• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 17 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A sede da Deputación en Vigo cumpre un ano “histórico” con máis de cen eventos e actividades

    O edificio da Rúa Chao xa prepara unha intensa programación para 2021. “É unha referencia de participación social, cultural e de promoción do talento na cidade”, di Carmela Silva
    Redacción por Redacción
    28 de Ene, 2021
    en Local
    0
    A sede da Deputación en Vigo cumpre un ano “histórico” con máis de cen eventos e actividades

    Carmela Silva fixo balance do primeiro ano este xoves. / Foto: Deputación de Pontevedra

    A nova sede da Deputación de Pontevedra en Vigo cumpre este domingo o seu primeiro aniversario “convertida xa nunha referencia social, cultural e de promoción do talento na cidade”, e será escenario dun gran abano de actividades tamén neste 2021. Así o subliñou este xoves a presidenta da institución, Carmela Silva, que cualifica de “histórico” o balance destes doce meses nos que o edificio da Rúa Eduardo Chao acolleu máis de cen actos de todo tipo, desde exposicións a festivais, lanzamento de proxectos, presentacións editoriais, entregas de premios, cursos presenciais e  on line, obradoiros e xornadas, a pesar da difícil situación sanitaria, que obrigou a pechar a sede no confinamento e a reaxustar numerosas accións. A presidenta da Deputación avanzou que neste segundo ano que agora comeza “despregarase tamén unha intensísima programación con moitas máis accións que xa estamos a preparar e anunciaremos moi pronto”.

    Carmela Silva destacou que “a sede, neste edificio cedido polo concello de Vigo, está plenamente integrada na vida diaria da cidade. Conta con todos os servizos administrativos para que a veciñanza faga os seus trámites sen saír da cidade, da apoio ás persoas emprendedoras, e acolle actividades da Deputación. Pero sobre todo é un centro de cultura, de participación social, de actos e debate de ideas en distintos sectores, de defensa e traballo pola igualdade, e de promoción do emprego, a educación, o deporte, a innovación e o talento.

    A pesares do impacto da Covid-19 na axenda prevista, a sala de exposicións Rosalía de Castro da sede tivo actividade regular este primeiro ano con cinco exposicións: ‘Sempre marzo’, ‘8M. A palabra empoderada das mulleres’, ‘Materiais para pensar, gozar e profanar’ con obra plástica de María Xosé Queizán, ‘Redeiras’ de Darío Basso, e ‘A viaxe da miña vida’ de Down Vigo. A presidenta da Deputación resaltou o compromiso coa cultura e a igualdade tanto nas exposicións como nas demais actividades da sede. Entre os actos culturais citou os obradoiros literarios da Escola de Letras así como a celebración do Día das Escritoras cunha lectura pública a cargo de autoras e autores e outras figuras destacadas do mundo da cultura. Ao respecto da Escola de Letras, proxecto realizado en colaboración coa Editorial Galaxia, a máxima responsable da institución sinalou que a iniciativa continuará este ano na sede con dous novos obradoiros.

    Ademais, o edificio da Rúa Chao acolleu a presentación de ata cinco novidades editoriais en galego, a batalla mural de arte urbano, o lanzamento da marca Rías Baixas Film Fest, a Pasarela do Traxe Galego, o ciclo “Outra mirada de cine”, ou o Festival do Talento Feminino, entre outros eventos. “Na fachada da sede poden ver tamén o espléndido mural ‘Redeiras’ de Darío Basso, outra mostra do noso compromiso coa cultura e a igualdade”, explicou a presidenta da institución.

    A sede tamén foi escenario da presentación da plataforma “Descubre-As”, de apoio ás mulleres artistas e estudantes de música para visibilizar o seu talento. “É un proxectazo que naceu aquí, en Vigo”, gabou Silva. Tamén en materia de igualdade presentouse a web ‘Sereas’ na xornada de Fundamar sobre o papel da muller no sector pesqueiro e marisqueiro; e celebrouse a sinatura co reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, para dar continuidade á Cátedra Feminismos 4.0. O vindeiro 11 de marzo, avanzou Carmela Silva, haberá unha nova acción na sede vencellada a este proxecto académico pioneiro na investigación con perspectiva de xénero.

    A Escola María Vinyals celebrou a xornada ‘Libres? Cousificación do corpo das mulleres’, con recoñecidas ponentes, e na sede entregáronse os premios Sofía Novoa da edición 2020. O 8M veu precedido dunha batería de actos a prol da igualdade, a sede iluminouse o 25N fronte á violencia contra as mulleres, e en decembro presentouse nela a campaña de xoguetes non sexistas da Deputación. “Foi unha intensísima actividade en materia de igualdade e queremos promovela desde as idades máis temperás”, comentou Silva.

    Promoción do talento artístico
    Unha das características dos eventos da Deputación é a promoción do talento artístico con actuacións musicais, recitais poéticos, performances, teatro e outras manifestacións. “Enorgullécenos ser un escaparate para artistas mozos e mozas. Encántanos darlles espazo e imos seguir promocionando o talento nas nosas accións, sobre todo o feminino”, destaca a máxima responsable da institución. Natary Feel, Tanxugueiras, Paulinha ou Coro Allegro son algunhas das artistas que deron cor coa súa música a estes actos. “Esta é a sede das mulleres, da igualdade, da loita máis fermosa que existe”, afondou.

     No ámbito social o edificio conta cun novo Regulamento de utilización das instalacións e espazos para que os colectivos que traballen no eido social, cultural, sanitario, educativo ou de calquera outra índole de interese público poidan solicitar espazo e realizar actividades. Este foi o caso de Aedipe, Afaga ou Feafes Vigo, cun coloquio no marco do 25N. “Esta sede está a disposición de todas aquelas entidades que traballen pola cidade. Temos as portas abertas para que a xente entre”, explicou a presidenta da institución. Ademais organizáronse os cursos de español para inmigrantes, que esgotaron as súas prazas. Esta iniciativa, coa que os e as participantes preparan o DELE A2, imprescindible para obter a nacionalidade española, volverá á sede con dúas novas edicións este ano. Por outra parte, celebráronse entrevistas do programa Labora 2020, promovido pola Deputación para a mellora da formación das persoas en situación de desemprego.

    O apoio ás persoas emprendedoras foi unha constante. “É unha prioridade para nós apoiar os novos proxectos porque hai grandes ideas e moitas gañas de levalas a cabo”, sinalou Carmela Silva, quen puxo como exemplo a calidade dos dous showrooms empresariais realizados o ano pasado, o primeiro en febreiro e o segundo no marco da Aceleradora de Comercio de SmartPeme.

    47 cursos e asesoramento a 157 empresas
    Precisamente SmartPeme, o servizo da Deputación que da apoio ás persoas autónomas e emprendedoras no ámbito das novas tecnoloxías, desenvolveu  unha intensa actividade na oficina da sede de Vigo. En 2020 fixo 731 asesoramentos a 157 empresas e organizou 47 talleres e cursos online nos que participaron 900 persoas.

    “Son cifras moi potentes que mostran tanto o dinamismo das emprendedoras e emprendedores como o noso forte apoio ao sector empresarial nun momento ademais moi complexo no que as TIC son máis importantes que nunca, porque é a tendencia e porque a situación sanitaria fixo que gran parte da actividade das autónomas, autónomos e pemes se canalice a través de internet e as redes sociais”, detallou Carmela Silva.

    Apoio ao sector turístico
    O punto SmartPeme incorporou ademais a unha asesora de turismo en maio para reforzar a liña TurisTIC na zona de Vigo. Tamén en materia de turismo a Deputación organizou na sede a terceira xornada TurisTIC coa participación do Clúster de Turismo, o Clúster TIC Galicia e destacadísimos ponentes que aportaron ideas sobre o futuro do sector. “TurisTIC é xa unha referencia como punto de encontro e debate do sector turístico”, sinalou Silva, para recordar que a sede acolleu charlas para que as empresas turísticas tramiten, co asesoramento da institución, o selo de calidade SICTED.

    No ámbito empresarial, a sede acolleu ademais o acto de entrega de premios da Asociación de Xoves Empresarios de Vigo, no que se recoñeceron novidosos proxectos de emprendedoras e emprendedores da cidade.

    A degustación de produtos das Rías Baixas coa colaboración do CIFP Manuel Antonio, a presentación do equipo do Club Ciclista Rías Baixas, ou a apertura do curso académico de Radio ECCA foron outros dos eventos que acolleron as instalacións de Vigo en distintas materias. “Son  moitísimos actos culturais, sociais, empresariais, educativos, e de participación cidadá nun ano moi complicado, e que foron en paralelo á actividade administrativa da sede”, engadiu a presidenta.

    Rexistro e ORAL
    O persoal da oficina de Vigo atende  presencialmente con cita previa, con todas as medidas de seguridade fronte á Covid, e tamén telefonicamente, ás veciñas e veciños nos seus trámites coa Deputación.  No ano 2020  o número de Rexistros de entrada na sede foi de 2.390, e no caso do ORAL, o servizo de xestión de tributos municipais, pasaron pola sede 1.655 persoas.

    “A toda esta actividade da sede neste primeiro ano súmanse os recursos da Deputación para Vigo. O carril bici, o 50% das obras no estadio de Balaídos, a humanización da Estrada Provincial, a UNED, o Vigo Sea Fest, os eventos deportivos, os pavillóns de Quirós e Romil, e moitísimas máis accións”, explicou a presidenta da institución, quen agradeceu a súa colaboración ao Concello de Vigo, para rematar: “Vigo conta para a Deputación e esta sede ule a cultura, a igualdade, transparencia, prestación de servizos, apoio ao talento… a todo aquelo que lle correspondía á cidade”.

    43

    Tags: Aniversariocalle Eduardo ChaoDeputación de Pontevedra

    RelacionadosArtículos

    A Deputación alíase coa IA para blindar a calidade do turismo en Rías Baixas
    Actualidad

    A Deputación alíase coa IA para blindar a calidade do turismo en Rías Baixas

    12 de Nov, 2025
    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Local

    Vigo desde el cielo: 80 años del Vuelo Americano que retrató la ciudad por primera vez

    10 de Nov, 2025
    La Diputación aprueba los presupuestos más altos de su historia, 238,6 millones de euros
    Actualidad

    La Diputación aprueba los presupuestos más altos de su historia, 238,6 millones de euros

    07 de Nov, 2025
    El Mercado Reciclado celebra otra edición en Vigo con ropa, artesanía, comida vegana y música
    Moda

    A Morada se viste de fiesta

    03 de Nov, 2025
    Mejoras para una carretera que cruza Vigo desde O Calvario hasta A Garrida
    Local

    Mejoras para una carretera que cruza Vigo desde O Calvario hasta A Garrida

    02 de Nov, 2025
    Local

    Caballero exige «ya» más millones a Xunta y Diputación para el estadio de Balaídos

    30 de Oct, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La Avenida de Madrid se hunde y atrapa a un bus con pasajeros

    La Avenida de Madrid se hunde y atrapa a un bus con pasajeros

    por Redacción
    16 de Nov, 2025
    0

    Vigo arranca la Navidad en el planeta tras un homenaje a la tragedia de Valencia

    Desvelado el aforo máximo y la hora del encendido de las luces de Navidad de Vigo

    por Redacción
    11 de Nov, 2025
    0

    Una excavadora tira parte de su vivienda en el centro de Vigo: «Quieren que me largue de aquí»

    Una excavadora tira parte de su vivienda en el centro de Vigo: «Quieren que me largue de aquí»

    por Redacción
    10 de Nov, 2025
    0

    Cortada la AP9 entre Vigo y O Porriño al arder el remolque de un camión cargado con langostinos

    Cortada la AP9 entre Vigo y O Porriño al arder el remolque de un camión cargado con langostinos

    por Redacción
    14 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    La Artística, ejemplo del patrimonio industrial vigués perdido
    Más Vigo

    La Artística, ejemplo del patrimonio industrial vigués perdido

    La empresa La Artística fue fundada por uno de los grandes capitanes que tuvo Vigo en el siglo XX, como...

    por Fernando Torres Carbajo
    16 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    Los cuentos que jubilan a Frozen y Spiderman (y los cambia por redeiras y percebeiras) se presentan en Vigo
    Libros

    Los cuentos que jubilan a Frozen y Spiderman (y los cambia por redeiras y percebeiras) se presentan en Vigo

    La autora viguesa Alexandra Touza presentará este viernes ,14 de noviembre, en la UNED de Vigo con su colección Cuentos...

    por David Augusto
    13 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    La «salvaje» panorámica de la obra de Gol permitirá ver los primeros partidos del Celta desde el exterior
    Opinión

    Con el Mundial 2030 nos volveremos a equivocar

    "Esta grada de Tribuna, que está en azul, se retranquea unos 30 metros hacia afuera, es una gran bandeja con...

    por Fernando Torres Carbajo
    09 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR