• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 25 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Unha tese do Chuvi estuda a relación da EPOC e o enfisema co cancro de pulmón

    A investigación dunha pneumóloga da área sanitaria de Vigo achega información para o diagnóstico precoz e a terapia máis adecuada para cada paciente
    Redacción por Redacción
    31 de Jul, 2019
    en Salud
    0
    Unha tese do Chuvi estuda a relación da EPOC e o enfisema co cancro de pulmón

    O traballo de investigación foi presentado pola doutora Cecilia Mouronte, do servizo de Pneumoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro, titorizado polos doutores Alberto Fernández Villar (xefe de servizo de Pneumoloxía do Chuvi), Virginia Leiro Fernández (Servizo de Pneumoloxía do Chuvi) e Alberto Ruano Raviña (profesor da USC). A doutora Mouronte leu a tese na facultade de Medicina de Santiago de Compostela, obtendo unha cualificación de sobresaliente Cum Laude.

    Esta tese pretende encher o baleiro de información que hai actualmente sobre a materia. O mal prognóstico do cancro de pulmón, a súa elevada prevalencia entre pacientes con EPOC e a evidencia que postula á EPOC como un factor de risco para o desenvolvemento deste tipo de cancro, fan necesario elaborar estratexias con utilidade na detección precoz en pacientes con EPOC e/ou enfisema. “Por todo iso, resulta clave coñecer mellor a interacción entre o cancro de pulmón e a EPOC, e tamén establecer se existe algunha relación entre o tipo de enfisema pulmonar e o desenvolvemento de tumores no pulmón do paciente”, explica Cecilia Mouronte.

    Nos últimos anos publicáronse numerosos estudos que parecen mostrar a existencia dunha relación entre o cancro de pulmón, a EPOC e o enfisema. Con todo, non existe información que poida axudar a elixir a terapia máis adecuada e o seu prognóstico. Tampouco hai estudos sobre a posibilidade dunha relación entre distintos tipos de enfisema e a existencia de cancro. Do mesmo xeito, existe escasa evidencia sobre o papel que representan algúns marcadores en sangue, que poderían servir como ferramentas de diagnóstico precoz, de posible cribado do tumor pulmonar, de determinación da súa gravidade, de avaliación de resposta terapéutica e/ou de toma de decisións diagnósticas e terapéuticas no subgrupo de pacientes cunha EPOC de base.

    Desa falta de información xurdiu a idea da realización do proxecto de investigación, e para iso realizáronse estudos específicos.

    Case 1.000 pacientes
    O primeiro estudo consistiu en repasar e actualizar os datos existentes e comprobouse que tanto a EPOC como o enfisema incrementan o risco de desenvolver cancro de pulmón, con maior probabilidade en fumadores e crecendo a medida que aumenta o consumo de tabaco.

    Con todo iso a autora e os seus colaboradores do servizo (achegaron datos varios membros do servizo de Pneumoloxía) iniciaron a fase de investigación, na que se incluíron 969 pacientes. No segundo dos estudos de documentación participou tamén o Complexo Hospitalario de Ourense, que achegou os datos de que dispoñía, permitindo establecer que a EPOC é unha entidade igual de infradiagnosticada entre pacientes con cancro de pulmón que entre a poboación xeral.

    Posteriormente, e nun traballo no que participou o Servizo de Radioloxía do Chuvi, estudaron os distintos tipos de enfisema pulmonar nos enfermos con esta patoloxía, que arroxou a conclusión de que o enfisema paraseptal en pacientes con EPOC é máis frecuente entre os enfermos que ademais presentan cancro de pulmón.

    Ademais, abordáronse os niveis de distintos biomarcadores no sangue neste tipo de pacientes, investigación na que participou tamén o servizo de Análises Clínicas. E comprobouse a existencia de tres deses marcadores (niveles elevados de alfa-1 antitripsina, neutrófilos e diminuídos de colesterol) que asócianse cunha maior probabilidade de presentar cancro de pulmón en pacientes con EPOC.

    De feito, dos 969 pacientes que participaron na investigación foron diagnosticados 588 con EPOC e cancro de pulmón, 500 a través da vía rápida que o servizo de Pneumoloxía do Chuvi ten para estes casos e os outros 88 en Ourense.

    Máis investigación
    Os resultados mostrados nos traballos da tese forman parte dun proxecto multicéntrico nacional, incluído no Programa Integrado de Investigación de Oncoloxía Torácica da Sociedade Española de Patoloxía Respiratoria (SEPAR).

    “Cos resultados obtidos sobre o enfisema paraseptal e os biomarcadores sanguíneos debería continuar o proxecto de investigación a nivel nacional”, subliña a doutora Mouronte, que aclara: “Os futuros estudos deseñaranse para validar os nosos resultados, co obxectivo de dispoñer dunha escala combinada de parámetros clínicos, exposicións de risco, función pulmonar, tipo de enfisema e marcadores en sangue que permita seleccionar a aqueles pacientes con EPOC susceptibles de entrar en estratexias de cribado de cancro de pulmón. Como obxectivo secundario preténdese modificar as escalas de predición de malignidade no estudo de nódulos pulmonares e outras lesións sospeitosas de cancro en pacientes con EPOC”.

    43

    RelacionadosArtículos

    ‘Los Domingos’ arrasa en una gala de los Feroz sin polémicas y sin ‘Romería’
    Cine

    ‘Los Domingos’ arrasa en una gala de los Feroz sin polémicas y sin ‘Romería’

    25 de Ene, 2026
    El mayor fracaso de Vigo Vertical: el elevador que suma años con averías dilapida otros 200.000€
    Local

    El mayor fracaso de Vigo Vertical: el elevador que suma años con averías dilapida otros 200.000€

    25 de Ene, 2026
    CAAN rescata a nove cachorros, dous de eles nunha fosa gandeira
    Opinión

    El maltrato animal denigra el alma humana y convierte a los humanos en monstruos cobardes y despreciables

    24 de Ene, 2026
    Aparatoso accidente en la VG20: un camión vuelca en la salida de Matamá
    Sucesos

    Aparatoso accidente en la VG20: un camión vuelca en la salida de Matamá

    24 de Ene, 2026
    Luisa Sánchez plantea un acuerdo para que Vigo exija a Aena que «ejerza sus competencias» y potencie Peinador
    Local

    Luisa Sánchez plantea un acuerdo para que Vigo exija a Aena que «ejerza sus competencias» y potencie Peinador

    24 de Ene, 2026
    Tras el histórico éxito del Certamen de Rondallas en Ifevi, Caballero repite el concurso municipal
    Local

    Tras el histórico éxito del Certamen de Rondallas en Ifevi, Caballero repite el concurso municipal

    24 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Una constructora de A Coruña se apodera ya de las obras para transformar el icónico hotel Bahía de Vigo

    Una constructora de A Coruña se apodera ya de las obras para transformar el icónico hotel Bahía de Vigo

    por Redacción
    21 de Ene, 2026
    0

    Tras ‘inventar’ la Navidad, Vigo pone el foco en un nuevo objetivo

    Tras ‘inventar’ la Navidad, Vigo pone el foco en un nuevo objetivo

    por David Augusto
    22 de Ene, 2026
    0

    El rural de Vigo se une a la tendencia de transformar locales en viviendas: Beade gana dos pisos

    El rural de Vigo se une a la tendencia de transformar locales en viviendas: Beade gana dos pisos

    por Redacción
    19 de Ene, 2026
    0

    Cortada al tráfico parte de una calle en un barrio de Vigo por riesgo de derrumbe de un edificio

    Cortada al tráfico parte de una calle en un barrio de Vigo por riesgo de derrumbe de un edificio

    por Europa Press
    19 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Recordando el colegio Mezquita
    Más Vigo

    Recordando el colegio Mezquita

    Pocas personas saben que la ubicación del segundo edificio de la izquierda, el que acoge un conocido bingo en su...

    por Julio Alonso
    24 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Agency, de William Gibson: vuelve el maestro de la ciencia ficción
    Libros

    Agency, de William Gibson: vuelve el maestro de la ciencia ficción

    «Cuando te acaban de contratar, pasas a un estado liminal de existencia, recordó Verity en el andén de la estación...

    por Gabriel Romero de Ávila
    24 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    CAAN rescata a nove cachorros, dous de eles nunha fosa gandeira
    Opinión

    El maltrato animal denigra el alma humana y convierte a los humanos en monstruos cobardes y despreciables

    Por María M. Adeva Los seres humanos han basado su bienestar en el vil y cruel sometimiento y explotación de...

    por Cartas al Director
    24 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR