• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 25 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Deputación programa unha veintena de actividades para un 8M «brutal de igualdade»

    O Pazo acollerá o acto central o venres 6 cunha “espectacular e rompedora instalación que fala de mulleres libres e da nosa sororidade contra os negacionistas”
    Redacción por Redacción
    27 de Feb, 2020
    en Local
    0
    A Deputación programa unha veintena de actividades para un 8M «brutal de igualdade»

    Unha “espectacular e rompedora” instalación “con mensaxes que non deixarán a ninguén indiferente, que falará de mulleres poderosas e libres, e da nosa sororidade contra os negacionistas”, protagonizará o acto central que a Deputación de Pontevedra celebrará para conmemorar este ano o 8M. Así o anunciou hoxe a presidenta, Carmela Silva, quen avanzou esta iniciativa na presentación da extensa programación que a institución provincial vai desenvolver ao longo de todo o mes de marzo, e que este 2020 leva o lema “Por nós, por todas”.

    Tras amosar a súa “indignación” polos crimes machistas sucedidos nas últimas horas, que poderían elevar a catorce _se se confirma o último caso ocorrido en Madrid_ o número de mulleres asasinadas no que vai de ano, Carmela Silva deu a coñecer as máis de vinte actividades da programación de igualdade para marzo, que se desenvolverán en Pontevedra, Vigo e outras localidades da provincia, entre as que figuran “exposicións, proxeccións cinematográficas, encontros de mulleres, accións artísticas, encontros literarios e accións de denuncia artística e reivindicación entre outras moitas”. “É unha enorme e longa actividade, coas mulleres protagonistas na provincia de Pontevedra ao longo dos 31 días do mes”, destacou a presidenta, que estivo acompañada das deputadas de Igualdade, Isaura Abelairas; Turismo, Ana Laura Iglesias e Medio Ambiente, Iria Lamas.

    Explicou máis detidamente que o citado acto central que terá lugar o 6 de marzo en Pontevedra terá dúas partes. En primeiro lugar, despregarase da balconada do Pazo Provincial unha lona co lema “Por nós, por todas”, “que vestirá a fachada durante todo o mes de marzo”. Ao igual que en Pontevedra, a sede da Deputación en Vigo tamén contará con esta lona.

    E, seguidamente, o hall do Pazo será escenario dunha instalación que levará por título “A fortaleza da razón”, baixo a dirección artística de Irene Silva. “Vai ser unha instalación sorprendente, vangardista, dinámica e con mensaxes que non deixarán a ninguén indiferente”, subliñou a presidenta, quen tamén destacou que todos os actos programados “terán un marcado carácter cultural, porque na Deputación de Pontevedra cremos profundamente no poder transformador da arte e da cultura e apostamos de forma inequívoca como canle de achegamento á sociedade. Cultura e igualdade van da man, co obxectivo de transformar a sociedade en que vivimos”.

    Como engadiu Carmela Silva, as actividades iniciaranse o vindeiro luns 2 de marzo, coa apertura ás 12 horas da exposición “Rompe. Xoga en igualdade” en Tui. A mostra poderase visitar no edificio Área Panorámica ata o 14 de abril.

    Camelias María Vinyals

    Ao día seguinte, o 3 de marzo, está prevista unha das actividades máis novidosas, a plantación de camelias “María Vinyals” no Castelo de Soutomaior (12 horas). A presidenta da institución provincial explicou que a Deputación vai rexistrar esta nova camelia desenvolvida na Estación Fitopatolóxica de Areeiro e cuxa cor “ten unha simboloxía moi potente”. “É unha flor dobre formal, con multitude de pétalos e sen estames _indicou_. Predomina a cor vermella, e precisamente María Vinyals era coñecida como a marquesa vermella, pero cando está completamente aberta, vira a cor lila lavanda; as miradas lilas que tanto precisa a sociedade. Unha cor relacionada co movemento feminista, do que Vinyals foi precursora hai 100 anos”.

    Esta iniciativa será ampliada posteriormente, como engadiu Silva, con futuras plantacións no espazo que se ten reservado no Castelo para crear un xardín de camelias con nome de muller. “Nel, amais desta María Vinyals, iremos plantando camelias como a Rosalía de Castro, a Bella Otero, ou Jane Andresen, a poeta portuguesa que viviu na Quinta do Campo Alegre, hoxe Xardín Botánico de Porto, onde reuniu unha importante colección e moitas delas son o reservorio de camelias europeas que se houberan perdido se esta muller non as conservara _apuntou_. E iremos bautizando futuras camelias con nomes de muller”. Deste xeito, convocaranse tamén a grupos de escolares para que visiten Soutomaior “e veñan plantar camelias cun claro obxectivo, plantar igualdade coa mocidade”.

    Nesa mesma xornada, o 3 de marzo, inaugurarase a mostra “Sempre Marzo”, coas obras do libro coordinado por Yolanda Castaño, na sede da Deputación en Vigo (20 horas), nun acto que estará amenizado cun recital poético a cargo da propia Yolanda Castaño, e tamén con Helena Villar e María Lado.

    O día 4 desenvolverase na sede da Deputación en Vigo o espectáculo “Literarias” (20 horas). Carmela Silva explicou que este proxecto “é un diálogo entre os diferentes xéneros literarios que pon en valor a literatura escrita por mulleres desde unha perspectiva de xénero” e está deseñado por tres referentes da cultura galega. Neste senso, está protagonizado por Mariana Carballal (actriz e directora docente no ámbito do audiovisual), Isabel Blanco (narradora e poeta) e Silvia Penas (poeta e performer). As dúas últimas autoras estiveron na presentación da programación da Deputación para avanzar algunhas pinceladas desta acción, que xunta, como sinalou Penas, “o xénero narrativo, o dramático, o poético nunha posta en escena que non se pode explicar, ás veces é un recital, unha performance, unha lectura dramatizada e con elementos de moitos ámbitos. O que nos xunta, amais dunha loita común co feminismo, é que os textos están traballando a perspectiva de xénero nos distintos ámbitos”. Tanto ela como Isabel Blanco leron no acto algúns dos seus propios textos.

    Despois deste espectáculo, tamén na cidade de Vigo se celebrará entre o 5 e o 9 de marzo un ciclo de cinema, baixo o título “Outra Mirada de Cine”. As proxeccións terán lugar na sala Dorotea Bárcena da sede da institución provincial, ás 20 horas, e os filmes que se exhibirán son “Ouaga girls”, “Visións” e “Un home mellor”.

    Trala celebración, o día 6, do acto central do 8M, as actividades continuarán en Pontevedra co XIII Encontro da Muller Xorda, que terá lugar o día 7 no Pazo Provincial. Carmela Silva incidiu en que “se todas as mulleres vivimos en desigualdade e padecemos discriminación, as mulleres que teñen algún tipo de diversidade funcional teñen unha dobre desigualdade, de aí o valor deste acto”. E o propio día 8 de marzo, a Deputación, amais de apoiar as distintas convocatorias dos movementos feministas, colaborará na carreira do Tour Universo Mujer que se desenvolverá en Pontevedra, no que fará un reparto de camisetas de promoción da igualdade “coa que queremos visibilizar a presenza das mulleres no deporte”.

    As accións do programa provincial “Mulleres en Acción. Violencia Zero” chegarán os días 9 e 10 de marzo, respectivamente, aos concellos de Cangas e Redondela. No primeiro caso, a actividade estará protagonizada por Sheyla Fariña e terá lugar no IES María Soliño, mentres que a intervención de Redondela terá como protagonista a Somdolilá, na mesma praza do Concello.

    Posteriormente, as actividades trasladaranse a Santiago, onde o Museo do Pobo Galego acollerá o día 11 (13 horas) a presentación do libro “María Vinyals. A muller do porvir”, de Diego Piay. “Estamos a facer un enorme esforzo por recuperar o nome dunha gran muller e a imos a levar a Santiago _lembrou_. Xa a levamos a Madrid e Andalucía e recordar as mulleres que tanto aportaron é traballar por ter referentes que nos permitan seguir avanzando”.

    A figura desta precursora do feminismo protagoniza outro libro, “María Vinyals. Un talento rebelde”, con textos de Isabel Blanco, que se presentará os días 27 e 30 de marzo ao alumnado dos IES de Soutomaior e Valga, respectivamente.

    O Museo de Pontevedra acollerá a partir do 18 de marzo unha exposición, coordinada por Antón Sobral, que reunirá unha selección de pancartas e carteis das manifestacións do 8M en Pontevedra e Vigo. Será unha instalación que colgará durante un mes do teito do Sexto Edificio, no que tamén se proxectará un vídeo que se poderá ver desde o exterior do inmoble con imaxes das concentracións, aínda que neste caso tamén doutros lugares de fóra da provincia, de Galicia “e incluso doutros países”. “Eses carteis reclaman cal é a senda das mulleres para acadar a igualdade e moitos deles son potentísimos, creativos, pero logo desaparecen. Antón Sobral tivo a idea de recuperar eses carteis para que non se perdan”. A mostra trasladarase logo á sede viguesa da Deputación.

    Xa na recta final do mes, a sede da Deputación en Vigo acollerá a apertura da exposición “Muller por muller”, comisariada por Rosario Sarmiento, o día 24. E as actividades neste mes rematarán o día 31, tamén na sede olívica, coa celebración do almorzo informativo “Muller e Empresa”.

    43

    Tags: 8MDeputación de PontevedraDía Internacional de la Mujer

    RelacionadosArtículos

    La Diputación, el IDAE y 38 ayuntamientos invertirán 4,26 millones en la instalación de paneles solares
    Comarcas

    La Diputación, el IDAE y 38 ayuntamientos invertirán 4,26 millones en la instalación de paneles solares

    22 de Jul, 2025
    El grupo Dakidarría echa a su teclista tras ser acusado de abusos sexuales y maltrato
    Comarcas

    Roi Casal e Dakidarría actúan no Porriño e Ponteareas

    11 de Jul, 2025
    A Deputación financia os 950.000 euros da humanización da Rúa Coruña
    Tui

    A Deputación financia os 950.000 euros da humanización da Rúa Coruña

    08 de Jul, 2025
    Espectáculo de cores en Pontevedra para recibir aos artistas da Bienal
    Arte

    Espectáculo de cores en Pontevedra para recibir aos artistas da Bienal

    21 de Jun, 2025
    A Deputación mobilizará a máis de 1.900 persoas de entidades de 13 concellos no plan +Convivencia
    Comarcas

    A Deputación mobilizará a máis de 1.900 persoas de entidades de 13 concellos no plan +Convivencia

    19 de Jun, 2025
    La humanización de la Rúa da Forca en Salvaterra transforma el espacio público
    Salvaterra de Miño

    La humanización de la Rúa da Forca en Salvaterra transforma el espacio público

    06 de Jun, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Caballero: «Dentro de muy pocas semanas tendremos en Vigo la noticia del siglo: se aprueba el PXOM»

    por Redacción
    21 de Jul, 2025
    0

    Detectadas (al menos) once viviendas «clandestinas» en la entreplanta de dos edificios de Navia

    Detectadas (al menos) once viviendas «clandestinas» en la entreplanta de dos edificios de Navia

    por Andrea Mariño
    21 de Jul, 2025
    0

    Guerra abierta en Vigo a los «cotos privados» a la playa: «No solo es en la isla de Toralla»

    Guerra abierta en Vigo a los «cotos privados» a la playa: «No solo es en la isla de Toralla»

    por Redacción
    23 de Jul, 2025
    0

    Una inmobiliaria y dos gigantes de la pesca de Vigo transformarán Beiramar en una gran zona residencial

    Una inmobiliaria y dos gigantes de la pesca de Vigo transformarán Beiramar en una gran zona residencial

    por Andrea Mariño
    18 de Jul, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Exposición de arte Beny Fernández
    Más Vigo

    Exposición de arte Beny Fernández

    Beny Fernández, nacido en Vigo y excelente piloto automovilístico, además de brillante hombre de negocios, lleva años dedicándose al mundo...

    por Julio Alonso
    24 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo
    Más Vigo

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo

    En 1890, dos fotógrafos suizos abrían en Madrid una imprenta de artes gráficas especializada en fototipia. Desde entonces, Oscar Hauser...

    por Eduardo Rolland
    08 de Jun, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Así los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Fernando Castro Paredes recibe o Premio Galaxia de Novela
    Libros

    Fernando Castro Paredes recibe o Premio Galaxia de Novela

    O Hotel Compostela de Santiago acolleu este xoves o acto de entrega do Premio Galaxia de Novela ao escritor Fernando...

    por Redacción
    17 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    Somos los más educados… ¡del mundo!
    Opinión

    Somos los más educados… ¡del mundo!

    La plataforma online británica Preply ha hecho una encuesta a mas de 1.500 personas en 19 territorios de nuestro país....

    por Fernando Torres Carbajo
    12 de Jul, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR