un banco por suplantación de identidad a una clienta

    Piden que Abanca devuelva a Vigo lo que Vigo le dio y ceda el uso de 200 viviendas vacías

    por Redacción
    28 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Un buen destino para los bancos de la Gran Vía
    Más Vigo

    Un buen destino para los bancos de la Gran Vía

    Cuando se instalaron las primeras rampas de la Gran Vía, en la ciudad de Vigo, se talaron los árboles, se...

    por Julio Alonso
    02 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder
    Libros

    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder

    Ya tenemos aquí un nuevo año y con él han llegado unas cuantas novedades literarias. ¿Les echamos un vistazo? 1)...

    por Gabriel Romero de Ávila
    31 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    CAAN rescata a nove cachorros, dous de eles nunha fosa gandeira
    Opinión

    El maltrato animal denigra el alma humana y convierte a los humanos en monstruos cobardes y despreciables

    Por María M. Adeva Los seres humanos han basado su bienestar en el vil y cruel sometimiento y explotación de...

    por Cartas al Director
    24 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR