• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 31 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    turismo

    As Rías Baixas, como referente turístico en España

    Por vez primeira toda a política turística da Deputación de Pontevedra se vai facer en consenso cos concellos e co sector privado
    Redacción por Redacción
    28 de Sep, 2016
    en Galicia
    0
    As Rías Baixas, como referente turístico en España

    Ante representantes de todo o sector turístico, alcaldes, alcaldesas e concelleiros e concelleiras da provincia, Carmela Silva destacou que “a partir deste momento, e por vez primeira na Deputación de Pontevedra, a política turística que desenvolveremos se vai facer de forma pensada e planificada, procurando o consenso cos concellos e o sector privado co obxectivo de converter ás Rías Baixas nun referente turístico nacional”.

    A presidenta da Deputación de Pontevedra asegurou que “temos que estar convencidos de que a nosa provincia ten grandes potencialidades porque estamos nunha terra privilexiada para o turismo, polas bondades con que a natureza nos dotou, dende as rías, ata as illas, unha terra verde, fértil e infestada de cursos de auga, un mar prodixioso e a mellor climatoloxía do norte de España”. Ademais, Carmela Silva recordou “a nosa historia e os activos que nos fan fortes como sociedade”, entre os que destacou a gastronomía, os viños, as infraestruturas modernas e competitivas, o aeroporto de Peinador, as vilas e cidades, a arquitectura contemporánea e os propios festivais Rías Baixas.

    Silva enxalzou tamén o sector turístico da Provincia, denominándoo “o motor do sector turístico galego”. Neste eido subliñou que se o turismo é un sector clave na economía da provincia, pola súa achega ó PIB e pola súa capacidade de xerar emprego e benestar, os seus obxectivos son tamén os da provincia. Por este motivo, Carmela Silva propuxo ó público presente construír “un destino forte, cunha boa marca, ben situado e ben promocionado para convertelo nun escenario máis favorable e con maiores perspectivas para o traballo individual da empresa turística”.

    Para acadalo – tal e como manifestou a presidenta da Deputación de Pontevedra- “a nosa misión pasará por escoitar, acompañar e apoiar ó sector turístico público e privado, desde o aloxamento, ata a restauración, oferta complementaria e comercializadores, traballando da man, unindo intereses e tamén impulsando Rías Baixas como marca inclusiva de toda a provincia de Pontevedra”. Neste contexto, Carmela Silva asegurou que a política promocional da Deputación estará orientada “ós produtos turísticos nos que están a traballar os operadores da provincia, desde o tradicional sol e praia ata o turismo urbano, turismo de reunións e eventos, turismo cultural, turismo de natureza, turismo enogastronómico, turismo náutico, termalismo, o camiño de Santiago, os festivais ou calquera outro segmento de produto no que se estea a traballar na provincia”.

    Ademais, o novo Plan Director de Turismo aposta por unha política de comunicación orientada a incrementar a presenza da marca Rías Baixas nos mercados prioritarios e unha política de relacións institucionais orientada á colaboración con organismos e axentes con responsabilidade en materia turística, desde os propios concellos, ata a Xunta de Galicia e as cámaras municipais do Norte de Portugal. “Soamente xuntos – tal e como manifestou a presidenta da Deputación de Pontevedra- participando e colaborando permanentemente, man a man, todos os axentes turísticos da provincia e institucións, conseguiremos converter a Rías Baixas nun referente turístico nacional”.

    Nesta mesma liña se posicionou o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, que subliñou que “o gran reto das Rías Baixas é traballar todos unidos para a mellora da profesionalidade, impulsando a capacitación do sector e evitando os erros acometidos noutros destinos”.

    Pola súa banda, o deputado delegado de turismo, Santos Héctor Rodríguez, salientou que o turismo é unha das grandes apostas do goberno da Deputación. Por elo, tal e como manifestou Rodríguez, “impulsamos un cambio radical nas políticas turísticas da institución, apostando por estratexias modernas, vangardistas, innovadoras, nas que os concellos e o propio sector sexan os protagonistas da promoción, decidindo aquilo que queren divulgar e pensando sempre no retorno económico para as Rías Baixas”.

    O Plan Director de Turismo, tal e como manifestou o deputado delegado de turismo, “marca un antes e un despois no establecemento de políticas públicas, pensadas e planificadas, en materia de turismo e contribuirá a que os excelentes resultados deste verán se multipliquen e contribúan a relanzar o turismo como motor da economía da provincia de Pontevedra”.

    A Deputación de Pontevedra escolleu o Día Mundial do Turismo para presentar o seu Plan Director de Turismo. Este ano, a Organización Mundial do Turismo centrouse na accesibilidade para esta conmemoración debido a que o 15% da poboación do noso planeta ten diversidade funcional. Neste contexto, o deputado delegado de turismo, Santos Héctor Rodríguez subliñou a necesidade de “impulsar políticas públicas que aposten pola accesibilidade, tanto na información, como nos transportes ou nos propios recursos, algo no que xa estamos a traballar na Deputación, porque queremos que toda a cidadanía teña a oportunidade de viaxar, de gozar das experiencias que se poden vivir nas Rías Baixas, de coñecer os recursos turísticos da nosa provincia, de que reciban información accesible, sen ningún tipo de obstáculo”.

    43

    RelacionadosArtículos

    Fútbol Emotion abre en Gran Vía de Vigo su tienda más grande de Galicia: 800 m² dedicados al balón
    Local

    Fútbol Emotion abre en Gran Vía de Vigo su tienda más grande de Galicia: 800 m² dedicados al balón

    31 de Ene, 2026
    La Guardia Civil desmantela la banda albanesa que asolaba el rural gallego
    Actualidad

    La Guardia Civil desmantela la banda albanesa que asolaba el rural gallego

    31 de Ene, 2026
    Final a la odisea del Eikborg: el carguero atraca en Vigo tras horas de incertidumbre
    Marítima

    Final a la odisea del Eikborg: el carguero atraca en Vigo tras horas de incertidumbre

    31 de Ene, 2026
    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder
    Libros

    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder

    31 de Ene, 2026
    Planeta Theremin
    Más Vigo

    Planeta Theremin

    31 de Ene, 2026
    El mal tiempo deja un reguero de incidentes
    Local

    El mal tiempo deja un reguero de incidentes

    30 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    «Pequeno busca fogar», de Fátima Rodríguez, segundo premio do I Certamen de Relatos de VigoÉ

    El modelo de turismo de la Navidad de Vigo se agota, según los datos de diciembre del INE

    por Redacción
    27 de Ene, 2026
    0

    Caballero quiere transformar unas antiguas viviendas de maestros en 6 pisos sociales

    Caballero quiere transformar unas antiguas viviendas de maestros en 6 pisos sociales

    por Redacción
    23 de Ene, 2026
    0

    Primera sentencia en Galicia contra un banco por suplantación de identidad a una clienta

    Piden que Abanca devuelva a Vigo lo que Vigo le dio y ceda el uso de 200 viviendas vacías

    por Redacción
    28 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    ROMPEPAGINAS A – 6

    MÁS VIGO

    Planeta Theremin
    Más Vigo

    Planeta Theremin

    La ciudad de Vigo esconde numerosos rincones sorprendentes. A través de esa puerta que se observa a la derecha de...

    por Julio Alonso
    31 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder
    Libros

    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder

    Ya tenemos aquí un nuevo año y con él han llegado unas cuantas novedades literarias. ¿Les echamos un vistazo? 1)...

    por Gabriel Romero de Ávila
    31 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    CAAN rescata a nove cachorros, dous de eles nunha fosa gandeira
    Opinión

    El maltrato animal denigra el alma humana y convierte a los humanos en monstruos cobardes y despreciables

    Por María M. Adeva Los seres humanos han basado su bienestar en el vil y cruel sometimiento y explotación de...

    por Cartas al Director
    24 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR