• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 24 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Deputación de Pontevedra impulsa obras de mellora en estradas provinciais de Bembrive e Coruxo

    As dúas actuacións, que teñen un orzamento conxunto de máis de medio millón de euros, servirán para incrementar a seguridade
    Redacción por Redacción
    24 de Ene, 2023
    en Local
    0
    A Deputación de Pontevedra impulsa obras de mellora en estradas provinciais de Bembrive e Coruxo

    Estrada de O Vao, en Coruxo.

    A Deputación de Pontevedra, coa colaboración do Concello de Vigo, está a impulsar novas actuacións para seguir integrando as estradas provinciais situadas na cidade no modelo provincial de mobilidade amable, segura e sustentable.

    Trátase, por unha banda, da licitación das obras de mellora da EP-2001 O Calvario-A Garrida no núcleo de Bembrive e, pola outra, das obras de mellora das interseccións e acondicionamento na contorna da estrada do Vao (EP-2003) na parroquia de Coruxo. As dúas actuacións teñen un orzamento conxunto de máis de medio millón de euros.

    Obras de mellora da mobilidade peonil en Bembrive

    As obras de mellora da mobilidade peonil da EP-2001 O Calvario-A Garrida desenvolveranse na contorna da Casa da Entidade Local Menor de Bembrive. Esta actuación acaba de saír a licitación por un orzamento de 233.587 euros e as empresas teñen de prazo ata o 2 de febreiro para presentar as súas propostas. Os traballos fináncianse a través dun convenio no que a Deputación asume o 70% do investimento e o Concello o 30%.

    Na zona onde se vai actuar está situada tamén a Praza do Mosteiro e varios locais comerciais, polo que se trata dunha área moi concorrida pola veciñanza, de xeito que os traballos permitirán reestruturar os espazos para recuperar o máximo espazo posible para uso peonil. A obra responde a unha vella demanda tanto do Concello como da Entidade Local Menor de Bembrive para dotar esta zona, o centro da parroquia, de seguridade peonil e dun espazo amable para as persoas.

    A presidenta da Deputación, Carmela Silva, asegurou que a actuación suporá “transformar a contorna coa recuperación de espazo público, con seguridade para as persoas e cunha nova estética urbanística, converténdoa nunha gran praza”. “Van seguir transitando vehículos, pero agora haberá seguridade e o lugar vai cambiar por completo”. Deste xeito, a actuación suporá a humanización ao máis alto nivel neste relevante espazo “do que a veciñanza poderá agora gozar en condicións” e supón o punto de partida para seguir a transformar Bembrive con futuros proxectos.

    As obras contemplan a execución dunha zona de plataforma ao mesmo nivel da estrada con novos espazos peonís a ambos lados combinando firme con formigón e bandas de lousa de pedra e pequenas zonas axardinadas. Na vía de acceso á Igrexa de Santiago de Bembrive habilitarase un firme de lastro de pedra para a zona de tránsito de vehículos. Tamén se renovará a zona da calzada e se executarán novas redes soterradas de recollida de pluviais, alumeado público (8 luminarias LED), electricidade e telecomunicacións. Ademais, construiranse novos sumidoiros que se conectarán á rede de pluviais existente.

     Transformación integral da Estrada do Vao

    O Goberno da Deputación aprobará este martes o expediente de contratación das obras de mellora das interseccións e acondicionamento na contorna da estrada do Vao (EP-2003). Os traballos teñen un orzamento de 280.000 euros, afectarán o total do trazado (1,6 quilómetros) e a previsión, unha vez comecen as obras, é dunha duración de catro meses.

    A actuación consistirá na mellora da accesibilidade peonil e a seguridade viaria da estrada. Mellorarase o pavimento das beirarrúas, adecuaranse as interseccións con outras vías, mediante pavimento táctil, e tamén as interseccións con elementos singulares como a fonte e o lavadoiro. Instalaranse zonas de descanso e novos pasos peonís para asegurar a plena continuidade e seguridade na vía, e mellorarase a capacidade e accesibilidade do espazo peonil próximo aos servizos da zona (Oficina Municipal do Distrito, comercios, Colexio Divino Salvador ou centro de saúde, entre outros).

    Para iso, redistribuirase o espazo cara a garantir a prioridade peonil e xerar zonas de estancia con novo mobiliario e a plantación de árbores de sombra como cereixos de flor ou similares. Renovaranse os rasantes e os pavimentos, executaranse alcorques transitables, pintaranse as columnas de alumeado público, retranquearanse os postes, executarase un novo paso peonil, mellorarase a regulación dos semáforos e renovarase a sinalización para adaptala á nova ordenación da estrada.

    A Deputación, xunto co Concello de Vigo, xa actuou anteriormente nesta vía para mellorar a mobilidade e a seguridade con medidas como a instalación de pasos peonís sobreelevados e o reasfaltado e pintado do firme. Agora, abórdase un proxecto integral para a totalidade da estrada para adaptala por completo ao modelo provincial de infraestruturas amables, seguras e sustentables.

    43

    Tags: BembriveCoruxoDeputación de PontevedraEP 2001EP 2003

    RelacionadosArtículos

    La Diputación muestra con calma las experiencias ´slow’ de las Rías Baixas en Fitur
    Actualidad

    La Diputación muestra con calma las experiencias ´slow’ de las Rías Baixas en Fitur

    22 de Ene, 2026
    Medio Ambiente dice sí a la urbanización del área comercial de Recaré, en Bembrive
    Local

    Medio Ambiente dice sí a la urbanización del área comercial de Recaré, en Bembrive

    19 de Ene, 2026
    Luisa Sánchez visita Bembrive en las semanas previas a San Blas
    Local

    Luisa Sánchez visita Bembrive en las semanas previas a San Blas

    17 de Ene, 2026
    El maestro de la fusión flamenco-jazz promete una noche mágica en Vigo
    Actualidad

    El Consorcio Provincial pone en marcha el proceso de selección de bomberos y personal administrativo

    16 de Ene, 2026
    Luz verde a unir a través de rampas mecánicas Finca Matías con Travesía y Aragón
    Local

    Luz verde a unir a través de rampas mecánicas Finca Matías con Travesía y Aragón

    08 de Ene, 2026
    San Blas en Bembrive: donde la tradición encuentra su fiesta
    Local

    La gran romería popular del invierno en Vigo arranca sus festejos un mes antes de la tradicional cita

    07 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Tras ‘inventar’ la Navidad, Vigo pone el foco en un nuevo objetivo

    Tras ‘inventar’ la Navidad, Vigo pone el foco en un nuevo objetivo

    por David Augusto
    22 de Ene, 2026
    0

    Una constructora de A Coruña se apodera ya de las obras para transformar el icónico hotel Bahía de Vigo

    Una constructora de A Coruña se apodera ya de las obras para transformar el icónico hotel Bahía de Vigo

    por Redacción
    21 de Ene, 2026
    0

    El rural de Vigo se une a la tendencia de transformar locales en viviendas: Beade gana dos pisos

    El rural de Vigo se une a la tendencia de transformar locales en viviendas: Beade gana dos pisos

    por Redacción
    19 de Ene, 2026
    0

    Radar, cambio de velocidad y obras: la VG20 viguesa se convierte en una encerrona

    Radar, cambio de velocidad y obras: la VG20 viguesa se convierte en una encerrona

    por Redacción
    18 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Recordando el colegio Mezquita
    Más Vigo

    Recordando el colegio Mezquita

    Pocas personas saben que la ubicación del segundo edificio de la izquierda, el que acoge un conocido bingo en su...

    por Julio Alonso
    24 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Agency, de William Gibson: vuelve el maestro de la ciencia ficción
    Libros

    Agency, de William Gibson: vuelve el maestro de la ciencia ficción

    «Cuando te acaban de contratar, pasas a un estado liminal de existencia, recordó Verity en el andén de la estación...

    por Gabriel Romero de Ávila
    24 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    Día del Periodista: los custodios de la verdad
    Opinión

    Día del Periodista: los custodios de la verdad

    Cada 24 de enero, España se une a la celebración del Día del Periodista en honor a su patrón, San...

    por Cristina Lorenzo
    24 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR