• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 4 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    Fitur 2018

    A Deputación de Pontevedra deixa a súa pegada en Fitur

    A presidenta Carmela Silva presentou “Somos Memorias”, a emotiva curtametraxe na que a figura de María Vinyals pon en valor todo o patrimonio cultural e natural da provincia
    Redacción por Redacción
    18 de Ene, 2018
    en Galicia
    0
    A Deputación de Pontevedra deixa a súa pegada en Fitur

    Ante un auditorio, un ano máis, repleto de xente, Silva, acompañada de Patricia Torres, a actriz protagonista da curta promocional, e o historiador provincial Diego Piay, deron a coñecer o papel decisivo de María Vinyals nesta campaña para coñecer ao través da súa figura o patrimonio histórico e natural da provincia de Pontevedra.

    “Somos historias” é unha curtametraxe que ten como fío condutor a coñecida como a “Marquesa Roxa” e precursora do activismo en defensa das mulleres, María Vinyals, que da nome ademais a Escola de Igualdade da Deputación, para amosar toda a riqueza patrimonial do destino Rías Baixas, “un lugar que é o verdadeiro paraíso”, tal e como asegurou Carmela Silva. A curtametraxe, desde a emoción, amosa como unha muller xoven e moderna descubre no Museo de Pontevedra unha imaxe de María Vinyals e, a partir dela, comeza a interesarse por esta figura feminina e pola provincia de Pontevedra, ata o punto de chegar a identificarse totalmente coa Marquesa nada no Castelo de Soutomaior. A partir de ese paraxe, a curtametraxe pon en valor significados elementos do patrimonio da provincia de Pontevedra con localizacións en todas as comarcas como O Deza, Tabeirós, Salnés, Caldas, Baixo Miño, Vigo, O Morrazo, Pontevedra ou O Condado.

    A presidenta da Deputación de Pontevedra explicou que se seleccionou a figura de María Vinyals porque “os territorios se constrúen por aquilo que aportan as persoas. A natureza nos situou nun lugar marabilloso, cun patrimonio envexable, cun lugar que cheira a terra mollada, pero, sobre todo, un lugar cheo de persoas incribles como María Vinyals. Por iso estamos traballando para que as nosas historias segan vivas e compartilas con todas e todos os visitantes”. Carmela Silva destacou o importante papel desenvolvido por María Vinyals, “unha muller de grande capacidade e cultura, que falaba cinco idiomas e viaxaba por todo o mundo ata o punto que sempre que regresaba ao Castelo aseguraba que non había nada no mundo como a provincia de Pontevedra”. A presidenta tamén fixo fincapé en que “pese a situarse ao nivel de Clara Campoamor era unha grande descoñecida, da que cada día estamos a descubrir novas”. Así, Silva informou que “hai dous días fomos recoller a Guimaraes, en Portugal, un caderno que custodiaba unha filla de Lluria, o segundo marido de María Vinyals, con impresións das persoas que visitaban o castelo de Soutomaior e, onte mesmo nunha librería, descubrimos un exemplar do libro “Rebelión”, escrito por María, do que ata este momento pensábamos que soamente había un exemplar na Biblioteca Nacional”. Ao respecto, o historiador Diego Piay desvelou que “tamén onte nos chegaban informacións desde Londres da familia de María Vinyals, con datos que ata ese mesmo momento eran descoñecidos”.

    Piay enxalzou o papel cultivado da Marquesa de Ayerbe, “autora dunha investigación rigorosa do Castelo de Soutomaior que aínda hoxe están a empregar os historiadores e historiadoras que estudan o recinto”. De feito, e de xeito anecdótico, o historiador remarcou que “sempre hai lendas de pantasmas vencelladas a castelos pero descoñecíanse algunha ligada a Soutomaior ata que, investigando, se descubriu que tamén María Vinyals recolleu nos seus escritos historias sobre o pantasma do castelo”.

    Arredor da figura de María Vinyals, “da que non sabemos nin onde nin como morreu”, segundo informou Piay, configurouse esta acción promocional que pon en valor a riqueza patrimonial e histórica do castelo de Soutomaior no que viviron grandes personaxes históricos. Ao respecto, o historiador da Deputación recordou a Pedro Madruga, “un nobre galego moi poderoso e cheo de misterio” e do que Silva engadiu que “mesmo hai teorías que subliñan que era Cristóbal Colón”. Tamén se recordou ao Marqués de la Vega de Armijo, tío de María Vinyals, “un político fundamental de finais do século XIX que ao converter ao castelo na súa residencia de verán converteuno tamén nun espazo polo que pasaron políticos e personaxes de todo o mundo fundamentais na historia de finais do século XIX”, destacou Piay.

    O Castelo de Soutomaior tamén permitiu poñer en valor as camelias das Rías Baixas xa que “ten un xardín espectacular no que as camelias son as raíñas”, remarcou a presidenta da Deputación de Pontevedra. Neste eido, as persoas que presenciaron a acción promocional da institución provincial recibiron unhas caixas elaboradas por centros educativos da provincia de Pontevedra con nubes e galletas de camelia: “pechen os ollos, abran as galletas e pensen no castelo de Soutomaior, desfruten e soñen coa provincia de Pontevedra”, convidou Silva ás persoas asistentes, ás que tamén avanzou que a esperada musealización do Castelo será inaugurada no próximo mes de abril.

    Xunto á camelia, tamén houbo tempo de recordar a riqueza patrimonial da provincia de Pontevedra. Ao respecto, a presidenta provincial destacou que “neste ano 2018, Ano Europeo do Patrimonio, imos centrar a nosa campaña en este aspecto porque a nosa cultura nos permite amosar un destino multiexperiencial, algo que marca o Plan Estratéxico de Turismo que aprobamos o pasado decembro e imos a implantar ata o 2020”.

    “Somos historias”, a acción promocional presentada esta mañá en FITUR, é, en palabras da presidenta da Deputación de Pontevedra “unha aposta para que as nosas historias segan vivas e para compartilas con todas e todos os visitantes. En Pontevedra provincia “Somos historias”, estou convencida de que se van namorar delas e as van facer súas xa que cando nos visiten non poderán esquecer a nosa gastronomía, cultura, patrimonio, lendas, atardeceres e amenceres -os máis fermosos do mundo-, o cheiro a terra mollada, os viñedos, a pedra e a auga, fervenzas, mar e ríos, petróglifos, castros e sobre todo a nosa vitalidade, hospitalidade e ese humor que nos caracteriza, que xa lles gustaría ter aos británicos. Por iso veñan e vivan as s historias con nós porque, como dicía María Vinyals, nada existe no mundo comparable á provincia de Pontevedra, xardín de España, verxel de Galicia”.

    _DSC7955
    _DSC8020
    pontevedra vigo

    43

    RelacionadosArtículos

    Golpes, zarandeos y mensajes amenazantes: la agresión por la que investigan a cuatro menores
    Nigrán

    Golpes, zarandeos y mensajes amenazantes: la agresión por la que investigan a cuatro menores

    04 de Feb, 2026
    Del Vigo de la Navidad al Vigo de la lluvia
    Más Vigo

    Del Vigo de la Navidad al Vigo de la lluvia

    04 de Feb, 2026
    Un día más, un nuevo accidente: colapsada la Avenida de Madrid por una colisión en cadena
    Sucesos

    Un día más, un nuevo accidente: colapsada la Avenida de Madrid por una colisión en cadena

    04 de Feb, 2026
    Un incendio en una conocida empresa de Beade moviliza a Bomberos y Policía
    Sucesos

    Un incendio en una conocida empresa de Beade moviliza a Bomberos y Policía

    03 de Feb, 2026
    Tormenta de rayos y granizo sobre Vigo: noche en vela y carreteras teñidas de blanco
    Local

    Leonardo, sin prisa: se quedará por aquí hasta el fin de semana activando alertas (y después vienen sus primos)

    03 de Feb, 2026
    «Máxima preocupación» entre los empresarios de Mos frente a la nueva A-52
    Mos

    «Máxima preocupación» entre los empresarios de Mos frente a la nueva A-52

    03 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    por Redacción
    30 de Ene, 2026
    0

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    Primera sentencia en Galicia contra un banco por suplantación de identidad a una clienta

    Piden que Abanca devuelva a Vigo lo que Vigo le dio y ceda el uso de 200 viviendas vacías

    por Redacción
    28 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Del Vigo de la Navidad al Vigo de la lluvia
    Más Vigo

    Del Vigo de la Navidad al Vigo de la lluvia

    En tan solo un mes, Vigo ha pasado de ser la ciudad de la Navidad a ser la ciudad de...

    por Julio Alonso
    04 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    La izquierda nos mete un buen bocado a la libertad de expresión
    Opinión

    La izquierda nos mete un buen bocado a la libertad de expresión

    Entre el 2 y 5 de Febrero se "iban" a celebrar en la capital hispalense la XI edición de "Letras en...

    por Fernando Torres Carbajo
    03 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR