• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 1 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Universidade de Vigo non pecha a porta aos exames presenciais

    Os centros poderán realizar as probas finais da convocatoria de xullo se cumpren coas garantías sanitarias e legais
    Redacción por Redacción
    30 de Abr, 2020
    en Covid-19, Local
    0
    A Universidade de Vigo non pecha a porta aos exames presenciais

    Reunión telemática do Consello de Goberno da Uvigo.

    O Consello de Goberno da Universidade de Vigo decidiu non desbotar a posibilidade de que os centros poidan realizar exames de segunda oportunidade, ou finais da convocatoria de xullo, de xeito presencial a partir do mes de xuño. Acordado que os exames do segundo cuadrimestre sexan non presenciais, foi preciso un longo debate e unha votación, para que con 39 votos a favor se decidise optar, no caso dos exames finais, por deixar aberta unha porta á posibilidade de que os centros poidan solicitar esta modalidade, que será aprobada ou non polo Consello de Goberno. Fronte aos 39 votos que apoiaron a posibilidade de realizar exames presenciais, sempre e cando se cumpran por parte dos centros solicitantes as garantías legais e sanitarias, oito membros do Consello pronunciáronse a favor de rematar o curso sen exames finais presenciais.

    Este foi un dos acordos adoptados nunha sesión de sete horas na que o outro punto da orde do día que máis debate concentrou foi a aprobación dunha versión propia da cláusula Kent, que ten a finalidade de introducir unha “compensación” no caso de detectarse unha diminución significativa nos resultados académicos do alumnado correspondentes ao período de vixencia do estado de alarma e os correspondentes aos cursos anteriores. Aínda que o Consello de Estudantes da Universidade de Vigo (Ceuvi) defendía ao inicio do debate o modelo adoptado nas outras dúas universidades galegas, finalmente apoiou a proposta do equipo de goberno e na que se incorporaron achegas formuladas no debate, e que tamén foi aprobada por asentimento polo resto de membros do órgano de goberno. Non obstante, o voceiro de Ceuvi, Daniel Couto, avanzou a súa intención de trasladar este acordo á Consellería de Educación e mesmo a instancias xudiciais ante a posibilidade de que puidese resultar discriminatorio para o alumnado da institución académica viguesa.

    Na sesión celebrada este mércores, de xeito totalmente virtual, tamén se aprobou modificar o calendario académico do presente curso, ampliándoo en dúas semanas para a entrega de actas de xuño e xullo, ao tempo que se acordou que o equipo e goberno consultará a posibilidade de incluír a convocatoria fin de carreira nos estudos de mestrado. Os membros do Consello tamén deron luz verde ao calendario do vindeiro curso 2020-2021, que comprenderá do 1 de setembro do 2020 ao 31de agosto 2021, desenvolvéndose a actividade académica entre o 7 de setembro e o 26 de xaneiro de 2021 e do 27 de xaneiro ao 8 de xuño. A suspensión parcial da normativa de permanencia, para que non se apliquen os  artigos 5 e 8, cara ao procedemento de matrícula do vindeiro curso e así “evitar que ninguén perda da posibilidade de seguir os estudos por mor da crise”, como dixo o reitor, foi outra cuestión aprobada polo Consello de Goberno, no que tamén se presentou o Informe de Responsabilidade Social do ano 2018.

    A avaliación non presencial a debate
    No marco dun conxunto de actuacións previstas cara ao remate do curso ante a situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, moitas delas xa recollidas no Manual de urxencia para a docencia e a avaliación durante a COVID-19, o Consello de Goberno referendou cuestións como que cada centro poderá modificar o calendario de exames aprobado para cada unha das convocatorias pendentes do curso 2019/20 para adaptalo ao recollido nas modificacións que se efectúen nas guías docentes; así como outras relativas á realización das probas na contorna virtual coas debidas garantías; as garantías na revisión da probas ou a defensa dos traballos de fin de estudos e as prácticas en institucións e empresas, asunto este último sobre o que reitor volveu reiterar a “máxima flexibilidade e posibilidade de ler o TFG ou o TFM sen ter rematadas as prácticas”.

    A presencialidade nos exames finais da convocatoria de xullo foi a cuestión que xerou o primeiro dos dous grandes debates. Tras reiterarse que as probas de avaliación do segundo cuadrimestre non serán presenciais, a posibilidade de que no caso dos exames finais da convocatoria de xullo, se se dan as garantías legais e sanitarias necesarias a partir do 1 de xuño, os centros poidan solicitalo, centrou as intervencións dos e das defensoras e detractores desta medida. Así, se no primeiro caso, docentes como Jacobo Porteiro e Eva María Lantarón defenderon a presencialidade “porque é o futuro que vén e temos que a adaptarnos”, outros membros do Consello como o voceiro de Ceuvi, Daniel Couto, avogaron pola non presencialidade. Pola súa banda, o vicerreitor de Planificación e Sostibilidade, José Luis Míguez, incidiu en que “non se pode obrigar a ningún docente a facer exames presenciais, aínda que así o decida o centro”.

    Finalmente, con 39 votos a favor, o  Consello aprobou que as probas de segunda oportunidade se programarán para a súa realización de xeito presencial e a finais de maio, en base a criterios sanitarios, previo informe do Servizo de Prevención de Riscos Laborais, a Reitoría, indicará que posibilidade existe de facer un certo número de exames presenciais. Nese caso, o centro que desexe pasar exames á modalidade presencial, poderá solicitalo, sempre cumprindo aquelas garantías que se lle solicite. “A decisión final tomaraa o Consello de Goberno, convocado para avaliar a oportunidade de pasar a modelo presencial os exames solicitados polos centros”, engadiu o reitor, que tamén explicou que a Reitoría emitirá un informe previo sobre as posibilidades técnicas de cumprir os requirimentos legais.

    Unha versión de seu da cláusula Kent
    Aínda que o debate neste punto arrancou con dúas propostas diferentes, unha defendida polo equipo de goberno e a que lle incorporaron achegas xurdidas no debate, e outra por Ceuvi, finalmente o Consello de Estudantes asumiu os argumentos do equipo reitoral. Unha proposta “só para materias nas que haxa unha caída importante da nota, centralizada e automatizable”, asegurou o reitor, que a contrapuxo á adoptada na USC e na UDC, que asegura, “presentan dificultades no relato e na aplicación”. No debate previo, Daniel Couto incidiu na conveniencia de que se aplicasen as mesmas medidas nas tres universidades do SUG “para evitar desigualdades e que non esteamos en desvantaxe”. Pola súa banda, o director da EE Industrial lamentou que se presupoña que a avaliación non vai ser xusta e “que cómpre protexerse”, ao tempo que insistiu en que non se poden devaluar as titulacións. “Debemos ser éticos e responsables”, dixo Pardo Froján, mentres que Daniel Couto insistiu en que “cómpre ter mecanismos de corrección nunha situación así”, ao tempo que defendeu a súa legalidade.

    Finalmente o Consello aprobou a proposta do equipo de goberno á que se lle incorporaron suxestión realizadas ao longo do debate e que sinala que no caso de que se detecte unha diminución significativa entre os resultados académicos correspondentes ao período de vixencia do estado de alarma e os correspondentes a cursos anteriores nalgunha materia, e que puideran considerarse atribuíbles á situación xerada polo tránsito á docencia virtual, procederase a subir as cualificacións ata acadar unha situación semellante a cursos anteriores. A tal efecto consideraranse que os resultados son significativamente distintos cando á media dos cinco cursos anteriores menos dúas veces a desviación típica ou cando a porcentaxe de estudantes que aproben con respecto ao número total de alumnos sexa inferior á media dos cinco cursos anteriores menos dúas veces a desviación típica deste parámetro. “Esta é unha situación excepcional e creo que debe haber unha rede de seguridade e a nosa é unha proposta defendible”, asegurou Reigosa. Pola súa banda, Daniel Couto, tras confirmar o seu apoio á proposta do equipo de goberno, avanzou a súa intención de trasladala á Xunta e mesmo á vía xudicial ante posibilidade de que poida resultar un agravio comparativo, respecto da UDC e da USC, para o alumnado da Universidade de Vigo.

    43

    Tags: examesUVigo

    RelacionadosArtículos

    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature
    Local

    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature

    29 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    Ya hay fecha para las elecciones al Rectorado de la UVigo

    24 de Ene, 2026
    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado
    Local

    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado

    22 de Ene, 2026
    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina
    Local

    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina

    19 de Ene, 2026
    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real
    Local

    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real

    19 de Ene, 2026
    Investigadores de la UVigo buscar frenar el progreso de la artrosis y estimular la regeneración del tejido
    Local

    Investigadores de la UVigo buscar frenar el progreso de la artrosis y estimular la regeneración del tejido

    16 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    por Redacción
    30 de Ene, 2026
    0

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    «Pequeno busca fogar», de Fátima Rodríguez, segundo premio do I Certamen de Relatos de VigoÉ

    El modelo de turismo de la Navidad de Vigo se agota, según los datos de diciembre del INE

    por Redacción
    27 de Ene, 2026
    0

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    ROMPEPAGINAS A – 6

    MÁS VIGO

    Planeta Theremin
    Más Vigo

    Planeta Theremin

    La ciudad de Vigo esconde numerosos rincones sorprendentes. A través de esa puerta que se observa a la derecha de...

    por Julio Alonso
    31 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder
    Libros

    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder

    Ya tenemos aquí un nuevo año y con él han llegado unas cuantas novedades literarias. ¿Les echamos un vistazo? 1)...

    por Gabriel Romero de Ávila
    31 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    CAAN rescata a nove cachorros, dous de eles nunha fosa gandeira
    Opinión

    El maltrato animal denigra el alma humana y convierte a los humanos en monstruos cobardes y despreciables

    Por María M. Adeva Los seres humanos han basado su bienestar en el vil y cruel sometimiento y explotación de...

    por Cartas al Director
    24 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR