• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 5 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A UVigo suma graos en Deseño e en Enxeñaría da Automoción e máster en Enxeñaría Aeronáutica

    Tamén comezan no vindeiro curso os máster en Xestión Sostible da Auga, Tecnoloxías da Información Cuántica e Fabricación Aditiva
    Redacción por Redacción
    08 de Jun, 2023
    en Local
    0
    A UVigo suma graos en Deseño e en Enxeñaría da Automoción e máster en Enxeñaría Aeronáutica

    Estudantes da UVigo no campus. / Foto: UVigo

    O Grao en Deseño e o Grao en Enxeñaría da Automoción con mención dual comezarán a impartirse na Universidade de Vigo o vindeiro curso académico, no que tamén se porán en marcha catro novos mestrados: en Enxeñaría Aeronáutica, Xestión Sostible da Auga, Ciencia e Tecnoloxías de Información Cuántica e Fabricación Aditiva.

    Así o recolle a oferta de prazas de novo ingreso en títulos oficiais de grao e máster nas universidades públicas galegas da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, ratificada nos últimos días pola Conferencia General de Política Universitaria. 

    En conxunto, a UVigo contará no curso 2023/2024 con 3.889 prazas de grao de novo ingreso, entre as que figuran as 50 asignadas ao Grao en Enxeñaría da Automoción con mención dual, “que está pendente de obter o informe final favorable da Axencia para Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) e da súa aprobación por parte do Consello Galego de Universidades”, explica o vicerreitor de Titulacións e Innovación Docente, Alfonso Lago, que incide en que espera isto non sexa un problema “para que empece no curso 2023/2024”.

    Adscrita á Escola de Enxeñería Industrial, trátase, engade, “dunha titulación cunha grande importancia para a Universidade, porque pódese falar do primeiro grao realmente dual que se establece na UVigo, coa colaboración do clúster da automoción, que vai acoller os estudantes”, que realizarán os 48 créditos do último curso en empresas desta industria.

    Xa co informe favorable da ACSUG, en setembro botará a andar no campus de Pontevedra o Grao en Deseño, unha titulación “pola que levabamos moitos anos pelexando e que engarza perfectamente dentro do que é o campus de especialización Crea”, sinala o vicerreitor.

    Con 45 prazas para alumnado de novo ingreso, a titulación arrancará no espazo cedido á UVigo no edificio administrativo da Xunta na rúa Benito Corbal. 

    Así mesmo, a oferta de prazas de novo ingreso do sistema universitario galego permite tamén confirmar a implantación, no campus de Ourense, do máster en Enxeñaría Aeronáutica, tras obter tamén o informe favorable da ACSUG.

    “Este mestrado era unha petición da cidadanía ourensá que por fin chega a bo porto”, recoñece Lago dunha titulación exclusiva da UVigo, dirixida aos graduados e graduadas en Enxeñaría Aeroespacial e que dá acceso á profesión regulada.

    Coa incorporación, tamén doutros tres novos títulos de carácter interuniversitario, a Universidade ofertará no curso 2023/2024 un total de 1.704 prazas de máster de novo ingreso. 

    Novos graos en Vigo e Pontevedra

    “Pendente dos trámites finais para a verificación do título”, como lembra Lago, a Universidade estreará o vindeiro curso o Grao en Enxeñaría de Automoción con mención dual, no que, logo dunha formación nas bases científicas da enxeñaría, o alumnado realizará os 48 créditos do último curso en empresas do sector da automoción, mediante a modalidade de formación dual, que permitirá aos futuros titulados e tituladas realizar 1.200 horas de formación no ámbito empresarial.

    De aí que Lago incida na colaboración desta industria para a posta en marcha desta titulación, referendada no convenio que o pasado mes de abril asinaban a Universidade, a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Stellantis, o Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG) e o Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA).

    Por outra banda, o Grao en Deseño ten como obxectivo formar deseñadores e deseñadoras integrais, capaces de xerar proxectos que teñan en conta múltiples procesos e soportes comunicativos e as novas posibilidades abertas en áreas como a dixitalización, os novos materiais no ámbito da moda ou o deseño de aplicacións.

    A titulación contará cunha formación común nos dous primeiros cursos, mentres que nos dous últimos o alumnado poderá escoller entre as materias das súas dúas especialidades, deseño gráfico/dixital e deseño de moda.

    O seu primeiro curso impartirase a partir de setembro no edificio da Xunta en Benito Corbal, onde terá a súa sede provisional a Facultade de Deseño, á que se adscriben tanto esta titulación como o Máster en Deseño e Dirección Creativa en Moda, que continuará impartíndose nas instalacións de Belas Artes.

    Alén destas dúas novas titulacións, o resto dos graos impartidos na Universidade manterán o vindeiro curso o seu número de prazas de novo ingreso, coa excepción do Grao en Comunicación Audiovisual, que pasa de 45 a 50.

    Novos mestrados en Vigo e Ourense

    A Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo de Ourense contará desde o vindeiro curso cun mestrado que dá acceso a unha profesión regulada e que terá unha duración de dous anos e 120 créditos ETCS.

    O Máster en Enxeñaría Aeronáutica outorgará aos seus titulados e tituladas múltiples capacidades, como deseñar, construír, inspeccionar e certificar todo tipo de aeronaves e vehículos espaciais, cos seus conseguintes subsistemas, así como planificar, proxectar e controlar os procesos construtivos de infraestruturas, edificios e instalacións aeroportuarias, xunto co seu mantemento, conservación e explotación. 

    No campus de Vigo, poranse en marcha tres novos máster de carácter interuniversitario, dous deles pertencentes ao catálogo Galicia 2030 de perfís profesionais, impulsado pola Xunta.

    Trátase dos mestrados en Xestión Sostible da Auga e en Fabricación Aditiva, que contarán en ambos casos con dez prazas na UVigo. O primeiro deles, dun ano e medio de duración, estará adscrito á Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía e vai dirixido principalmente a profesionais do ámbito da auga e titulados das ramas de enxeñaría e ciencias.

    O Máster en Fabricación Aditiva, que se impartirá na Escola de Enxeñería Industrial, é un título cun carácter interdisciplinar, dun ano de duración, orientado a formar profesionais capaces de dirixir o ciclo de desenvolvemento dun produto, desde o seu deseño ata o seu prototipado.

    Por último, adscrito á Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e con oito prazas, o mestrado en Ciencias e Tecnoloxías da Información Cuántica é tamén unha titulación dun ano, que achegará unha formación de carácter científico sobre os fundamentos e aplicacións na computación e nas comunicacións das tecnoloxías baseadas no procesamento cuántico da información. 

    Por outra banda, o vindeiro curso porase tamén en marcha o novo mestrado en Avogacía e Procuradoría, que, como sinala Lago, “modifica o anterior Máster Universitario en Avogacía”, de acordo cun cambio lexislativo sobre o acceso ás profesións de avogado e procurador de tribunais, “que obriga a que no curso 2023/2024 estea activa” esta nova titulación, sinala o vicerreitor.

    De feito, esta circunstancia fixo que o proceso de verificación deste máster “tivese un calendario diferente ao resto”, de tal xeito que o novo título conta polo de agora “co informe provisional da ACSUG”, apunta Lago, que incide en que “agardamos conseguir xa o informe favorable o máis axiña posible”. 

    43

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    El vehículo autónomo de la UVigo y el CTAG se expande a la ciberseguridad
    local

    A UVigo celebra o Día da Ciencia en Galego co lanzamento do concurso de monólogos Gargallada Científica

    05 de Nov, 2025
    «Caballero no tiene ni voluntad ni ganas de hablar sobre los problemas reales que afectan a Vigo”
    Local

    Caballero anuncia un plan de 2,5 millones para rescatar viviendas en Vigo

    31 de Oct, 2025
    A Cátedra Feminismos 4.0 financia sete investigacións sobre a perspectiva de xénero
    Local

    A Cátedra Feminismos 4.0 financia sete investigacións sobre a perspectiva de xénero

    29 de Oct, 2025
    García Mateo espera ser la primera rectora de la UVigo para que la institución «pase de la improvisación a la solvencia»
    Local

    García Mateo espera ser la primera rectora de la UVigo para que la institución «pase de la improvisación a la solvencia»

    22 de Oct, 2025
    La catedrática Carmen García Mateo anuncia su candidatura al Rectorado de la UVigo tras postularse Belén Rubio
    Local

    La catedrática Carmen García Mateo anuncia su candidatura al Rectorado de la UVigo tras postularse Belén Rubio

    21 de Oct, 2025
    La UVigo entrega su Medalla de Oro a la editorial Galaxia por su compromiso con la lengua y la cultura
    Cultura

    La UVigo entrega su Medalla de Oro a la editorial Galaxia por su compromiso con la lengua y la cultura

    18 de Oct, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    El Concello de Vigo invierte 3,5 millones para la ‘humanización de altísimo estándar’ en estas dos calles de Vigo

    El Concello de Vigo invierte 3,5 millones para la ‘humanización de altísimo estándar’ en estas dos calles de Vigo

    por Redacción
    31 de Oct, 2025
    0

    Visto bueno a la nueva superficie comercial de Vigo: 14.000 m2 en Navia con hipermercados y restauración

    por Redacción
    02 de Nov, 2025
    0

    Abandono inadmisible en Gran Vía

    Abandono inadmisible en Gran Vía

    por Julio Alonso
    30 de Oct, 2025
    0

    Dos heridos, uno grave, y cortada la N-555 por un accidente entre un vehículo sin carné y un coche de un tanatorio

    Dos heridos, uno grave, y cortada la N-555 por un accidente entre un vehículo sin carné y un coche de un tanatorio

    por Redacción
    01 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El balcón de los sueños
    Más Vigo

    El balcón de los sueños

    El mirador del Paseo de Alfonso XII, en la ciudad de Vigo, sigue siendo un punto de reunión tanto para...

    por Julio Alonso
    05 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    Karin Monteiro-Zwahlen presenta su poesía bilingüe en Évame Oroza, un diálogo íntimo sobre el desarraigo
    Libros

    Karin Monteiro-Zwahlen presenta su poesía bilingüe en Évame Oroza, un diálogo íntimo sobre el desarraigo

    El espacio cultural Évame Oroza se convertirá este miércoles en el epicentro de la poesía y la reflexión sobre la...

    por Redacción
    04 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    La Panificadora continúa desmoronándose
    Opinión

    La Panificadora continúa desmoronándose

    El brillante y colorido esplendor de La Panificadora se está desvaneciendo para convertirse en una imagen gris, llena de tristeza...

    por Julio Alonso
    03 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR