• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 9 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    covid-19

    A Universidade de Vigo estrea o pavillón do campus como sede para albergar exames

    Ao longo de todo o mes pasaran probas nestas instalacións preto de 1.800 alumnos e alumnas
    Redacción por Redacción
    11 de Ene, 2021
    en Covid-19, Local
    0
    A Universidade de Vigo estrea o pavillón do campus como sede para albergar exames

    Exames no pavillón da Uvigo, este luns. / Foto: DUVI

    As estritas medidas de seguridade fronte á Covid-19 fan necesario este ano incrementar os lugares dispoñibles para a realización de exames e, neste contexto, a Universidade de Vigo empregou este luns por primeira vez na súa historia as instalacións do pavillón de deportes do campus de Vigo para facer estas probas, unha medida que chega tras utilizarse con éxito este espazo o pasado verán nos exames da ABAU, Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade. Con esta medida búscase pór novos espazos á disposición dos centros e seguir incrementando as medidas de seguridade, evitando que a convocatoria oficial de exames do primeiro cuadrimestre, que arrancou hoxe, poida converterse nun foco de posibles contaxios.

    Os exames no pavillón arrancaron ás 10.00 horas coa proba de Matemáticas por parte do alumnado de  primeiro curso do Grao en Administración e Dirección de Empresas, na que participaron máis de 200 alumnos e alumnas. As seguintes serán xa o mércores 13 ás 15.00 horas coa materia Dirección de Recursos Humanos, de segundo curso deste mesmo grao, nas que están previsto participen arredor de 280 estudantes. En total ao longo de todo o mes examinaranse nestas instalacións deportivas preto de 1800 alumnas e alumnos do Grao en Administración e Dirección de Empresas, se ben esta cifra é posible que se incremente si se producen novas solicitudes de uso por parte dos centros.

    Segundo explicaron desde a Vicerreitoría de Planificación e Sostibilidade, a finais de novembro informouse á dirección de todas as escolas e facultades que tiñan ao seu dispor a posibilidade de solicitar estas instalacións para a realización dos exames e, ata o de agora, soamente Ciencias Económicas e Empresariais solicitou o seu uso para levar a cabo un total de sete exames de primeiro e segundo curso de ADE.

    Os exames do primeiro cuadrimestre deben rematar antes da finalización do primeiro cuadrimestre, o vindeiro día 29. Nesta ocasión, ademais das instalacións do pavillón universitario aquelas escolas e facultades do campus de Vigo que por mor da Covid-19 precisen máis espazo poderán dispor tamén nas próximas semanas de entre 140 e 150 prazas no edificio da rúa López Mora que albergaba o centro de informática de Caixanova e que agora é propiedade de Zona Franca. Trátase, segundo explicaba o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, o pasado sábado nunha visita a este edificio de garantir a seguridade da comunidade universitaria durante a realización das probas, evitando que os exames “poidan ser un foco de contaxio”. Neste senso, a Universidade atópase agora á espera das solicitudes que para a realización de exames nestas instalacións fagan os centros.

    Con respecto á posibilidade de realizar exames en liña, o reitor lembrou neste mesmo acto que a UVigo está preparada por si se produce unha situación sanitaria que esixa pasar os exames á modalidade telemática, tal e como se fixo o curso pasado, se ben, desde esta institución se considera que o ideal é a realización de probas presenciais, para o que resulta imprescindible contar con instalacións de gran tamaño tipo o propio pavillón de deportes ou os espazos do edificio de López Mora.

    43

    Tags: coronavirusCovid-19examesUVigo

    RelacionadosArtículos

    La UVigo y la USC, entre las 400 universidades más sostenibles del mundo, según el QS Sustainability Ranking
    Local

    La UVigo renuncia a crear una facultad de Medicina

    06 de Nov, 2025
    El vehículo autónomo de la UVigo y el CTAG se expande a la ciberseguridad
    local

    A UVigo celebra o Día da Ciencia en Galego co lanzamento do concurso de monólogos Gargallada Científica

    05 de Nov, 2025
    «Caballero no tiene ni voluntad ni ganas de hablar sobre los problemas reales que afectan a Vigo”
    Local

    Caballero anuncia un plan de 2,5 millones para rescatar viviendas en Vigo

    31 de Oct, 2025
    A Cátedra Feminismos 4.0 financia sete investigacións sobre a perspectiva de xénero
    Local

    A Cátedra Feminismos 4.0 financia sete investigacións sobre a perspectiva de xénero

    29 de Oct, 2025
    García Mateo espera ser la primera rectora de la UVigo para que la institución «pase de la improvisación a la solvencia»
    Local

    García Mateo espera ser la primera rectora de la UVigo para que la institución «pase de la improvisación a la solvencia»

    22 de Oct, 2025
    La catedrática Carmen García Mateo anuncia su candidatura al Rectorado de la UVigo tras postularse Belén Rubio
    Local

    La catedrática Carmen García Mateo anuncia su candidatura al Rectorado de la UVigo tras postularse Belén Rubio

    21 de Oct, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Visto bueno a la nueva superficie comercial de Vigo: 14.000 m2 en Navia con hipermercados y restauración

    por Redacción
    02 de Nov, 2025
    0

    La Xunta invierte para blindar el acceso a las playas de Vigo

    La Xunta invierte para blindar el acceso a las playas de Vigo

    por Redacción
    03 de Nov, 2025
    0

    Paso al frente de la Xunta para construir en Vigo un edificio de alojamientos compartidos y temporales

    Paso al frente de la Xunta para construir en Vigo un edificio de alojamientos compartidos y temporales

    por Redacción
    05 de Nov, 2025
    0

    Los querubines del Paseo de Alfonso preparan las maletas tras casi un siglo de espaldas a la ría

    Los querubines del Paseo de Alfonso preparan las maletas tras casi un siglo de espaldas a la ría

    por Redacción
    03 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    A la espera de alguna erupción
    Más Vigo

    A la espera de alguna erupción

    Esta fotografía muestra los conocidos volcanes ubicados al final de la Avenida de Castelao, en la ciudad de Vigo. Se...

    por Julio Alonso
    07 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    El teatro comunitario de Galicia se hace libro en Évame Oroza
    Libros

    El teatro comunitario de Galicia se hace libro en Évame Oroza

    La escena cultural de Vigo se prepara para acoger un evento que trasciende lo meramente editorial. Este sábado, 8 de...

    por Redacción
    07 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    La «salvaje» panorámica de la obra de Gol permitirá ver los primeros partidos del Celta desde el exterior
    Opinión

    Con el Mundial 2030 nos volveremos a equivocar

    "Esta grada de Tribuna, que está en azul, se retranquea unos 30 metros hacia afuera, es una gran bandeja con...

    por Fernando Torres Carbajo
    09 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR