• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 13 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Bota a andar o Xeodestino da Ría de Vigo e Baixo Miño

    O ente aglutina a catorce municipios da comarca que unirán forzas para captar turistas
    Redacción por Redacción
    17 de Oct, 2018
    en Galicia
    0
    Bota a andar o Xeodestino da Ría de Vigo e Baixo Miño

    Con esta iniciativa búscase aglutinar esforzos e xerar un maior fluxo turístico nos catorce municipios que abrangue o xeodestino e dar resposta a unha actividade económica complexa de carácter transversal cun mercado tremendamente esixente, dinámico e influenciable.

    A través deste convenio fixaranse as súas principais liñas de colaboración, coordinación, xestión, financiamento, organización e funcionamento, que conlevará a realización de actuacións en todos os concellos que o integran. Esta parte complementarase co convenio de colaboración que asinarán GDR14 e Turismo de Galicia, dependente da Xunta de Galicia, para a realización de actividades de promoción, dinamización e fomento da riqueza e do turismo neste territorio, así como para a sensibilización tanto aos visitantes como á propia veciñanza sobre a importancia de preservar e poñer en valor o patrimonio e a cultura de todos estes concellos.

    Os xeodestinos son recoñecidos pola Xunta de Galicia como os espazos xeográficos limítrofes que comparten unha homoxeneidade territorial baseada nos seus recursos turísticos naturais, patrimoniais e culturais e que conforman unha identidade turística diferenciada e singular.

    Trátase de establecer mecanismos de cooperación, estruturar a actividade mediante o aproveitamento racional dos recursos e impulsar o turismo dun modo eficiente con produtos e servizos competitivos que contribúan ao desenvolvemento socioeconómico do territorio.

    Ao acto de sinatura do convenio asistiu a presidenta da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural (entidade responsable da execución da Medida Leader 2014-2020 no territorio GDR14) e alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o nomeado representante institucional do xeodestino e alcalde de Baiona, Ángel Rodal.

    “Dende o GDR14 buscamos novos puntos para o desenvolvemento sostible do territorio e detectamos que o turismo era un polo fundamental. Poñemos en marcha este xeodestino coa firme intención de ser prácticos e levar adiante proxectos que repercutan nestes 14 concelllos, elaborando un plan estratéxico que abarque todo o territorio e creando o primeiro produto turístico conxunto, xa que calquera iniciativa turística de calado non pode facerse concello a concello”, comentou González, quen quixo destacar a “predisposición e a axilidade de Turismo de Galicia para sacar este xeodestino adiante”. Para González con esta iniciativa “non sumamos, senón que multiplicamos as nosas forzas e non desperdiciamos recursos”.

    Pola súa banda, Ángel Rodal recordou que con este novo xeodestino “buscamos desestacionalizar o turismo en 14 municipios cun potencial tremendo. Loitaremos unindo as nosas forzas paa crear unha marca turística que xere fidelidade, achegando o encando particular de cada municipio pero dende un enfoque xenérico”.

    Estiveron acompañados por representantes de todos os municipios que integran o novo xeodestino: Emiliano Lage, alcalde de Fornelos de Montes; Francisco Ferreira, alcalde de Gondomar; Antonio Lomba, alcalde de A Guarda; Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos; Juan Antonio González, rexidor de Nigrán; Cristina Correa, alcaldesa de Oia; Andrés Iglesias, alcalde de Pazos de Borbén; Teresa Paris, concelleira delegada de Cultura e Turismo de Redondela; María del Carmen Alonso, alcaldesa de O Rosal; Agustín Reguera, alcalde de Soutomaior; e Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui.

    A Xunta de Galicia tamén quixo amosar o seu respaldo a esta iniciativa coa presenza de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura e Turismo; de Nava Castro, directora de Turismo de Galicia; e de Ignacio López-Chaves, Delegado da Xunta en Vigo. “Cremos que xuntos imos máis lonxe e agora, con esta sinatura, sentamos as bases dun proxecto de futuro”, salientou o conselleiro, para quen falar de xeodestino significa falar de “unión, cooperación, coordinación, confianza e planificación”. “Poñemos o interese xeral por riba dos intereses persoais para o beneficio colectivo do territorio, potenciando recursos que cada un ten individualmente e que sumados nun paquete turístico terán unha maior capacidade de promoción. Os xeodestinos permiten superar os localismos para xestionar de forma conxunta unha actividade económica tan importante como o turismo”, destacou.

    O obxectivo deste convenio é impulsar un proxecto que se presenta como unha excelente oportunidade para darlle pulo ao turismo no territorio optimizando recursos estruturados e organizados, ofrecendo produtos turísticos diferenciados, competitivos e recoñecibles polo mercado; creando unha infraestrutura turística coordinada con capacidade para atender debidamente ao visitante; traballando baixo unha imaxe de marca recoñecible que permita diferenciar este xeodestino fronte ao resto de opcións coas que compite; xerando un proxecto común coa implicación de todos os concellos participantes guiado por un plan estratéxico que marque o camiño a seguir; e artellando unha estrutura organizativa e de xestión que permita desenvolver as estratexias e coordinar as accións definidas dun xeito profesional, áxil e permanente.

    43

    RelacionadosArtículos

    Investigan a un peluquero que vendía droga a sus clientes en su peluquería
    Baiona

    Investigan a un peluquero que vendía droga a sus clientes en su peluquería

    13 de Ene, 2026
    Local

    Peinador cierra 2025 con 1,1 millón de pasajeros, un 5,3% más que en 2024

    13 de Ene, 2026
    Local

    Decepción de los inquilinos de Vigo con el Gobierno: «Esa no es forma de luchar contra la especulación»

    13 de Ene, 2026
    Vigo alcanza su peor evolución de contagios a unas horas del comité clínico
    Local

    La UNED de Vigo profesionaliza el sector de los ‘Wedding planners’

    13 de Ene, 2026
    Arranca la cuenta atrás para la Navidad de Vigo
    Local

    Arranca la cuenta atrás para la Navidad de Vigo

    13 de Ene, 2026
    Rúa Xulián Estévez
    Más Vigo

    Rúa Xulián Estévez

    13 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Rincón de Vigo que ya no existe

    Rincón de Vigo que ya no existe

    por Julio Alonso
    06 de Ene, 2026
    0

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    por Redacción
    12 de Ene, 2026
    0

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    por Redacción
    07 de Ene, 2026
    0

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    por David Augusto
    10 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Rúa Xulián Estévez
    Más Vigo

    Rúa Xulián Estévez

    La fotografía muestra una parte de la Rúa Xulián Estévez, en el barrio de Teis, en la ciudad de Vigo....

    por Julio Alonso
    13 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    Cultura

    «Esencia» de Sergio López Vidal, tercer premio del I Certamen de Relatos de VigoÉ

    Sergio López Vidal ha recibido el tercer premio del I Certamen Literario de Relato Corto de VigoÉ con su relato «Esencia». Como...

    por Redacción
    12 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    La comunidad venezolana sale a la calle en Vigo en solidaridad con María Corina Machado
    Opinión

    La cola del consulado (II)

    En mayo de 2023 publiqué en esta misma casa un artículo titulado "La cola del consulado". En el mismo narraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR