• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 10 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Mamá, quero ser científica!

    A UVigo desembarca na Ribeira do Berbés para achegar á sociedade a súas capacidades en I+D+i dun xeito lúdico e participativo
    Redacción por Redacción
    21 de Abr, 2023
    en Local
    0
    Mamá, quero ser científica!

    Por segundo ano consecutivo, a praza do Berbés converteuse este venres no epicentro da divulgación científica. Co dobre obxectivo de fomentar entre as e os máis novos as vocacións científicas e tecnolóxicas e dar a coñecer á sociedade o traballo que desenvolve o seu persoal investigador, nomeadamente as mulleres, a Universidade de Vigo volveu sacar a ciencia á rúa nunha nova edición da expo-feira A ciencia que vén ten nome de muller. As actividades comezaron este mediodía cunha visita do alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP García Barbón de Vigo, na que uns 60 escolares puideron descubrir e experimentar procesos como a tecnoloxía química e medioambiental, a combustión e a enxeñaría inversa, da man de investigadoras e investigadores dos grupos Biosuv, CIMA e o de Tecnoloxía Enerxética de Cintecx. Xa pola tarde, mentres no planetario do Instituto Marítimo Pesquero del Atlántico, se desenvolvía unha visita guiada por parte de Adolfo García, capitán da Marina Mercante e profesor de Navegación do centro, nas carpas instaladas na praza do Berbés, o público asistente gozou, desafiando á chuvia, cos obradoiros e experimentos centrados en ámbitos como o medio ambiente, a saúde, a tecnoloxía ou o patrimonio, as liñas temáticas elixidas para a segunda edición do evento. Unha vez finalizadas as actividades que se desenvolvían en cada un dos postos, a xornada de divulgación científica rematou coa conferencia que a  investigadora en evolución do cancro do Cinbio da UVigo, Nair Varela Rouco, ofreceu no edificio Redeiras e na que realizou un percorrido por historias de mulleres relevantes no campo da investigación.

    Na inauguración da feira o reitor da UVigo reivindicou o carácter universitario da cidade e o nivel acadado pola súa universidade en diversos ámbitos, como o da investigación, cunha especial referencia aos recoñecemento acadados recentemente por algunhas das súas investigadoras como Belén Riveiro ou Isabel Pastoriza. “Unha universidade moderna debe achegarse á sociedade e solucionar os seus problemas e mesmo ir por diante. Queremos formar, pero tamén crear riqueza e alumear un futuro mellor”, dixo Reigosa, que reivindicou a aposta da institución pola igualdade e a transparencia. “Creo que a cidadanía é consciente da nosa calidade”, afirmou o reitor, que manifestou o seu desexo de “facernos máis presentes no día a día”, dixo. Pola súa banda, o alcalde de Vigo destacou o papel vertebrador da UVigo na cidade e lembrou as dificultades que foi necesario sortear para creala. “O inicio non foi doado, pero unha vez que aparece, Vigo empeza a dar pasos de xigante”, dixo Caballero, que felicitou á UVigo polo que cualificou de “desembarco” coa feira que hoxe se celebrou no Berbés e a que mañá e pasado desenvolverá Cinbio na Porta do Sol.

    Mentres, a presidenta da Deputación tamén destacou a importancia de que a UVigo se faga presenta na rúa para achegar o seu traballo á cidadanía, “traballo que responde aos retos da sociedade e un compromiso co cambio e a transformación”, dixo Carmela Silva. A presidenta da Deputación gabou o papel das mulleres investigadoras e innovadoras, agochadas no pasado, que “temos o reto de recuperar o coñecemento que nos deixaron e promover a igualdade en todos os ámbitos e crear referentes en investigación”. Pola súa banda, as vicerreitoras de Investigación, Belén Rubio, e de Comunicación, Mónica Valderrama, agradeceron o traballo desenvolvido polas e polos investigadores da UVigo e pola Unidade de Cultura Científica, permitindo á sociedade “tocar e experimentar o que se fai nos laboratorios”, dixo Valderrama. Rubio, pola súa parte, destacou a obriga das universidades de facer ciencia cidadá, “unha forma de abrir a ciencia á xente e que saiban para que e por que facemos investigación”, en definitiva, outra forma de transferencia , “saíndo á rúa”, sinalou a vicerreitora.

    Unha decena de portas abertas a descubrir a ciencia e a tecnoloxía 

    Na xornada matinal as e os escolares e pola tarde o público xeral tiveron ocasión, da man das e dos científicos dos centros de investigación CIM, Cintecx, atlanTTic e Cinbio da UVigo, de achegarse a os segredos do mar profundo, romper barreiras de comunicación coa IA, descubrir a enxeñaría inversa ou recoñecer minerais a través da visión artificial. Realidade virtual e realidade aumentada; Enxeñaría inversa; E ti quen es?; Visión artificial e minaría; Fahrenheit 751 e Biotecnoloxía, tecnoloxía química e medioambiental foron as denominacións elixidas por investigadoras e investigadores do Cintecx para amosar parte da súa actividade ao público que hoxe se achegou á praza do Berbés. Así, as e os asistentes puidieron visualizar a través de realidade virtual o castro de Santa Tegra, experimentar coa tecnoloxía holográfica e interactuar con elementos virtuais. Descubrir procesos asociados á remediación ambiental; desenvolver actividades interactivas relacionadas coa combustión, con especial atención en acadar unha combustión renovable e limpa; ou participar xogos cos que diferenciar por densidade, dureza e magnetismo distintos materias metálicos, plásticos, cerámicos e compostos, foron outras actividades propostas polos investigadores e investigadoras de Cintecx ao público que visitou hoxe a feira. 

    Pola súa banda, A importancia das algas microscópicas mariñas; Os segredos do mar profundo e Relaciónate! foron as propostas que os grupos de Oceanografía Biolóxica, Bioloxía Ambiental e Ecoloxía Costeira do CIM desenvolveron na feira e coas que o público puido observar microalgas a través de microscopio, descubrir unha mostra da fauna máis representativa e sorprendente dos fondos mariños ou realizar experimentos para achegarse ao traballo que as e os investigadores realizan en ámbitos como a ecoloxía dos recursos marisqueiros o a ecotoxicoloxía. Mentres, as e os investigadores do Grupo Biomasa e Desenvolvemento Sostible do Cinbio amosaron as materias primas coas que traballan e os extractos que obteñen utilizando as distintas tecnoloxías, así como encapsulados de extractos bioactivos. Integrantes do Grupo NanoBioMateriais Funcionais, tamén o Cinbio, sintetizaron, de forma sinxela e segura, diferentes xeometrías e tamaños de nanopartículas metálicas de ouro e prata, que abarcan as cores dun arco da vella, ademais doutros experimentos combinando as nanopartículas sintetizadas coa técnica de reaccións.

    A presentación de diversos proxectos do Grupo de Investigacion en Tecnoloxías Aeroespaciais de atlanTTic, e os postos da Unidade de Igualdade da UVigo, no que amosou, a través de xogos e material divulgativo o papel da muller na ciencia, e da Deputación de Pontevedra, completaron a oferta de expo-feira A ciencia que vén ten nome de muller.  

    43

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Los estudiantes de la UVigo disponen de 1.700 plazas de intercambio con 59 centros de España
    Local

    Los estudiantes de la UVigo disponen de 1.700 plazas de intercambio con 59 centros de España

    10 de Feb, 2026
    Arranca en la UVigo el primer coche autónomo conectado en un campus universitario español
    Local

    Arranca en la UVigo el primer coche autónomo conectado en un campus universitario español

    04 de Feb, 2026
    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature
    Local

    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature

    29 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    Ya hay fecha para las elecciones al Rectorado de la UVigo

    24 de Ene, 2026
    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado
    Local

    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado

    22 de Ene, 2026
    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina
    Local

    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina

    19 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    Un incendio en una conocida empresa de Beade moviliza a Bomberos y Policía

    Un incendio en una conocida empresa de Beade moviliza a Bomberos y Policía

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El ascensor de las sorpresas
    Más Vigo

    El ascensor de las sorpresas

    Las personas que habitualmente utilizan este ascensor ya han perdido la cuenta del número de averías desde su inauguración. Se...

    por Julio Alonso
    10 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR