• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 11 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    As mulleres lideran na UVigo as axudas da Xunta para persoal investigador con traxectoria excelente

    Laura Salonen, Sandra Rivas, Ramón Novoa e Xanel Vecino recibirán, cada un deles, 115.000 euros
    Redacción por Redacción
    20 de Dic, 2023
    en Local
    0
    As mulleres lideran na UVigo as axudas da Xunta para persoal investigador con traxectoria excelente

    A Xunta de Galicia financiará con 660.000 euros cinco proxectos de persoal investigador da Universidade de Vigo con traxectoria excelente, dos que catro están liderados por mulleres: Elena Ojea, do Centro de Investigación Mariña, CIM; Sandra Rivas e Laura María Salonen, do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina, CINBIO, e Xanel Vecino, do Centro de Investigación en Tecnoloxías e Procesos Industriais, CINTECX, o que pon de relevo o liderado e a importancia do papel desempeñado polas investigadoras dos diferentes centros nas propostas presentadas a unha convocatoria coa que o goberno galego busca impulsar a excelencia e dar estabilidade ao persoal científico que exerce en Galicia. A elas súmase o investigador Ramón Novoa, do CINBIO, considerado tamén investigador emerxente.

    Elena Ojea recibirá 200.000 euros como beneficiaria dunha axuda dirixida a reforzar unha traxectoria investigadora xa consolidada e as demais persoas beneficiarias, persoal investigador emerxente con traxectorias de excelencia, contarán con cadansúa axuda de 115.000 euros.

    Elena Ojea, do CIM

    No caso de Elena Ojea, quen o mércores recibiu o Premio Fundación Banco Sabadell á Sostibilidade Mariña polo seu traballo na adaptación e transformación dos sistemas socio-ecolóxicos mariños, a axuda vai dirixida á posta en marcha do proxecto Adaptación e transformación da pesca artesanal ante o cambio climático. “Grazas o proxecto ERC CLOCK, agora sabemos que baixo escenarios futuros de cambio climático as medidas de adaptación actuais resultarán insuficientes e será necesario un cambio transformador nos medios de vida dependentes dos recursos mariños polo que o obxectivo deste novo proxecto vai dirixido a entender os determinantes das respostas de adaptación ou transformación dos pescadores e mariscadoras”, explica Ojea, quen subliña que para isto seguirán traballando en tres lugares: pesca artesanal en Galicia, en Nayarit (México) e en Shikoku (Xapón).

    “Temos evidencias sobre como favorecer a adaptación e a transformación e queremos afondar en principios comúns a diferentes casos de estudo, para poder xeneralizar a diferentes sistemas máis aló da pesca artesanal”, explica Ojea, líder do grupo Future Oceans Lab do CIM-UVigo. “Con esta axuda podemos seguir traballando nas tres comunidades pesqueiras e crear unha relación de confianza, xa que podemos volver a contar resultados e a escoitar necesidades”. 

    Sandra Rivas, Laura Salonen e Ramón Novoa, do CINBIO

    Sandra Rivas, Laura María Salonen e Ramón Novoa forman parte do cadro de persoal do CINBIO. Sandra Rivas é investigadora principal e membro do Grupo de Biomasa e Desenvolvemento Sostible, porá en marcha o proxecto Biorrefinerias multiproduto: desenvolvemento de estratexias de proceso para o aproveitamento e valorización de biomasa lignocelulósica (BioMultiPro). “´É un traballo dirixido ao desenvolvemento de procesos de biorrefinería que permiten a separación selectiva e a valorización individualizada dos constituíntes da biomasa forestal (eucalipto e toxo), nun abano de produtos de calidade contrastada a través de tecnoloxías respectuosas cos principios de desenvolvemento sostible en nun contexto de bioeconomía circular. “Este proxecto de reforzo de traxectorias emerxentes proporcióname a posibilidade de impulsar e afianzar a liña de investigación que desenvolvo, así como establecer novas redes de colaboración”, recalca a investigadora.

    Finlandesa de nacemento, Laura Salonem incorpouse á Universidade de Vigo en maio de 2022. Con esta axuda porá en marcha o proxecto Chiral covalent organic frameworks from propeller-shaped monomers (Chiramel), dirixido ao desenvolvemento de redes orgánicas covalentes quirais. “O obxectivo é que poidamos obter unha proba de concepto de uso a estes materiais para catálese que nos axude a obter financiamento de outros programas nacionais ou europeos”, explica a investigadora, satisfeita porque este financiamento lle permitirá tamén contratar un estudante de doutoramento durante un ano.

    Ramón Novoa, o único investigador da UVigo beneficiario dunha destas axudas, forma parte do grupo de Química Orgánica 1. Con esta axuda porá en marcha o proxecto Miméticos precisos de proteoglicanos a partir de bloques naturais para rexeración de cartílago, dirixido a desenvolver unha terapia para o tratamento de lesións causadas por osteoartritis, unha enfermidade que causa dores e incapacidade a millóns de persoas no mundo e que actualmente non ten cura. “O noso proxecto segue a estratexia coñecida como enxeñaría de tecidos. Crearemos un ambiente adecuado para que as células nai autólogas, xeradas in situ mediante procedemento estándar en hospitais, se transformen en novo tecido de cartílago”, explica o investigador, quen engade que se trata dun proxecto multidisciplinar polo que se incluíron no equipo biólogos do instituto de investigacións sanitarias das illas Baleares, do grupo de Manuel Gómez Florit. “Este apoio da Xunta supón para min a posibilidade de complementar de maneira moi adecuada o meu contrato Ramón y Cajal e así poder continuar en Galicia a liña de investigación que empecei nos meus anos como investigador fóra de España, concretamente en Alemaña e Portugal”.

    Xanel Vecino, do CINTECX

    Desde o ámbito tecnolóxico Xanel Vecino, membro do grupo de investigación de Enxeñaría Química 10 (EQ 10), porá en marcha o proxecto  Aplicación da tecnoloxía de membranas para a obtención de biosurfactantes dos licores de lavado de millo en planta piloto (ATEMBIO), un traballo co que pretende aplicar a tecnoloxía de membranas, como tecnoloxía “alternativa innovadora, simple, rápida e respectuosa co medio ambiente”, para recuperar os biosurfactantes presentes nos licores de lavado de millo. “Unha vez recuperados caracterizaranse e avaliaranse para poder aplicalos nos diferentes sectores industriais”, explica a investigadora, quen conta xa con experiencia na obtención destes biocompostos a través dun proxecto previo do programa estatal Retos e Investigación, na modalidade de proxectos liderados por investigadoras novas.

    “Para min conseguir esta axuda supón un importante pulo na miña liña de investigación, xa que me vai permitir avanzar nos procesos de diálises co fin de extraer os biosurfactantes presentes nos licores de lavado de millo a escala piloto (TRL 4-6) tendo en conta a sustentabilidade social, ambiental e económica”, recalca Vecino.
     

    43

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    El Foro Tecnolóxico celebra 26 años conectando aulas y empresas
    Local

    El Foro Tecnolóxico celebra 26 años conectando aulas y empresas

    10 de Feb, 2026
    Los estudiantes de la UVigo disponen de 1.700 plazas de intercambio con 59 centros de España
    Local

    Los estudiantes de la UVigo disponen de 1.700 plazas de intercambio con 59 centros de España

    10 de Feb, 2026
    Arranca en la UVigo el primer coche autónomo conectado en un campus universitario español
    Local

    Arranca en la UVigo el primer coche autónomo conectado en un campus universitario español

    04 de Feb, 2026
    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature
    Local

    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature

    29 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    Ya hay fecha para las elecciones al Rectorado de la UVigo

    24 de Ene, 2026
    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado
    Local

    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado

    22 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    El reventón de un colector de pluviales, causa del socavón en la Avenida de Madrid

    Las calles de Vigo se hunden por falta de mantenimiento y reclaman a Caballero que actúe

    por Redacción
    09 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    La histórica nevada en Ponteareas en los años sesenta
    Más Vigo

    La histórica nevada en Ponteareas en los años sesenta

    En esta época invernal del 2026, con intensos fríos e inacabables borrascas, a muchas personas les viene el recuerdo de...

    por Julio Alonso
    11 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Literatura bajo sospecha de amor: Mos revive su ‘Cita a cegas cos libros’
    Libros

    Literatura bajo sospecha de amor: Mos revive su ‘Cita a cegas cos libros’

    En tiempos de algoritmos que predicen hasta nuestro próximo suspiro, la Biblioteca Pública Municipal María Magdalena de Mos ha decidido...

    por Redacción
    10 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR