• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 1 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Universidade de Vigo encara o inicio do curso dando a benvida ao seu novo alumnado

    A actividade académica arranca o luns 11 co inicio das clases
    Redacción por Redacción
    06 de Sep, 2023
    en Local
    0
    A Universidade de Vigo encara o inicio do curso dando a benvida ao seu novo alumnado

    O alumnado puido recibir información dos diferentes servizos. / Foto: DUVI

    O vindeiro luns 11 comezarán as clases nas diferentes facultades e escolas da Universidade de Vigo, pondo inicio ao curso 2023/2024, que esta semana se ve precedido polas xornadas de benvida dirixidas a achegar ao alumnado de novo ingreso información e asesoramento sobre os diferentes servizos que a institución académica pon a súa disposición.

    Tal e como informa o Diario da Universidade de Vigo, a primeira delas tivo lugar este martes no campus de Pontevedra, que estrea este curso a titulación de Deseño, o único novo grao que se incorpora á oferta do Sistema Universitario de Galicia. Mais de 500 estudantes achegáronse ata a Escola de Enxeñaría Forestal para participar nunha xornada dirixida a que o alumnado de novo ingreso poida, “nun mesmo espazo, coñecer todas as instalacións, servizos, unidades e áreas da Universidade”, como sinalou a vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade, Natalia Caparrini.

    Nese senso, a vicerreitora lembra que as diferentes facultades e escolas promoven nestes días diferentes actos de benvida, nos que se lles dá información “sobre horarios, planes de estudos ou organización docente”, mentres que estas xornadas permítenlles asesorarse sobre cuestións como bolsas, mobilidade, deportes, asociacionismo, igualdade, biblioteca ou a tarxeta universitaria.

    O novo Grao en Deseño, principal novidade

    Con 3.839 prazas de novo ingreso para o alumnado de grao, a UVigo inicia o curso 2023/2024 coa novidade da posta en marcha do Grao en Deseño, que terá como sede o edificio administrativo da Xunta de Galicia en Benito Corbal. Trátase, como lembra o vicerreitor de Titulacións e Innovación Docente, Alfonso Lago, dun grao que “espertou moito interese”, como amosa o feito de que, explica, “na preinscrición había 61 solicitudes de primeira opción para as 45 prazas, cunha lista de espera de 91 persoas”.

    No referido aos mestrados, a UVigo estrea no presente curso catro novas titulacións, ofertando nos tres campus un total de 1704 prazas de máster de novo ingreso. Entre as novidades figura a posta en marcha do máster en Aeronáutica, na Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense. Tamén comezarán a impartirse tres mestrados de carácter interuniversitario, dous deles pertencentes ao catálogo Galicia 2030, os mestrados de Xestión Sostible da Auga e Fabricación Aditiva; aos que se suma o Mestrado Universitario en Ciencia e Tecnoloxía de Información Cuántica, compartido polas tres universidades galegas.

    Así mesmo, neste curso 2023/2024 tamén se pon en marcha no novo doutoramento en Nanciociencia e Biomedicina, vinculado ao Cinbio. En total, a UVigo oferta 535 prazas de novo ingreso para alumnado de doutoramento.

    Información, música e agasallos

    A Escola de Enxeñaría Forestal acolleu este martes a primeira destas xornadas de benvida, onde o alumnado de novo ingreso puido coñecer as actividades e servizos da Área de Benestar, Saúde e Deporte, a Unidade de Igualdade, a Área de Normalización Linguistica, a Área de Emprego ou Emprendemento ou o Centro de Linguas, entre outros. Como novidade, explicou Caparrini, a actividade contou neste curso coa participación do Servizo de Posgrao, así como da Escola Aberta de Formación Permanente, co obxectivo de abrirse non só ao novo estudantado de grao, senón tamén de mestrado ou doutoramento.

    Xunto a Caparrini, á xornada asistiron tamén as vicerreitoras do campus de Pontevedra, Eva María Lantarón; de Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama; e de Internacionalización, Maribel del Pozo. Ademais dos postos das diferentes áreas e servizos, tamén participaron nesta actividade asociacións como UVigo SpaceLab, Asaexs ou ESN. Ademais de información o alumnado foi tamén recibido con agasallos, flocos de millo e música. A xornada contou así mesmo coa actuación da Aula Permanente de Música Tradicional Galega do Campus, que nestes días mantén aberta a inscrición para o presente curso, nesta semana para as e os integrantes da comunidade universitaria e as persoas que xa tomaron parte na actividade o pasado curso, para abrirse xa a vindeira, de quedar vacantes, ao conxunto da cidadanía.

    Entre os centos de estudantes que visitaron a EE Forestal e que a vindeira semana comezarán a súa etapa formativa na UVigo atopábanse María López, Laura Prado e Carla Gándara, procedentes do IES As Lagoas de Ourense e novas alumnas do Grao en Comunicación Audiovisual. “En Pontevedra, a carreira está máis dirixida ao cine e iso era algo que buscabamos as tres”, sinala López, que recoñece os nervios que implican estes primeiros días na universidade. Mais ao mesmo tempo, como engade Gándara, tamén recoñecen ter gañas “de comezar as clases e ver como e a experiencia», á vez que valoran o positivo destas xornadas “para informarnos un pouco máis dos servizos da Universidade”.

    Este mércores, estas xornadas de benvida desenvolveranse no pavillón de deportes do campus de Ourense entre as 10.00 e as 14.00 horas e, nese mesmo horario, celebraranse o xoves no pavillón do campus de Vigo. Así mesmo, a Universidade acollerá este venres, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, o acto solemne de apertura do curso académico nas universidades galegas.

    43

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature
    Local

    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature

    29 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    Ya hay fecha para las elecciones al Rectorado de la UVigo

    24 de Ene, 2026
    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado
    Local

    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado

    22 de Ene, 2026
    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina
    Local

    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina

    19 de Ene, 2026
    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real
    Local

    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real

    19 de Ene, 2026
    Investigadores de la UVigo buscar frenar el progreso de la artrosis y estimular la regeneración del tejido
    Local

    Investigadores de la UVigo buscar frenar el progreso de la artrosis y estimular la regeneración del tejido

    16 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    por Redacción
    30 de Ene, 2026
    0

    «Pequeno busca fogar», de Fátima Rodríguez, segundo premio do I Certamen de Relatos de VigoÉ

    El modelo de turismo de la Navidad de Vigo se agota, según los datos de diciembre del INE

    por Redacción
    27 de Ene, 2026
    0

    Primera sentencia en Galicia contra un banco por suplantación de identidad a una clienta

    Piden que Abanca devuelva a Vigo lo que Vigo le dio y ceda el uso de 200 viviendas vacías

    por Redacción
    28 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    ROMPEPAGINAS A – 6

    MÁS VIGO

    Planeta Theremin
    Más Vigo

    Planeta Theremin

    La ciudad de Vigo esconde numerosos rincones sorprendentes. A través de esa puerta que se observa a la derecha de...

    por Julio Alonso
    31 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder
    Libros

    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder

    Ya tenemos aquí un nuevo año y con él han llegado unas cuantas novedades literarias. ¿Les echamos un vistazo? 1)...

    por Gabriel Romero de Ávila
    31 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    CAAN rescata a nove cachorros, dous de eles nunha fosa gandeira
    Opinión

    El maltrato animal denigra el alma humana y convierte a los humanos en monstruos cobardes y despreciables

    Por María M. Adeva Los seres humanos han basado su bienestar en el vil y cruel sometimiento y explotación de...

    por Cartas al Director
    24 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR