• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 2 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O BNG denunciará no Parlamento de Galicia a «problemática laboral» de PSA Vigo

    Carmela González trasladará unha serie de iniciativas para esixir que a Xunta, como autoridade laboral, garanta o cumprimento dos protocolos preventivos, o dereito aos descansos e “que non se siga subvencionando con diñeiro público a precariedade laboral”
    Redacción por Redacción
    27 de Oct, 2020
    en Economía
    0
    O BNG denunciará no Parlamento de Galicia a «problemática laboral» de PSA Vigo

    De esquerda a dereita, Manuel Domínguez, Xabier P. Igrexas e Vitor Mariño. / Foto: BNG

    O Bloque Nacionalista Galego mantivo este martes un encontro cos responsábeis das seccións sindicais da CIG e CUT na factoría de PSA en Vigo, Manuel Domínguez e Vitor Mariño, respectivamente. Na xuntanza, na que participaron pola fronte nacionalista o portavoz municipal, Xabier P. Igrexas, e por medios telemáticos a parlamentaria Carmela González abordouse a situación actual na empresa despois da desescalada.

    A representación sindical denunciou que a aplicación das medidas preventivas están a supoñer a redución do tempo efectivo de descanso durante a xornada, dado que dentro das pausas fisiolóxicas dedicadas a acudir ao servizo, beber, alimentarse ou refrescarse, teñen que incorporar tamén tarefas de desinfección e padecen as restricións por aforo no acceso a espazos como os aseos.  Ademais, trasladaron a súa queixa pola non adecuación das cargas e ritmos de traballo a esta nova realidade e a falla de transparencia, por parte da dirección do centro, no relativo aos casos positivos por Covid-19 entre o persoal.

    «Non é aceptábel que PSA pretenda atinxir producións de recordo a costa de limitar a eficacia das medidas preventivas e reducindo o tempo de descanso, que xa é o mínimo legal. Tampouco é razoábel que neste contexto non se teñan reducido as cargas de traballo e que se estea a traballar con igual ou maior ritmo que antes da pandemia», afirmou Carmela González.

    Neste sentido, o portavoz municipal nacionalista, Xabier P. Igrexas, lembrou que PSA «remoloneou á hora de reaccionar diante da pandemia xa na primeira onda», sinalando que a factoría viguesa foi a última de todo o Estado en paralizar a produción o pasado mes de marzo, e fíxoo obrigada pola enorme presión sindical, social e institucional.

    Outro dos asuntos abordados foi o do elevado nivel de precariedade laboral que se padece na factoría de Balaídos, onde segundo os sindicatos non se asina un contrato de xornada completa desde hai moitos anos.

    «Non se pode seguir subvencionando a precariedade laboral. PSA é unha das empresas que maiores subvencións, directas e indirectas, recibe das administracións públicas, e iso non é compatíbel con que máis do 60% do seu persoal estea empregado a tempo parcial, con contratos de 4h pero que esixen na práctica dispoñibilidade completa e con salarios de miseria», advertiu Igrexas.

    Ao Parlamento
    O Bloque denunciará esta «problemática laboral» no Parlamento de Galiza a través dunha batería de iniciativas. Con elas procurarán que a Xunta, en tato que autoridade laboral, actúe vixiando o cumprimento das medidas preventivas, a adecuada xestión dos casos de contaxio e o estrito respecto aos tempos de descanso. Tamén esixirán que toda axuda pública se condicione non só ao mantemento e creación de postos de traballo senón á calidade do emprego, para reverter a elevada precariedade.

    «Demandaremos explicacións á Xunta e instaremos o Goberno galego a deixar de ollar a outro lado diante desta situación nun centro de traballo tan importante como PSA», resumiu González.

    43

    Tags: BNGStellantis Vigo

    RelacionadosArtículos

    Stellantis Vigo amplía su parada de producción por la falta de piezas debido al temporal
    Economía

    Stellantis Vigo amplía su parada de producción por la falta de piezas debido al temporal

    29 de Ene, 2026
    El temporal provoca que Stellantis Vigo suspenda tres turnos por falta de componentes
    Economía

    El temporal provoca que Stellantis Vigo suspenda tres turnos por falta de componentes

    28 de Ene, 2026
    Local

    «Hipotecar Vigo otra década» con un servicio de bus urbano «insuficiente y privatizado»: la denuncia del BNG

    26 de Ene, 2026
    Pantallas acústicas y conversión urbana de la AP9 en Vigo: soluciones para la «tortura del ruido» en Teis
    Local

    Pantallas acústicas y conversión urbana de la AP9 en Vigo: soluciones para la «tortura del ruido» en Teis

    21 de Ene, 2026
    Trasladada una mujer al Álvaro Cunqueiro tras sufrir un accidente de tráfico en Redondela
    Salud

    La presión asistencial en Vigo sigue «alta» aunque ya se registran más altas que ingresos

    14 de Ene, 2026
    «Caballero no tiene ni voluntad ni ganas de hablar sobre los problemas reales que afectan a Vigo”
    Local

    El BNG exige un plan de choque de 9,5 millones contra los desahucios

    09 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    por Redacción
    30 de Ene, 2026
    0

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    «Pequeno busca fogar», de Fátima Rodríguez, segundo premio do I Certamen de Relatos de VigoÉ

    El modelo de turismo de la Navidad de Vigo se agota, según los datos de diciembre del INE

    por Redacción
    27 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    ROMPEPAGINAS A – 6

    MÁS VIGO

    Planeta Theremin
    Más Vigo

    Planeta Theremin

    La ciudad de Vigo esconde numerosos rincones sorprendentes. A través de esa puerta que se observa a la derecha de...

    por Julio Alonso
    31 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder
    Libros

    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder

    Ya tenemos aquí un nuevo año y con él han llegado unas cuantas novedades literarias. ¿Les echamos un vistazo? 1)...

    por Gabriel Romero de Ávila
    31 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    CAAN rescata a nove cachorros, dous de eles nunha fosa gandeira
    Opinión

    El maltrato animal denigra el alma humana y convierte a los humanos en monstruos cobardes y despreciables

    Por María M. Adeva Los seres humanos han basado su bienestar en el vil y cruel sometimiento y explotación de...

    por Cartas al Director
    24 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR