• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 14 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Investigadores do CIM-UVigo regresan á Antártida para estudar por vez primeira o efecto da radiación ultravioleta nas macroalgas 

    Unha campaña científica na Antártida, ao abeiro do proxecto de investigación Radiant, financiado con 50.000 euros polo plan nacional de I+D
    Redacción por Redacción
    14 de Feb, 2023
    en Local
    0
    Investigadores do CIM-UVigo regresan á Antártida para estudar por vez primeira o efecto da radiación ultravioleta nas macroalgas 

    Mariano Lastra, Jesús S. Troncoso, Jesús López e Iván Franco chegan este venres a Isla Decepción. / Foto: UVigo

    Despois de sete edicións, o catedrático do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal e investigador do CIM-UVigo Mariano Lastra Valdor refírese, desde Punta Arenas (Chile) e a tres días de chegar a Isla Decepción, ás campañas antárticas como “unha oportunidade de ouro para todos, que sempre compensa desde o punto de vista científico”.

    Xunto ao tamén catedrático e ao profesor titular do mesmo departamento, Jesús Souza Troncoso e Jesús López Pérez, respectivamente, ambos investigadores do Centro de Investigación Mariña, e ao doutor pola UVigo e investigador posdoutoral na Universidad de Cádiz, Iván Franco Rodil, Mariano Lastra integra a expedición da UVigo, que entre o 17 de febreiro e o 17 de marzo, desenvolverá unha nova campaña científica na Antártida, ao abeiro do proxecto de investigación Radiant, financiado con 50.000 euros polo plan nacional de I+D. 

    “Radiant está asociado á 36ª Campaña Antártica Española e é unha secuela dos proxectos anteriores. Durante catro semanas, do 17 de febreiro e ata o 17 de marzo, na base Gabriel de Castilla de Isla Decepción realizaremos un experimento de manipulación do medio natural.

    «Quentaremos substratos, macroalgas que están varadas alí nas praias das illa, a diferentes temperaturas, para ver temas de descomposición da materia orgánica, emisións de CO2, liberación de nitróxeno e fósforo. Ademais da temperatura, como novidade este ano, imos introducir a variable da radiación ultravioleta, durante un número de horas, para tratar de estudar que efecto combinado ten a temperatura e a radiación ultravioleta na descomposición da materia orgánica”, detalla Lastra.

    A realización deste novo experimento, responde, segundo os científicos da UVigo á existencia dunha hipótese xeral de que canto menos xeo, tanto espacial, como temporal hai, máis iluminación chega ao fondo, “o que fai que todo o que sexan organismos fotosintéticos teñan máis tempo para desenvolverse, para proliferar. Isto afecta, tanto a fitoplancto, como ás algas e hai máis produtividade primaria, que pode vir ben a algunhas especies clave, como o krill e todo o que é a cadea alimenticia, e logo ás macroalgas para crear grandes superficies e grandes tamaños. E esta é a parte nós analizamos, a ver que sucede aí”, detalla Lastra, sobre este proxecto de investigación básica, que complementado agora co experimento da radiación ultravioleta permite incluír o burato na capa de ozono no marco conceptual da investigación.

    Simbiose antártica e apoio familiar

    Tras aterrar nas últimas horas en Punta Arenas, Lastra, Troncoso, López e Franco xa están preparados para voar ata a Isla Rey Jorge, desde onde serán traslados por un barco búlgaro ata a base Juan Carlos I e posteriormente ata Isla Decepción.

    “Este ano, e isto é unha novidade, non nos leva o Hespérides, senón un barco búlgaro, que deixará a cada grupo de investigación no seu sitio. Outro cabalo de batalla é que sempre adamos curtos de barcos con capacidade polar e aínda que o Hespérides é fantástico, hai que renovar a flota, o que creo que xa está a facer e o novo e vai supoñer un cambio interesante”, explica Lastra. 

    Logo de sete campañas antárticas no seu caso; tres en bases e outras no Hespérides desde a década de 1990 no caso de Souza Troncoso, e tres no de López e Franco, Mariano Lastra recoñece que, “xa non podemos pecar de inocentes. Coñecemos aquilo case, case mellor que os membros do Ejército de Tierra, que é o organizador da campaña, e van só unha vez, e nós xa temos aquilo moi repetido: sabemos cando se pode navegar, cando hai que quedar na base, como ir vestido, o importantes que son os partes meteorolóxicos, etc.”.

    Nunha base que non é moi grande e na que este ano, á ducia de investigadores e aos dous integrantes do Ejército que estarán na base, cómpre sumar, “aínda que eles montan os seus iglús de fibra” ao pelotón de zapadores que se encargan da construción dun novo laboratorio, Lastra asegura que “nunca tiven ningún problema de convivencia , semella que a xente dá o mellor de si mesma nesas contornas, que son moi peculiares e nas que manter o grupo unido é a clave”. Botando a vista atrás, Lastra asegura que é a primeira a campaña que recorda con especial cariño.

    “Dáste de conta que estás illado, que non vai vir o 7º de Cabalería a rescatarche, que os proxectos veñen con persoal moi axustado e todos temos que estar pendentes do noso traballo e do dos demais para que todo o mundo saque adiante as tarefas, apoiándose uns aos outros. Ese tipo de simbiose antártica é habitual”. 

    Parte fundamental para o desenvolvemento do traballo na Antártida é, segundo recoñece e agradece o catedrático da UVigo o apoio “ao 100%” da súa familia. “Pasas mes e medio fóra en época de colexio. A miña familia está afeita e papa está asociado a campañas de cando en vez e por ese lado moi ben, porque me apoian e senón fose por eles non habería campaña”, explica.

    Da Antártida a Corrubedo na procura de comparacións 

    Durante as catro semanas que os investigadores da UVigo permanecerán na Antártida, continuarán coas mostraxes nunha ducia de praias nas que están a traballar desde o ano 2004. “Imos repetir medicións do estado morfodinámico da praia: ver a pendente, amplitude da intermareal, todas estas variables ; canto CO2 se está a emitir por parte do substrato; cantos nutrientes está a liberar a praia, etc. A análise dunha campaña é interesante, pero cando es quen de acumular varios anos a medio prazo, case podemos falar de décadas, o valor deses datos é moi superior. Imos repetir o que fixemos outros anos e como ao Ministerio lle pareceu ben, imos estar este ano e tamén o que vén”, confirma Lastra.

    A Antártida non é o único escenario no que os investigadores do CIM da UVigo desenvolven o seu traballo, que ten unha prolongación no complexo dunar de Corrubedo, no concello de Ribeira.

    “ En Corrubedo replicamos ao detalle o que facemos na Antártida, para non ir a cegas e non só por ensaiar a metodoloxía e o protocolo do experimento, senón tamén para poder comparar, a efectos de publicar, o que ocorre en latitudes intermedias, co que ocorre en latitudes polares. Aínda que non está incluído no proxecto, tiramos para adiante e fixémolo en Corrubedo e posiblemente o repitamos, porque houbo unha tormenta, que coincidiu cunha marea viva e o que tiña que durar 15 días durou 10, porque o mar varreunos toda a zona de experimentación”, detalla Mariano Lastra, que agarda poder regresar a Corrubedo, logo de volver da Antártida, “porque, aínda que é un esforzo extra é interesante e compénsanos”, asegura.

    Logo de varios anos de traballo, o catedrático do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da UVigo confirma que xa puideron obter algunhas conclusións interesantes, que lles permitiron publicar tres artigos en revistas destacadas, así como iniciar unha tese de doutoramento. “Estes resultados foron suficientes para que Ministerio aceptase de novo a nosa proposta, pero estes proxectos sempre son moi axustados de orzamento e case nunca financian persoal. Nós sempre pedimos un técnico ou un doutorando e nunca nolo dan”, confirma Lastra, razón pola que a cantidade de material que teñen no día a día non se pode procesar.

    43

    Tags: cienciaUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Actualidad

    El CESGA cooperará con UVigo y USC con la creación de dos laboratorios cuánticos compartidos

    12 de Ene, 2026
    La primera ‘Valedora’ de la Universidad de Vigo dimite ante un bloqueo histórico
    Local

    La primera ‘Valedora’ de la Universidad de Vigo dimite ante un bloqueo histórico

    12 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    El Supremo reconoce el derecho a la subida salarial del personal investigador de la UVigo

    12 de Ene, 2026
    La Universidad de Vigo se consolida como referente verde
    Local

    La Universidad de Vigo se consolida como referente verde

    08 de Ene, 2026
    La UVigo acuerda la aprobación definitiva de su presupuesto para 2026, el más alto de su historia
    Local

    La UVigo acuerda la aprobación definitiva de su presupuesto para 2026, el más alto de su historia

    29 de Dic, 2025
    Ayuda por hijo a cargo: cuándo se cobra y cómo solicitarla
    Local

    Un estudio de la UVigo defiende ampliar la deducción fiscal de 100 euros por hijos hasta los 6 años

    26 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    por Redacción
    12 de Ene, 2026
    0

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    por Redacción
    07 de Ene, 2026
    0

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    por David Augusto
    10 de Ene, 2026
    0

    Nueva fase para Barrio do Cura: sin obstáculos para construir ya el parking público de 300 plazas

    Nueva fase para Barrio do Cura: sin obstáculos para construir ya el parking público de 300 plazas

    por María Alonso
    09 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Rúa Xulián Estévez
    Más Vigo

    Rúa Xulián Estévez

    La fotografía muestra una parte de la Rúa Xulián Estévez, en el barrio de Teis, en la ciudad de Vigo....

    por Julio Alonso
    13 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    Cultura

    «Esencia» de Sergio López Vidal, tercer premio del I Certamen de Relatos de VigoÉ

    Sergio López Vidal ha recibido el tercer premio del I Certamen Literario de Relato Corto de VigoÉ con su relato «Esencia». Como...

    por Redacción
    12 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    La comunidad venezolana sale a la calle en Vigo en solidaridad con María Corina Machado
    Opinión

    La cola del consulado (II)

    En mayo de 2023 publiqué en esta misma casa un artículo titulado "La cola del consulado". En el mismo narraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR