• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    jueves, 5 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    8 de marzo

    A Deputación anuncia a programación do 8M “máis potente dos últimos anos”

    Carmela Silva: “Este non é un proxecto da Deputación, é un proxecto das mulleres que estamos aquí en pé de igualdade”
    Redacción por Redacción
    23 de Feb, 2021
    en Local
    0
    A Deputación anuncia a programación do 8M “máis potente dos últimos anos”

    Coa posta en escena da acción poética “Palabras como gacelas” de Miriam Ferradáns e co obxectivo “irrenunciable” de volver poñer no centro do discurso político a desaparecida axenda feminista, a Deputación de Pontevedra presentou hoxe a súa programación para o 8 de Marzo, a “máis potente dos últimos anos”. Actos reivindicativos, mesas redondas, charlas, obradoiros, manifestacións artísticas e iniciativas en redes desenvolveranse durante todo o mes de marzo co lema da “Reivindicación da Nosa Axenda”.

    Abarcará todos os ámbitos: a pegada das mulleres, a arte, o xornalismo, a política, a ciencia, a historia, a música, o deporte, a cultura, a escrita, o cinema e o testemuño das expertas. As mulleres, como dixo a presidenta, Carmela Silva, “están no centro de todo” e estas múltiples actividades responden ao feito de que este ano non haberá grandes manifestacións, “pero organizamos unha programación moi potente de reclamación de igualdade de dereitos das mulleres, da súa axenda”.

    A presidenta provincial subliñou que o eixo central será a reivindicación dunha axenda feminista “que volva a estar no centro da acción política, social e cultural”. Unha axenda que, como dixo, “reclama e di claramente que somos unha administración en contra de todas as violencias machistas, que loita e vai estar posicionada sempre para que a prostitución deixe de existir, porque somos abolicionistas; e porque se produza a corresponsabilidade nos coidados.

    Esa mesma axenda, continuou, inclúe a oposición frontal aos ventres de alugueiro, “as mulleres non somos vasillas e nos posicionamos en contra de empresas que teñen grandes beneficios a conta de nós”, así como a esixencia para que se erradique a hipersexualización e cousificación dos corpos das nenas e mulleres. Tamén a denuncia das “precariedades laborais das mulleres”.

    “Estamos fartas de que a pobreza se escriba con nome de muller, de ter salarios e pensións peores que os homes –sentenciou-. Esiximos o 50% de todo, do poder político, cultural, nas empresas, nos medios, na xudicatura, no lexislativo e executivo. Somos a metade do mundo e queremos visibilizar as achegas das mulleres, porque estamos fartas dos silencios e de que nos libros de texto non aparezan as mulleres da cultura, as expertas, as matemáticas. Fartas de que se nos negue e silencie”. E dentro da axenda reclamou tamén a educación en igualdade como eixo transversal, “que a metade no mundo estea na metade de todo”.

    Actos centrais do 8M en Pontevedra e Vigo

    Toda a programación é produto, como destacou Carmela Silva, “da colaboración, da suma de vontades para rachar coa desigualdade, e da sororidade de moitas mulleres, que unen a súa voz e o seu compromiso a prol da igualdade” e arrancarán o vindeiro día 8, con dous actos centrais que levarán a cabo Celeste Garrido en Pontevedra pola mañá e Luz Darriba en Vigo pola tarde. A primeira desenvolverá a acción “Un feminismo inquebrantable”, unha acción que amosará as mulleres como un exército, unidas fronte a un obxectivo común. Como explicou a propia artista, “será unha chamada á sororidade. Unidas venceremos e seremos inquebrantables por moito que traten de tombarnos”. No caso de Luz Darriba, a súa acción leva por título “CoidarMos” e constitúe un berro feminista que trata, como sinalou na súa intervención, “deses coidados que facemos as mulleres desde sempre, que non son recoñecidos nin valorados”.

    “Reivindicando desde a arte”, porá o foco ao talento feminino nas artes a través das máscaras que as artistas Lara Lars, Gemma Marqués e Laura Romero deseñaron para o programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero”. Laura Romero explicou que a súa máscara naceu coa idea de facer unha “homenaxe ás mulleres da música tradicional galega, pero evolucionou ao deseño que é un agradecemento a todas as mulleres”, en especial as do rural porque foron elas as que “mantiveron viva” esa tradición. Pola súa banda, Lara Lars amosa na súa máscara a unha muller con lentes violetas, “porque necesitamos activar ese piloto e determinar situacións sexistas e patriarcais coas que nos atopamos día a día e poidamos censuralas”. E Gemma Marqués titulou “Retratadas” ao seu deseño, no que debuxa a un grupo de mulleres. “É un xogo de palabras, polos retratos e pola reivindicación de que se nos trate co respecto que merecemos”.

    “Reivindicando desde a política” será a acción que se levará a cabo no pleno deste venres 26 de febreiro, no que Laura Romero lerá o manifesto do 8M e se presentará o vídeo “Coidados”, no que se chama a atención sobre a necesaria corresponsabilidade dos homes.

    “Reivindicando desde o xornalismo” plasmarase na nova edición do foro “As Mulleres que Opinan son Perigosas”, que terá lugar os días 5 e 6 de marzo. O venres 5, coincidindo coa apertura do debate, izaranse as pancartas do 8M nas fachadas do Pazo Provincial e da sede da Deputación en Vigo e pola noite comezará o acendido dos dous edificios, que se prolongará ata o 31 de marzo.

    Nas redes sociais desenvolverase a iniciativa “Reivindicando a pegada das Mulleres. 365 días-365 mulleres”, coa que se pretende “visibilizar a pegada das mulleres ao longo da historia e o seu legado no avance da sociedade”. Con este obxectivo recompilaranse mulleres referentes en diversos ámbitos e sectores, como a cultura, ciencia, literatura e economía entre outros.

    Da man de mulleres expertas “para seguir aprendendo xuntas, celebrarase “Reivindicando desde a Ciencia” e está previsto o ciclo “Ciencia en Feminino”. Serán catro actividades, e comezarán o día 4 cunha entrevista a Marisol Soengas, para seguir o día 11 cunha mesa redonda sobre “Políticas de Visibilidade”, con Carmela Silva, María Jesús López Díaz e Amparo Alonso. O día 18 haberá unha entrevista con Zulema Altamirano e o día 25 pecharase con outra mesa, “Unha carreira científica en desigualdade”, con María de la Fuente, Elena Ojea e María Mayá.

    “Reivindicando desde a Música” traerá actividades do proxecto da Deputación “Descúbreas”, para proporcionar ás mozas da provincia ferramentas para que poidan dedicarse á música. Están previstos un concerto, o lanzamento da Newsletter, así como a posta en marcha dun vídeo colaborativo cuxa primeira canción elixida é “Matriarcas”, de Guadi Galego. Por último, “Conversa e descubre” é outro ciclo de charlas nas que profesionais e artistas contarán a súa experiencias e traballos dentro da música para animar ás nenas e mozas a ver todo o abanico de traballos que están a facer as mulleres. Na primeira sesión en marzo participarán Mariña Paz (voz en Furious Monkey House); Susana Saavedra (voz en Agoraphobia), Patricia Hermida (mánager) e Raquel Seijo (promotora de Sweet Nocturna).

    Dentro de “Reivindicando desde a Cultura” están previstas dúas accións do programa “Violencia Zero”, a primeira o día 15 en Ponteareas con Twins Experimental e a segunda o 22 en Nigrán con Analía Beltrán. E “Reivindicando desde o Deporte” terá unha sorpresa o 16 de marzo coa presentación dun vídeo dedicado ás mulleres deportistas, reivindicativo sobre as inxustizas e desigualdades que teñen que afrontar nas súas respectivas modalidades e no que participan entre outras Paula Dapena, Elena Casal e Charo Castro.

    “Reivindicando ás Expertas” terá a súa posta en marcha coa creación dun Comité de Sabias dentro da Cátedra Feminismos 4.0 que a Deputación desenvolve xunto á Universidade de Vigo. Preténdese dar continuidade a unha traxectoria de séculos na que as mulleres se reunían para demandar o seu posicionamento, e neste senso o 17 de marzo celebrarase un encontro virtual para a posta en marcha do Comité e que ten dous obxectivos: “Seguir a estela do labor que desenvolveron grandes mulleres, como Pardo Bazán, María Vinyals, Juana de Vega ou Sofia Nova, e tamén visibilizar académicas, profesionais, expertas, que teñen que ser as que precisan as novas xeracións”.

    Dentro do eixo “Reivindicando na escrita” o 21 de marzo festexarase o Día da Poesía cunha acción con mulleres poetas que gravarán e interpretarán poemas de escritoras feministas. E en “Reivindicando o Cinema” poranse en marcha os premios #MulleresnoFoco, que pretenden recoñecer o papel das mulleres no audiovisual. Por último, xunto á Universidade de Santiago, en “Reivindicando a historia das Mulleres” se porá en valor a historia das mulleres da provincia baixo o proxecto “Pontevedra en América: Unha mirada en feminino”, co que se pretende rescatar a experiencia e mirada feminina da emigración, “silenciada e ignorada”.

    43

    Tags: 8MDeputación de PontevedraDía Internacional de la Mujer

    RelacionadosArtículos

    Local

    Caballero sigue reclamando fondos para reformar Balaídos pero «no ha enviado ni un papel»

    04 de Feb, 2026
    La reurbanización del centro de Arcade ya tiene quien la aborde por un millón de euros
    Comarcas

    La reurbanización del centro de Arcade ya tiene quien la aborde por un millón de euros

    03 de Feb, 2026
    Nuevo impulso al astroturismo: San Nomedio obtiene la certificación Paraje Starlight
    Actualidad

    Nuevo impulso al astroturismo: San Nomedio obtiene la certificación Paraje Starlight

    30 de Ene, 2026
    La Diputación muestra con calma las experiencias ´slow’ de las Rías Baixas en Fitur
    Actualidad

    La Diputación muestra con calma las experiencias ´slow’ de las Rías Baixas en Fitur

    22 de Ene, 2026
    El maestro de la fusión flamenco-jazz promete una noche mágica en Vigo
    Actualidad

    El Consorcio Provincial pone en marcha el proceso de selección de bomberos y personal administrativo

    16 de Ene, 2026
    Luz verde a unir a través de rampas mecánicas Finca Matías con Travesía y Aragón
    Local

    Luz verde a unir a través de rampas mecánicas Finca Matías con Travesía y Aragón

    08 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    por Redacción
    30 de Ene, 2026
    0

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    Primera sentencia en Galicia contra un banco por suplantación de identidad a una clienta

    Piden que Abanca devuelva a Vigo lo que Vigo le dio y ceda el uso de 200 viviendas vacías

    por Redacción
    28 de Ene, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El año de los temporales
    Más Vigo

    El año de los temporales

    Este año 2026 ha comenzado con borrascas que han afectado sin tregua a la ciudad de Vigo, una borrasca detrás...

    por Julio Alonso
    05 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    La izquierda nos mete un buen bocado a la libertad de expresión
    Opinión

    La izquierda nos mete un buen bocado a la libertad de expresión

    Entre el 2 y 5 de Febrero se "iban" a celebrar en la capital hispalense la XI edición de "Letras en...

    por Fernando Torres Carbajo
    03 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR