• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    jueves, 5 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Investigadores vigueses usan o Real Madrid para estudar a relación entre o esforzo e a consecución de títulos

    Analizáronse 140 partidos disputados polo equipo branco entre 2001 e 2007. Os resultados desta análise foron publicados na revista Journal of Human Kinetics
    Redacción por Redacción
    12 de Oct, 2017
    en Local
    0
    Investigadores vigueses usan o Real Madrid para estudar a relación entre o esforzo e a consecución de títulos

    “Os resultados do estudo son moi interesantes e demostran unha idea moi sinxela, que non por correr máis vas gañar máis”, salienta ao Diario da Universidade de Vigo (Duvi) o catedrático da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, Carlos Lago, da investigación que realizou xunto ao tamén docente desta facultade Luís Casais e os membros da Politécnica de Madrid Javier Miñano e Miguel Ángel Gómez.

    As conclusións desta análise foron publicados na revista Journal of Human Kinetics e amosan que, nos 149 partidos de Liga, Copa do Rei e Liga de Campións analizados, os xogadores do Real Madrid percorrían unhas distancias un 10% inferiores que os seus rivais en carreiras de alta intensidade, aquelas realizadas a unha velocidade de entre 21 e 24 quilómetros por hora, mentres que nas carreiras categorizadas como sprint, aquelas que superan os 24 quilómetros por hora, os seus contrincantes percorreron de media unha distancia un 6% superior.

    O estudo dirixido a afondar nun aspecto do rendemento físico que, como apunta Lago, é visto como “esencial polos afeccionados, que premian con aplausos ao que corre aínda que ás veces esa carreira non teña ningún sentido dentro do xogo”, parte dos datos obtidos a través do sistema de tracking Amisco, que permite calcular a situación dun determinado xogador nos eixos X e Y un total de 25 veces por segundo, “co que es capaz de estimar as velocidades de desprazamento”.

    A través desta ferramenta, os investigadores puideron obter información das distancias percorridas polos xogadores e realizar 2082 observacións do rendemento físico de xogadores nos 149 partidos analizados, 1052 dos do Real Madrid e 1031 dos seus diferentes rivais.real madrid 2006
    Isto permitiulles comprobar tamén como esta tendencia se repetía “en todos os postos específicos”. Tanto os defensas centrais e laterais, como os centrocampistas, extremos e dianteiros madridistas, explica Lago, presentaban tamén uns rexistros de distancias percorridas inferiores aos dos seus rivais.

    Todo isto nun período no que o Real Madrid alzouse cun total de sete trofeos, incluíndo unha Liga de Campións, dúas ligas españolas e unha Intercontinental, e no que equipo estivo dirixido, entre outros, por Vicente del Bosque, co propio Javier Miñano como preparador físico, e Fabio Capello.

    De aí que Lago, que recentemente obtiña a primeira cátedra de Ciencias do Deporte, incida no positivo de confirmar un aspecto que “xa fora suxerido noutras investigacións”, e de facelo cun dos conxuntos “de maior éxito na historia recente”, que naqueles anos viña tamén de ser nomeado mellor equipo do século XX, pola International Federation of Football History and Statistics.

    “Se o que gaña expresa niveis de rendemento físico inferiores ao seu rival, a inferencia está clara, o nivel técnico-táctico dos xogadores, como sé intuía, é o que define o éxito no fútbol”, destaca.

    Un deporte de toma de decisións
    Se ben correr de máis non determina o éxito, correr de menos si pode ser un motivo de derrota, recoñece Lago, que matiza non obstante que este factor sería decisivo cando os xogadores se sitúen por debaixo “dun limiar mínimo de rendemento físico”, que superan con creces todos os xogadores profesionais de elite.

    A partires de aí, son os aspectos técnicos e tácticos os que poden definir en maior medida o resultado final dun partido, xa que o fútbol, salienta o investigador, “é un deporte de toma de decisións”, no que “a clave está en correr o que demanda o xogo”.

    Nese senso, lembra que variables como o marcador, o nivel do opoñente ou o feito de xogar en casa ou fóra van contribuír tamén a que un equipo corra máis ou menos, aspecto que non implica “ter un maior rendemento”, como explica este investigador, que centrou o estudo nas carreiras realizadas a unha velocidade elevada, “porque son as que se producen preto do balón, as que definen gañar ou perder a posesión da pelota”.

    Aspecto este último, a posesión do balón, que tampouco ten, fronte á crenza xeral, unha incidencia directa no número de quilómetros percorridos, como xa demostraran os investigadores desta facultade nun estudo publicado en 2013 e centrado na Premier League británica, no que constataron que “non é certo que ter menos posesión de balón inflúa en que teñas que correr máis ou menos”.

    43

    RelacionadosArtículos

    El vacío de la estación de Urzaiz que traslada a los oscuros tiempos de la pandemia
    Local

    El vacío de la estación de Urzaiz que traslada a los oscuros tiempos de la pandemia

    05 de Feb, 2026
    Gadis reafirma su compromiso con la AECC
    Actualidad

    Gadis reafirma su compromiso con la AECC

    05 de Feb, 2026
    Actualidad

    La Xunta sustituye a Renfe y habilita transporte por carretera para los usuarios de tren atrapados

    05 de Feb, 2026
    Rodman se adjudica por 35 millones la fabricación de ocho lanchas y tres patrulleras para Aduanas
    Marítima

    Rodman cierra otro suculento contrato con el Estado

    05 de Feb, 2026
    Agenda

    El centro de ocio A Laxe celebra el Carnaval de Circo con actividades familiares durante dos días

    05 de Feb, 2026
    Evacúan a un crucerista al hospital de Vigo cuando el buque navegaba a la altura de Cabo Silleiro
    Sucesos

    Evacúan a un crucerista al hospital de Vigo cuando el buque navegaba a la altura de Cabo Silleiro

    05 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    por Redacción
    30 de Ene, 2026
    0

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    Primera sentencia en Galicia contra un banco por suplantación de identidad a una clienta

    Piden que Abanca devuelva a Vigo lo que Vigo le dio y ceda el uso de 200 viviendas vacías

    por Redacción
    28 de Ene, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El año de los temporales
    Más Vigo

    El año de los temporales

    Este año 2026 ha comenzado con borrascas que han afectado sin tregua a la ciudad de Vigo, una borrasca detrás...

    por Julio Alonso
    05 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    La izquierda nos mete un buen bocado a la libertad de expresión
    Opinión

    La izquierda nos mete un buen bocado a la libertad de expresión

    Entre el 2 y 5 de Febrero se "iban" a celebrar en la capital hispalense la XI edición de "Letras en...

    por Fernando Torres Carbajo
    03 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR