• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 12 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    turismo

    Turismo Rías Baixas reactiva o destino turístico coa seguridade e confianza como piares

    A presidenta da Deputación de Pontevedra presentou o avance do Plan e as primeiras medidas, xa adoptadas pola institución, centradas na seguridade e confianza, na comercialización e adaptación da promoción do destino, na colaboración con eventos turísticos e no apoio e capacitación do sector
    Redacción por Redacción
    15 de May, 2020
    en Galicia
    0
    Turismo Rías Baixas reactiva o destino turístico coa seguridade e confianza como piares

    Museo de Historia de Vigo e Pazo Quiñones de León. / Foto: Deputación

    A garantía sanitaria, a flexibilización e a confianza serán “os tres grandes principios para ter éxito nun destino turístico” tal e como detallou Carmela Silva na presentación do avance do Plan de Reactivación do destino Pontevedra provincia, impulsado pola Deputación tralo estalido da crise sanitaria. A presidenta provincial, quen incidiu na importancia de converter á provincia nun destino seguro, sostible e inclusivo, adiantou os obxectivos, prioridades e estrutura do plan así como deu a coñecer as primeiras medidas, xa en marcha na Deputación, que se centran na seguridade e confianza na rede Info Rías Baixas, na comercialización e adaptación da promoción do destino, na colaboración con eventos turísticos e no apoio e capacitación do sector.

    Da análise de tendencias realizadas mediante o Plan de Reactivación do destino Pontevedra provincia pódese extraer xa que para garantir o éxito é preciso cumprir con tres requisitos: “a garantía sanitaria e todo o que ten que ver coa seguridade e hixiene e a non masificación, a flexibilización en canto ás cancelacións ou cambios de plans e a confianza que serán os que determinen que as persoas turistas se decanten por un lugar determinado”, asegurou Carmela Silva. Neste eido, a presidenta fixo fincapé na importancia de estar “moi alerta e preparadas e preparados, de atender á demanda nova e adiantarnos provocando cambios na oferta” tendo en conta, amais que, nestes momentos, “estudos, portais de turismo e expertas e expertos nos sitúan como un dos destinos máis atractivos para este verán”.

    Tendo en conta estes tres requisitos clave que se poden sacar xa á luz do avance do Plan de Reactivación do destino Pontevedra provincia, a Deputación de Pontevedra puxo xa en marcha as primeiras medidas para relanzar a actividade turística: seguridade e confianza na rede Info Rías Baixas, na comercialización e adaptación da promoción do destino, na colaboración con eventos turísticos e no apoio e capacitación do sector. Todas elas veñen estruturadas nos cinco eixos de actuación do plan que son o financiamento, aspectos legais e a fiscalidade; a prevención da seguridade, saúde e hixiene elaborando protocolos claros e plans de garantía sanitaria; a dixitalización e a competitividade centradas no liderado empresarial e fortalecemento a través da capacitación, innovación e emprendemento; o fomento da demanda de produtos e servizos turísticos da provincia ligados ao consumo local e a adaptación da promoción do destino Rías Baixas.

    No que atinxe á seguridade e confianza na rede de oficinas Info Rías Baixas, a presidenta da Deputación de Pontevedra adiantou que se ten aprobado xa un plan de continxencia para as oficinas adheridas á mesma así como para a contratación de persoal, cun orzamento de 250.000 €. “Somos probablemente a primeira administración que aproba un plan de continxencia destas características”, asegurou a presidenta, para garantir a seguridade tanto das persoas visitantes que acoden ás oficinas de información turística como das que as atenden. No que respecta ao persoal das oficinas, Silva informou que a Xunta de Goberno vén de aprobar achegas para financiar a contratación de 27 persoas para tarefas de información nestas oficinas situadas en 21 concellos da provincia.

    En canto á comercialización e adaptación da promoción do destino o aspecto prioritario é ofertar actividades, tal e como explicou Silva, “ligadas a experiencias locais e sostibles”, evitando aglomeracións e apostando pola natureza e espazos ao aire libre, polo turismo responsable, inclusivo e sostible, reforzando a marca Rías Baixas. Ao respecto da comercialización, Carmela Silva adiantou que esta semana licitouse, por valor de 116.000 € para o 2020 e prorrogable a outros tres anos máis, a asistencia técnica integral para a celebración de workshops e misións comerciais sectoriais no mercado nacional e norte de Portugal, en sintonía co Clúster de Turismo de Galicia.

    En canto á promoción, recordou que están en marcha campañas de produtos de proximidade e o arranque da nova campaña de comercio local. Neste mesmo eido, está en funcionamento a adaptación do plan de comunicación do destino, centrado tamén no mercado de proximidade, ao que se destinan 150.000 euros para a promoción da provincia como destino seguro a través dunha nova campaña online e off line.

    Outra das medidas en marcha é a colaboración con eventos turísticos, ben sexan deportivos, festivais musicais ou audiovisuais e relacionados coa organización de congresos e eventos (MICE). “Imos destinar recursos tanto aos que se celebren este ano como a aqueles que pasan ao 2021, para garantir que non se perdan eventos que teñen tanta capacidade de atracción turística”, asegurou a presidenta da Deputación.

    Finalmente, entre as medidas xa lanzadas pola Deputación de Pontevedra para reactivar o turismo atópase a capacitación do sector e a necesidade de apostar pola dixitalización dos negocios para garantir a súa competitividade. Ademais, e neste aspecto, a presidenta explicou que “imos continuar coa formación online iniciada en abril cos establecementos adheridos ao SICTED, temos en marcha unha aceleradora que comeza a súa andaina a partir do 25 de maio e lanzamos sesións formativas orientadas ao turismo”. Tamén informou que continuarán os asesoramentos a pemes e persoas autónomas con información práctica sobre cuestións fiscais, laborais ou de comercialización e adiantou que se está a elaborar un documento para facilitar e garantir a transparencia, viabilidade e supervivencia e tecido empresarial turístico da provincia, así como o emprego.

    O Plan de Reactivación do destino Provincia de Pontevedra, no que se están a implicar entidades e empresas do sector turístico da provincia, aséntase en metodoloxías participativas. Deste xeito, tal e como explicou a presidenta provincial, en primeiro lugar realizouse unha análise de informes publicados por entidades de referencia no sector turístico como a OMT, Exceltur, Clúster de Turismo de Galicia, a Secretaría de Estado de Turismo de España e a Xunta de Galicia. Tamén se analizaron tendencias e actuacións que se están a desenvolver tanto a nivel nacional como internacional e realizáronse reunións e encontros con concellos da provincia, así como con expertos como o secretario de Turismo de Valencia Francesc Colomer. Ademais completáronse as análises cunha enquisa ao sector turístico e axentes clave para coñecer de primeira man a súa situación e opinión, que contou cunha participación e resposta de ata máis de 200 empresas.

    43

    Tags: Deputación de PontevedraTurismo Rías Baixas

    RelacionadosArtículos

    Luz verde a unir a través de rampas mecánicas Finca Matías con Travesía y Aragón
    Local

    Luz verde a unir a través de rampas mecánicas Finca Matías con Travesía y Aragón

    08 de Ene, 2026
    La Diputación de Pontevedra cierra el año de ‘SmartPeme’ con cinco nuevos talleres online
    Actualidad

    La Diputación impartirá 34 formaciones sobre bienestar emocional en 19 centros educativos

    06 de Ene, 2026
    Luis López e Luisa Sánchez presentan os deportistas, os clubs, as infraestruturas e os eventos como “os catro piares da provincia do deporte”
    Deportes

    Luis López e Luisa Sánchez presentan os deportistas, os clubs, as infraestruturas e os eventos como “os catro piares da provincia do deporte”

    29 de Nov, 2025
    A Deputación alíase coa IA para blindar a calidade do turismo en Rías Baixas
    Actualidad

    A Deputación alíase coa IA para blindar a calidade do turismo en Rías Baixas

    12 de Nov, 2025
    La Diputación aprueba los presupuestos más altos de su historia, 238,6 millones de euros
    Actualidad

    La Diputación aprueba los presupuestos más altos de su historia, 238,6 millones de euros

    07 de Nov, 2025
    Mejoras para una carretera que cruza Vigo desde O Calvario hasta A Garrida
    Local

    Mejoras para una carretera que cruza Vigo desde O Calvario hasta A Garrida

    02 de Nov, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Rincón de Vigo que ya no existe

    Rincón de Vigo que ya no existe

    por Julio Alonso
    06 de Ene, 2026
    0

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    por Redacción
    07 de Ene, 2026
    0

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    por David Augusto
    10 de Ene, 2026
    0

    Nueva fase para Barrio do Cura: sin obstáculos para construir ya el parking público de 300 plazas

    Nueva fase para Barrio do Cura: sin obstáculos para construir ya el parking público de 300 plazas

    por María Alonso
    09 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Rebajas de Vigo
    Más Vigo

    Rebajas de Vigo

    Esta fotografía da testimonio de la aglomeración de gente que llenó las calles de Vigo durante los primeros días de...

    por Julio Alonso
    12 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    Cultura

    «Esencia» de Sergio López Vidal, tercer premio del I Certamen de Relatos de VigoÉ

    Sergio López Vidal ha recibido el tercer premio del I Certamen Literario de Relato Corto de VigoÉ con su relato «Esencia». Como...

    por Redacción
    12 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    La comunidad venezolana sale a la calle en Vigo en solidaridad con María Corina Machado
    Opinión

    La cola del consulado (II)

    En mayo de 2023 publiqué en esta misma casa un artículo titulado "La cola del consulado". En el mismo narraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR