• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    jueves, 5 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A gran noite do turismo de Vigo pon en valor “a forza, a maxia e capacidade” do destino Rías Baixas

    Carmela Silva subliña que “vivimos nun lugar privilexiado e con moitas potencialidades para as novas demandas” durante un evento que contou coa actuación de Tanxugueiras
    Redacción por Redacción
    18 de Mar, 2022
    en Local
    0
    A gran noite do turismo de Vigo pon en valor “a forza, a maxia e capacidade” do destino Rías Baixas

    Tanxugueiras, durante su actuación en la gala de Turismo Rías Baixas. / Foto: Deputación de Pontevedra

    “Temos demostrado unha grande fortaleza para enfrontarnos a retos que nin imaxinábamos”. Con estas palabras, unha emocionada Carmela Silva enxalzou o destino turístico de Rías Baixas na Gala Provincial de Turismo, na gran noite do turismo en Galicia, conducida pola actriz Jazmín Abuín.

    A presidenta da Deputación, xunto ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, alcaldesas e alcaldes e representantes do sector turístico, da cultura e da sociedade da provincia déronse cita esta tarde nun ateigado Mar de Vigo no que se concentraron preto de 350 persoas para enxalzar a “forza”, a “maxia” e a “capacidade” do destino Pontevedra Provincia. Neste evento audiovisual, no que o público vibrou coa música de Tanxugueiras e co espectáculo de vertixe, de son, iluminación e acrobacias de Pablo Méndez, presentouse a campaña ‘Love Rías Baixas‘, nomeouse á Ruta do Viño Rías Baixas como nova embaixadora da provincia e entregáronse os distintivos SICTED ás 163 novas empresas de 27 concellosque veñen de conseguir esta acreditación de calidade.

    “Temos un lugar privilexiado, con moitas potencialidades para responder ás novas demandas turísticas, á vangarda da dixitalización e cohesionado, recoñecido, ben coidado e promocionado, con atención de calidade, interconectado, moderno e competitivo” presumiu Carmela Silva enriba dun escenario, con pantalla curva de 17 metros de longo na que se visualizaron os atractivos turísticos da provincia. Precisamente por todos estes motivos asegurou que “estamos en boa posición para ser unha referencia turística a escala galega, estatal e internacional. Temos forza para seguir crecendo e capacidade para facelo”.

    A presidenta resaltou a “fortaleza” do destino e afirmou que “seremos capaces de superar as dificultades para seguir sendo un sector forte e con garra, traballando xuntas e xuntos para tomar medidas que permitan superar as incertezas, os temores, a inflación ou os gastos enerxéticos que dificultan o progreso económico”. Carmela Silva non esqueceu o contexto no que se atopa o mundo ante a invasión de Ucraína. “Mantemos unha forma de estar no mundo onde a hospitalidade vénnos de nacemento –recordou a presidenta para facer chegar a solidariedade da provincia ao pobo ucraíno-.

    A campaña ‘Love Rías Baixas’ leva por símbolo un corazón que representa os nosos valores como pobo aberto, acolledor e solidario. As mulleres e homes de Ucraína contan co noso apoio. Desexamos que máis pronto que tarde poidan reconstruír a súa vida en paz”. Foi nese momento cando o corazón vermello de “Love Rías Baixas” transformouse na pantalla nun grande e vibrante corazón coas cores azul e amarelo da bandeira ucraína.

    Na súa intervención, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, tamén presumiu de recursos turísticos e lembrou dende o Nadal ata as “Illas Cíes, a festa da Reconquista, as festas, gastronomía, o desenvolvemento cultural, cidade de cor, un Vigo distinto”. Abel Caballero remarcou que a cidade “estase constituíndo no proxecto de turismo emerxente máis importante de Europa” e amosou a vontade de “seguir implicándonos para atraer máis e máis visitantes á cidade. Vigo é xa unha grande cidade turística e esta é a pata económica que nos faltaba”.

    As actuacións de Tanxugueiras e Pablo Méndez Performance

    Olaia e Sabela Maneiro e AidaTarrío, xunto a Iago Pico e IsaacPalacín, que recordaron a estreita relación entre o grupo e a Deputación -que leva apostando e contando con elas dende fai tempo a través do seu programa Musigal- foron as encargadas de abrir coa peza ‘Midas’ nunha gala na que tamén interpretaron ‘Figa’ e o himno ‘Terra‘, que puxo o colofón ao evento ante un auditorio entregado.

    Sen alento deixou tamén ao públicoo espectáculo de Pablo Méndez centrado na auga como fío argumental para poñer en valor o mar, as rías e ríos da provincia e para cuxa montaxe foi necesaria unha grúa de máis de cinco metros. O equipo de Méndez burlouse das alturas con movementos acrobáticos e voos de media ducia de persoas sobre unha enorme burbulla –que emulaba unha gota de auga- e un gran paraugas suspendidos sobre o escenario,  mentres na pantalla se proxectaban imaxes do mar embravecido e pegadas nos ríos.

    O éxito do destino Pontevedra Provincia é un traballo colectivo

    Xunto aos recursos do destino, o sector turístico tivo tamén un papel fundamental na gala, cun audiovisual propio para “enxalzar o seu bo facer”. “O éxito deste destino é un traballo colectivo -remarcou a presidenta- e nós somos a provincia con máis distintivos SICTED de España”. Neste contexto, foron galardoadas as 163 entidades que acadaron este ano o diploma de calidade do SICTED e aproveitouse para poñer en valor a súa profesionalidade, “clave na experiencia das viaxeiras e viaxeiros e que con máis de 300 empresas da provincia adheridas supuxo que Rías Baixas fose escollido en Fitur como o mellor destino de calidade de todo o Estado”.

    Ademais, durante a gala, a Deputación tamén nomeou nova Embaixadora Rías Baixas á Ruta do Viño Rías Baixas, que obtivo en Fitur o recoñecemento á mellor Ruta de Viño de España. “Este ano –asegurou a presidenta- as nosas embaixadoras e embaixadores serán todas as empresas que forman parte da Ruta. Creo que é un xusto recoñecemento e que non poderíamos ter mellores representantes porque temos na provincia un potente sector do viño, moi internacionalizado, que soubo unir calidade con experiencias turísticas. Ideas así son as que nos fan avanzar”.

    O presidente da Ruta do Viño, Juan Gil, tamén incidiu no potencial do enoturismo “con enormes posibilidades de crecemento”.Cheo de orgullo agradeceu á Deputación este recoñecemento. “Estase a recoñecer o traballo de moita xente: adegueiras, viticultoras, concellos, museos, restaurantes e hoteis. A todas elas o meu agradecemento e felicitación”. Tamén aproveitou para recordar o traballo que desenvolve a diario a Ruta para “aumentar o número de visitantes, mellorar a calidade da oferta e atractivo das instalacións, a formación do persoal e crear un ambiente favorable ao desenvolvemento do turismo de calidade, o que permitirá impulsar un turismo atractivo, sostible e capaz de xerar riqueza e distribuíla entre a poboación do territorio no que nos asentamos”.

    Love Rías Baixas

    Na gala proxectouse o audiovisual ‘Love Rías Baixas. Unha historia de amor coa provincia de Pontevedra‘, co que a Deputación está a promover a provincia neste 2022. A través das e dos seus protagonistas Mari Hashimoto (de Osaka, Xapón), KateSinger (de Chicago, EUA), Perret e Diego Ríos (de Santiago, Chile), KevinWeatherill (de Rocher, Inglaterra), Virgina Gil (de Aranda de Duero, España), DanielaSavic (Eslovenia), Violeta Mi Tan (Shanghai, China) e Saliou Ndongo (Senegal), repasáronse diferentes recursos de Pontevedra Provincia.

    43

    Tags: Auditorio Mar de VigoDeputación de PontevedraTurismo

    RelacionadosArtículos

    Local

    Caballero sigue reclamando fondos para reformar Balaídos pero «no ha enviado ni un papel»

    04 de Feb, 2026
    La reurbanización del centro de Arcade ya tiene quien la aborde por un millón de euros
    Comarcas

    La reurbanización del centro de Arcade ya tiene quien la aborde por un millón de euros

    03 de Feb, 2026
    Tras ‘inventar’ la Navidad, Vigo pone el foco en un nuevo objetivo
    Local

    Caballero niega el bajón del turismo de la Navidad de Vigo en base al impacto digital en redes sociales

    02 de Feb, 2026
    Nuevo impulso al astroturismo: San Nomedio obtiene la certificación Paraje Starlight
    Actualidad

    Nuevo impulso al astroturismo: San Nomedio obtiene la certificación Paraje Starlight

    30 de Ene, 2026
    «Pequeno busca fogar», de Fátima Rodríguez, segundo premio do I Certamen de Relatos de VigoÉ
    Local

    El modelo de turismo de la Navidad de Vigo se agota, según los datos de diciembre del INE

    27 de Ene, 2026
    La Diputación muestra con calma las experiencias ´slow’ de las Rías Baixas en Fitur
    Actualidad

    La Diputación muestra con calma las experiencias ´slow’ de las Rías Baixas en Fitur

    22 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    por Redacción
    30 de Ene, 2026
    0

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    Primera sentencia en Galicia contra un banco por suplantación de identidad a una clienta

    Piden que Abanca devuelva a Vigo lo que Vigo le dio y ceda el uso de 200 viviendas vacías

    por Redacción
    28 de Ene, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Del Vigo de la Navidad al Vigo de la lluvia
    Más Vigo

    Del Vigo de la Navidad al Vigo de la lluvia

    En tan solo un mes, Vigo ha pasado de ser la ciudad de la Navidad a ser la ciudad de...

    por Julio Alonso
    04 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    La izquierda nos mete un buen bocado a la libertad de expresión
    Opinión

    La izquierda nos mete un buen bocado a la libertad de expresión

    Entre el 2 y 5 de Febrero se "iban" a celebrar en la capital hispalense la XI edición de "Letras en...

    por Fernando Torres Carbajo
    03 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR