• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 20 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A UVigo participa nun ambicioso proxecto internacional para mellorar a saúde do solo

    Con máis de 50 institucións implicadas de Portugal, España, Francia, Italia, Polonia e Bélxica contribuirá a un novo paradigma de xestión do chan que o protexa da degradación pola intensificación
    Redacción por Redacción
    31 de Oct, 2024
    en Local
    0
    A UVigo participa nun ambicioso proxecto internacional para mellorar a saúde do solo

    O proxecto contribuirá a unha nova xestión do chan. / Foto: Duvi

    Coa implicación de máis de 50 institucións de seis países e un orzamento de 12 millóns de euros achegados pola Misión Suelo de Horizonte Europa, este verán botou a andar o proxecto LivingSoiLL (Healthy Soil to Permanent Crops Living Labs), do que a Universidade de Vigo é socia.

    Coordinado pola Universidade de Tràs-os-Montes e Alto Douro, o obxectivo desta iniciativa é avanzar cara un novo paradigma de xestión do solo, que o protexa da degradación vinculada á intensificación das prácticas agrícolas.

    Xunto coa UVigo están implicados organismos de Portugal, España, Francia, Italia, Polonia e Bélxica. Por parte de España forman parte do consorcio tamén a Universidad de Jaén, o Instituto Andaluz de Investigación e Formación Ifapa, as empresas Grupo Consule, Adegas Moure, Bodegas Terras Gauda e Nutesca, a asociación INFAOliva, as cooperativas JaenCoop e Agro-Alimentaria de Andalucía, e as fundacións Caja Rural de Jaén e Centro de Innovación Citoliva. Como asociados están a Deputación de Jaén e a Junta de Andalucía.

    Foto de familia da xuntanza incial do proxecto en Vila Real este verán. / Foto: Duvi

    LivingSoiLL arrancou en xuño e ten por diante 54 meses de traballo, ata decembro de 2028. O equipo da UVigo está liderado polo catedrático José Jorge Domínguez Martín, do grupo de Ecoloxía Animal, GEA, pertencente ao Centro de Investigación Mariña, CIM-UVigo. A institución viguesa participa cun orzamento de máis de 500.000 € e, como explica Domínguez, o traballo terá un enfoque colaborativo baseado na co-creación, co-implementación e co-ensaio de solucións para mellorar a saúde do solo de cultivos leñosos. No proxecto están implicadas universidades, produtores locais, asociacións de produtores e organismos públicos, reunindo máis de 2000 axentes locais.

    Como detalla o catedrático da UVigo, LivingSoiLL “xurde da necesidade de salvagardar uns solos sans para as xeracións futuras e combater a degradación do chan” e lembra que, precisamente, o solo san está no núcleo do Pacto Verde Europeo e é un dos obxectivos principais da Misión Suelo. Neste contexto, o investigador considera “esencial” xerar un novo paradigma na xestión do solo “centrado no seu seguimento, restauración e protección” e sostén que a participación da UVigo en LivingSoiLL é “unha oportunidade única”, xa que se trata dunha proposta que  “ten o potencial de xerar un impacto significativo neste eido e que contribuirá a unha produción de alimentos máis sostible, á regulación da auga e do clima e á conservación da biodiversidade”. 

    Cinco living labs ou laboratorios vivos 

    O proxecto comprende a creación de cinco living labs ou laboratorios vivos en Portugal, Francia, España, Italia e Polonia centrados en cultivos permanentes (vides, oliveiras, castiñeiros, abeleiras e maceiras). Estes Living Labs incluirán traballos en 50 emprazamentos experimentais e dez fincas faro (lighthouses). Estas plataformas de colaboración multidisciplinar centraranse en co-deseñar, co-desenvolver e aplicar estratexias para restaurar e conservar a saúde do solo de cultivos leñosos.

    A UVigo participa no living lab luso-galego, que celebrou a pasada semana súa xuntanza inicial na UTAD e está centrado en viñedos e oliveirais, os dous cultivos permanentes máis importantes no norte de Portugal e Galicia.

    Jorge Domínguez, segundo pola esquerda, cos coordinadores dos cinco living labs. / Foto: Duvi

    Neste living lab están implicadas a Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, a Universidade de Porto e, como subliña Domínguez, “prestixiosas adegas portuguesas como a Real Companhia Vella, Casa de Mateus, Sogevinus, Symington e Sogrape”. Os socios galegos son, ademais da UVigo, Adegas Moure, da DO Ribeira Sacra e Terras Gauda, da DO Rías Baixas, o que implica continuar cunha colaboración iniciada hai máis de dez anos e que “xira arredor da transformación dos bagazos frescos e destilados en vermicompost, e  na súa aplicación aos viñedos como tratamento biofertilizante e bioestimulante”.

    Por outra banda, a institución viguesa, detalla Domínguez, coordina ademais algunhas tarefas transversais a todo o consorcio centradas na creación dos deseños experimentais para medir a mellora da saúde do solo pola aplicación de prácticas innovadoras de manexo nos cinco livings labs e na co-creación e reforzo do coñecemento do solo en todo o consorcio.

    Xunto con Domínguez, dende a UVigo están implicados en LivingSoiLL os investigadores de posdoutoramento Inés Alonso Crespo e Hugo Martínez Cordeiro, os profesores Manuel Aira Vieira e María Gómez Brandón, os investigadores de predoutoramento Alejandro Figueroa Rodriguez e Ainhoa Doval Nacimiento e o director técnico do laboratorio Alberto Da Silva Sieiro, todos eles membros do Grupo de Ecoloxía Animal (GEA), grupo de referencia competitiva (GRC) da Xunta de Galicia.
     

    Os socios do proxecto na xuntanza de lanzamento este verán. / Foto: Duvi

    43

    Tags: saúdeUniversidad de VigoUVigoXestión do solo

    RelacionadosArtículos

    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina
    Local

    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina

    19 de Ene, 2026
    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real
    Local

    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real

    19 de Ene, 2026
    Investigadores de la UVigo buscar frenar el progreso de la artrosis y estimular la regeneración del tejido
    Local

    Investigadores de la UVigo buscar frenar el progreso de la artrosis y estimular la regeneración del tejido

    16 de Ene, 2026
    Convenio entre Xunta y UVigo para crear un laboratorio especializado en computación cuántica óptica
    Local

    Convenio entre Xunta y UVigo para crear un laboratorio especializado en computación cuántica óptica

    15 de Ene, 2026
    Belén Rubio, candidata al Rectorado de la UVigo: «Tenemos que luchar por tener una universidad excelente»
    Local

    Belén Rubio, candidata al Rectorado de la UVigo: «Tenemos que luchar por tener una universidad excelente»

    14 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Actualidad

    El CESGA cooperará con UVigo y USC con la creación de dos laboratorios cuánticos compartidos

    12 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo exige el derribo definitivo de un local que acogió un famoso asador cultural de Vigo

    Urbanismo exige el derribo definitivo de un local que acogió un famoso asador cultural de Vigo

    por Redacción
    13 de Ene, 2026
    0

    Un coche acaba volcado (y entre arbustos) tras una salida de vía en Vigo

    Un coche acaba volcado (y entre arbustos) tras una salida de vía en Vigo

    por Redacción
    14 de Ene, 2026
    0

    La Xunta eleva su apuesta por Vigo con 5.300 viviendas: en Navia hay 900 «en marcha»

    Cuatro cooperativas se reparten 70 parcelas en Vigo para construir 140 viviendas en Navia

    por María Alonso
    14 de Ene, 2026
    0

    Vigo testea el tráfico en Gran Vía para avanzar en las rampas mecánicas: «Un sistema revolucionario de comunicación»

    Luz verde para «una obra histórica»: comienzan las nuevas rampas de la Gran Vía

    por Redacción
    15 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Impresionante Vialia
    Más Vigo

    Impresionante Vialia

    Esta es la impresionante vista del centro comercial Vialia, en la ciudad de Vigo, una fotografía tomada desde el Halo,...

    por Julio Alonso
    20 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    “A banda deseñada pode ser un lugar para escoitar a memoria”
    Libros

    “A banda deseñada pode ser un lugar para escoitar a memoria”

    Con motivo da publicación en novembro do volume recompilatorio das serie de cómic dedicada a Castelao, falamos co seu ilustrador,...

    por Octavio Beares
    18 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    Vigo acogerá el preestreno de ‘Rondallas’: día y sala para la película rodada en las Rías Baixas
    Opinión

    De la película «Rondallas» y del poder sanador de la comunidad

    Este diciembre pasado tuvimos la reunión de colaboradores de VigoE en un local de la zona vieja de Vigo. La...

    por Alba García Moreira
    14 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR