• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 4 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    turismo

    A Deputación invitará en Fitur a desfrutar do «teu momento» na provincia

    Carmela Silva: “Unha campaña fresca e optimista que apela ás emocións para que saiban que somos un destino sostible, seguro, hospitalario e multiexperiencial”
    Redacción por Redacción
    13 de May, 2021
    en Galicia
    0
    A Deputación invitará en Fitur a desfrutar do «teu momento» na provincia

    Agora si. Despois da traxedia da pandemia e dos enormes danos que no último ano e medio causou ao sector do turismo, agora chegou o momento para invitar directamente a viaxar de novo á provincia de Pontevedra. “É o teu momento”. Con esta apelación directa a volver a desfrutar no destino Rías Baixas, a Deputación de Pontevedra presentará o próximo xoves, ás 12.00h na Feira Internacional de Turismo “Fitur”, “unha proposta ilusionante, innovadora, tecnolóxica e baseada nas emocións e nas experiencias que, unha vez máis, sorprenderá ao recinto de Ifema”, en palabras da presidenta Carmela Silva.

    O Salón de Plenos albergou o acto de presentación da campaña e tamén das liñas de acción do II Plan Estratéxico de Turismo, folla de ruta da Deputación para os vindeiros tres anos. O evento, moi visual, musical e festivo coa actuación de Nadja Sami e a proxección de imaxes e audiovisuais de Rías Baixas, contou coa asistencia do sector e de alcaldes e alcaldesas de concellos como Baiona, Lalín, Cangas, O Grove, O Rosal, A Cañiza, Forcarei, Mondariz, Mondariz-Balneario, Ponte Caldelas, Salvaterra, Barro, Moraña, Vilaboa, A Guarda, Fornelos ou A Illa, amais de concelleiras/os do resto dos concellos da provincia.

    “É o teu momento” chega a Fitur

    “En Fitur facemos, agora si, unha chamada directa a viaxar á provincia, a que elixan o noso destino como lugar no que vivir experiencias únicas e tamén seguras”, asegurou a presidenta Carmela Silva. A proposta provincial, que poderá seguirse por streaming en www.depo.gal e a través da canle da institución provincial en Twitter, “será unha presentación chea de frescura e de optimismo, unha chamada á acción para que as persoas turistas se preparen para visitar a nosa provincia porque É O TEU MOMENTO”.  Contará “co valor engadido de mulleres talentosas e referentes da creatividade cultural en Galicia que poñen voz e alma ao noso relato do turismo”. Silva referiuse con elo á artista Woiza, a voz da mensaxe, á poeta feminista Lúa Mosquetera, coguionista “dun relato que non deixará a ninguén indiferente”, e á reporteira viguesa Noa García, que se encargará de conducir o acto. Amais, a presentación do destino “dará voz ao sector e porá cara, voz e espazos a toda a cadea de valor do sector turístico” contando coa colaboración de Miguel de la Cierva, do Náutico do Grove.

    “É o teu momento” continúa a liña emocional de “Fame de experiencias” e “Sigue o teu instinto”, amosando que a provincia é un destino sostible, hospitalario, seguro e multiexperiencial. “Trátase dunha invitación a visitar a provincia para que as persoas turistas creen novos recordos para o futuro”, indicou Carmela Silva. A presidenta tamén explicou que a campaña vai dirixida tanto ás que xa coñecen a provincia como a aquelas que nunca viñeron, con accións de reforzo, promoción en redes sociais, reportaxes en revistas especializadas, prestando atención a Madrid, Barcelona, Asturias e País Vasco. Amais, continúa a estela de #momentosríasbaixas, que arrancou a comezos do 2021 e tivo xa un impacto de máis dun millón de persoas e, a través dos sorteos de experiencias, chegou a máis de 800.000 persoas de Madrid, Barcelona, Asturias, Bilbao, Sevilla, Córdoba e Málaga, entre outros lugares da xeografía estatal.

    Xunto á presentación do destino, a Deputación de Pontevedra tamén recollerá as 11 Q da rede Info Rías Baixas que recalarán nas tres oficinas de turismo da institución (Palacete das Mendoza, Aeroporto de Vigo e Armenteira en Meis) e nas dos concellos da Illa, A Estrada, Cangas (A Bola), Nigrán, Sanxenxo, Baiona, Caldas e Poio (Casal de Ferreirós). Amais, participará na XI edición dos premios SICTED, onde a Deputación revalidará o seu liderado como primeiro destino SICTED de España en número de establecementos distinguidos; acompañará aos concellos nas súas presentacións de destino e estará nas accións de promoción de proxectos como “Camiños do Sur”, no stand de Badaxoz, no que a institución provincial participa. Tamén  estará no foro “News Trends On Tourism Communication”, de reflexión sobre o audiovisual turístico, no que se proxectará o vídeo “Sigue o teu insinto”, que ten xa un galardón internacional e vén de conseguir outros dous premios, como caso de éxito.

    Posta de largo do Plan Estratéxico de Turismo

    No evento, a presidenta provincial tamén detallou as liñas de acción do II Plan Estratéxico Provincial de Turismo, con 280 páxinas, 46 plans de actuación e 269 accións operativas, vai permitir “seguir modernizando, dixitalizando e innovando” o sector turístico. O principal obxectivo do plan, que mobilizará ata 16 millóns de euros amais dos fondos europeos que quere impulsar, “é converter a Pontevedra Provincia no primeiro territorio certificado como destino turístico intelixente”.

    “Non vai ser posible que sexamos capaces de reconstruír unha situación tan terrible como a que temos vivido se non traballamos xuntas e xuntos”, asegurou a presidenta provincial, que enxalzou o compromiso, implicación e participación: “Que esteades aquí reafirma que o sector turístico reflotará e que seguramente no 22 e 23 vai ter esa subida exponencial que xa estabamos vivindo antes da covid19”.

    “Se algo puxo de manifesto esta pandemia –asegurou- é a necesaria transformación dixital e a resiliencia dos destinos sostibles e verdes. Sabemos que dispoñemos dun tesouro valioso e témolo que xestionar con intelixencia e responsabilidade compartida”.  Deste xeito, o Plan aborda cuestións como a xestión da incerteza mediante a innovación, a inclusión e a igualdade de oportunidades. Todo elo arredor de catro grandes eixos entre os que se atopan a promoción e a comunicación; a oferta turística diferenciada; a competitividade e a reactivación; e a intelixencia no destino.

    Carmela Silva detallou que no eixo da promoción e comunicación vanse lanzar accións de reforzo e marketing do destino, así como un programa específico sobre accesibilidade turística, unha campaña de sendeirismo adaptado e un programa de sensibilización ao sector sobre a sustentabilidade. En canto á oferta turística diferenciada explicou que se desenvolverán  accións de valorización e activación da oferta en ata 19 produtos de referencia na provincia, amais de accións nos recursos turísticos como son os Castelos de Soutomaior e Sobroso. A presidenta detallou accións relacionados cos Camiños de Santiago, a ruta dos fenicios, os xacementos galaico-romanos, as rutas da camelia, o patrimonio industrial e a posta en marcha de programas de potenciación de produto ligado ao patrimonio material e inmaterial. Tamén a aposta polo turismo de natureza e científico, actividades nocturnas e un programa starlight, turismo de litoral e actividades acuáticas, turismo de interior, turismo saudable e de bestar, turismo deportivo, enogastronomía e a creación dun produto turístico sustentable arredor de grandes eventos.

    No que respecta á competitividade e reactivación vanse promover accións co sector privado centradas no SICTED e a Q de calidade, axudas e subvencións de actividades turísticas, programas de reactivación, plans de sustentabilidade e accións de mobilidade amable. Tamén se vai apostar pola dixitalización das oficinas de turismo, dimensionar o programa SmartPeme e as accións Turistic ás novas necesidades no eido da dixitalización,  lanzar accións comerciais e workshops para canalizar o intercambio comercial e traballar para captar fondos Next Generation a través de iniciativas nas que xa está a traballar a institución provincial como o Tourist Inside II, para abordar a dixitalización e a mellora dos equipamentos turísticos e sociais dos concellos.

    Finalmente, en canto ao eixo do destino intelixente, no que se enmarcan as actuacións destinadas a mellorar a dixitalización, sustentabilidade e a inclusión, contempla actuacións como a formación e capacitación de persoal de turismo, un plan de eficiencia enerxética e eficiencia hídrica de edificios turísticos, outro de residuos en edificios turísticos e concienciación medioambiental, un programa de Vixilancia Competitiva e Intelixencia Turística e outro de mellora da calidade do emprego. Neste eixo tamén se inclúen cuestións relacionadas coa mellora da mobilidade turística na provincia, a execución do Plan Móvese III de redución de velocidade ou o desenvolvemento de ferramentas virtuais que nos permitan coñecer en tempo real o estado do tráfico ou zonas de aparcamento disuasorio nos principais destinos da provincia. Amais, afondarase no aliñamento continuo coa Axenda 2030 e  cos ODS, no compromiso de sustentabilidade, no consumo e compra de produto local ou no lanzamento de liñas de colaboración co sector para traballar nesta dirección.

    Na presentación do Plan tamén participaron representantes do sector turístico que puxeron voz aos temas clave que nel se abordan como son a dixitalización, a sustentabilidade, as experiencias ligadas á cultura e a importancia da cadea de valor que compón a enogastronomía. Deste xeito, Adolfo Neira, da empresa EOSA encargada da elaboración do Plan, fixo fincapé na importancia da tecnoloxía “fundamental neste escenario de incertidume” e “núcleo guardián do plan”. Pola súa banda Ana Vázquez, xerente de Alecrín, e Goretti Álvarez, do restaurante Silabario, afondaron na sustentabilidade subliñando, a primeira, a importancia de “coidar a natureza, o patrimonio material e inmaterial para que ao longo prazo poidamos ter un sector turístico consolidado” e, no caso da segunda, a importancia do produto local e o coidado da terra “para garantir un destino turístico de calidade, verde e de excelencia”. Finalmente Jordi Lauren, en representación de Rías Baixas Fest, e Anxo Sánchez, codirector do festival Play Doc dos FilmFest reivindicaron a importancia da cultura como foco de atracción turística. Lauren enxalzou o papel “dos festivais como compañeiros de viaxe idóneos para comezar a reactivación turística, social e económica que temos por diante” e Sánchez apelou á importancia dos eventos culturais “para innovar e tecer redes para fomentar o desenvolvemento local e atraer turismo”.

    43

    Tags: Carmela SilvaDeputación de PontevedraFitur

    RelacionadosArtículos

    La reurbanización del centro de Arcade ya tiene quien la aborde por un millón de euros
    Comarcas

    La reurbanización del centro de Arcade ya tiene quien la aborde por un millón de euros

    03 de Feb, 2026
    Tras ‘inventar’ la Navidad, Vigo pone el foco en un nuevo objetivo
    Local

    Caballero niega el bajón del turismo de la Navidad de Vigo en base al impacto digital en redes sociales

    02 de Feb, 2026
    Nuevo impulso al astroturismo: San Nomedio obtiene la certificación Paraje Starlight
    Actualidad

    Nuevo impulso al astroturismo: San Nomedio obtiene la certificación Paraje Starlight

    30 de Ene, 2026
    La Diputación muestra con calma las experiencias ´slow’ de las Rías Baixas en Fitur
    Actualidad

    La Diputación muestra con calma las experiencias ´slow’ de las Rías Baixas en Fitur

    22 de Ene, 2026
    Tras ‘inventar’ la Navidad, Vigo pone el foco en un nuevo objetivo
    Local

    Tras ‘inventar’ la Navidad, Vigo pone el foco en un nuevo objetivo

    22 de Ene, 2026
    Vigo se consolida en Fitur como el gran plató del audiovisual: «Las luces de Navidad no solo se admiran, se ruedan»
    Local

    Vigo se consolida en Fitur como el gran plató del audiovisual: «Las luces de Navidad no solo se admiran, se ruedan»

    22 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    por Redacción
    30 de Ene, 2026
    0

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    Primera sentencia en Galicia contra un banco por suplantación de identidad a una clienta

    Piden que Abanca devuelva a Vigo lo que Vigo le dio y ceda el uso de 200 viviendas vacías

    por Redacción
    28 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Del Vigo de la Navidad al Vigo de la lluvia
    Más Vigo

    Del Vigo de la Navidad al Vigo de la lluvia

    En tan solo un mes, Vigo ha pasado de ser la ciudad de la Navidad a ser la ciudad de...

    por Julio Alonso
    04 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    La izquierda nos mete un buen bocado a la libertad de expresión
    Opinión

    La izquierda nos mete un buen bocado a la libertad de expresión

    Entre el 2 y 5 de Febrero se "iban" a celebrar en la capital hispalense la XI edición de "Letras en...

    por Fernando Torres Carbajo
    03 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR