• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 31 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    “Unha sociedade avanzada non se pode chamar así se maltrata ou abandona aos animais»

    A presidenta da Deputación de Pontevedra visitou as instalacións Centro de Acollida e Adopción de Animais en Armenteira, onde poido comprobar a atención a “Rulo”, un can que foi incautado ao seu dono por maltrato, e a favorable evolución de “Ánxela” e “Mara”, as cadeliñas de Cuntis que foron tratadas no centro despois de ser arroxadas a un colector
    Redacción por Redacción
    22 de Oct, 2019
    en Medio Ambiente
    0
    “Unha sociedade avanzada non se pode chamar así se maltrata ou abandona aos animais»

    Silva, que estivo acompañada do deputado provincial Manuel González, destacou que estes traballos permitirán “que o labor que se realiza no CAAN sexa aínda máis efectiva e eficaz e poida desenvolverse en condicións óptimas”, amais de mellorar aínda máis as condicións dos animais que se atopan no centro.

    Estes traballos, que teñen por obxecto a adecuación do CAAN á Lei de Protección e Benestar dos Animais de Compañía de Galicia, inclúen, como destacou a presidenta, “a creación dunha nova zona de maternidade, outra de esparexemento, a remodelación da zona de corentena, que suporá a eliminación das gaiolas de corentena de forma definitiva, a reforma da zona hospitalización e a mellora do espazo de clínica”. De xeito especial, Silva salientou que na futura zona de esparexemento “os animais van estar en liberdade e en aínda mellores condicións das que xa se lles trata”.

    Carmela Silva lembrou que o CAAN funciona os 365 días do ano e as 24 horas do día e felicitou ao equipo que traballa nas instalacións polo seu compromiso no coidado dos cans. Aínda que destacou que este ano os rexistros do centro amosan unha tendencia de mellora na situación do abandono animal na provincia, a presidenta volveu animar á veciñanza da provincia a adoptar e a respectar e coidar debidamente aos cans. “Unha sociedade avanzada non se pode chamar así se maltrata ou abandona aos animais. Parece mentira que en pleno século XXI cando presumimos de estar tan avanzados nun mundo de cambio e prodixiosa innovación sigamos tendo algunhas persoas actitudes tan deleznables que temos que perseguir”, indicou. Silva engadiu que o obxectivo é “o abandono cero” e avogou pola educación para conseguir eliminar abandonos e condutas como as que levaron ao CAAN a “Rulo”, un dos dous cans mestizos que hoxe mesmo ingresou no centro para ser recuperado tras ser incautados aos seu dono pola Policía por maltrato, no concello de Redondela.

    Ademais de ver os coidados que se lle están prestando a “Rulo”, a presidenta tamén poido comprobar a recuperación de “Ánxela” e “Mara”, as dúas cadeliñas que foron arroxadas a un colector de lixo en Cuntis con apenas dous días de vida e que, grazas a outra cadela de acollida, “Rula”, que as aleitou no CAAN, están saíndo adiante. “Evolucionan moi favorablemente e seguro que se as levarán moi pronto _salientou a presidenta_, terán unha familia e estarán nas mellores condicións. Creo que temos que facer unha homenaxe a “Rula”, que foi a que as alimentou e nos deu unha verdadeira lección de vida. É un exemplo a poñer para que as veciñas e veciños de Pontevedra tomemos conciencia de canto nos aportan os animais. Grazas a ela, hoxe podemos ter a estas cadeliñas que tiñan mal augurio nestas condicións tan boas”. Silva tamén acariciou a “Bertín”, un can mestizo das Neves que leva no centro de Meis desde case a súa apertura, en abril do 2013.

    O pasado 2018, segundo explicou Carmela Silva, o CAAN recolleu un total de 1.788 animais. Deles, 374 cans foron devoltos aos seus propietarios antes de ser trasladados ao centro e 372 foron recollidos xa no CAAN polos seus donos. As cifras están mellorando neste 2019 porque se levan recollidos menos animais, un total de 994, dos que 263 foron devoltos antes de levalos ao CAAN, e 229 foron recollidos alí polos seus propietarios. “O dato positivo deste ano é que hai unha tendencia á baixa no que se refire ao número de recollidas, 994, cunha media de 1o6,8 por mes, mentres que no 2018 houbo un total de 1.788, cunha media mensual de 149. En todo caso, hai que chegar a final de ano para facer unha comparativa equilibrada, pero si que se ve que hai esa tendencia á baixa”. Tamén descendeu a porcentaxe de abandono en función da poboación, que neste 2019 sitúase nun 0,33%, cando o ano pasado era de 0,49 %, “o que significa que descendeu un 0,16%”

    Outro dato a destacar está no número de adopcións, “que van a moi bo ritmo”. Se o pasado 2018 houbo 360, no que vai de 2019 xa van 353. “Polo tanto todo indica que este ano imos superar o número de adopcións con respecto ao do 2018”, sinalou.

    Ata o 10 de outubro deste ano tramitáronse 232 expedientes de localización de propietarios, dos que 17 remataron en denuncia por abandono ou maltrato, mentres que o pasado ano houbo en total 138 expedientes e 27 denuncias.

    Por outra banda, Silva salientou tamén que dos cans recollidos o pasado 2018, un 9,49% tiñan microchip, fronte ao 7,4% do 2017 e o 6% do 2016. “Hai unha tendencia discreta _sinalou Silva_, ten que aumentar moito máis, pero positiva, e facemos un chamamento aos propietarios para que lles poñan chip porque este é un requisito obrigatorio por lei”.

    Amais, un 7,7% dos animais recollidos presentaban lesións ou enfermidades graves no momento da súa entrada, derivadas de actuacións neglixentes, maltrato ou accidentes de tráfico, que foron tratadas no CAAN.

    Respecto ás razas, explicou que non existe ningunha especialmente numerosa nos cans recollidos e o número de raza potencialmente perigosa é baixo (actualmente son sete), a maioría con propietario. Así mesmo, as razas identificadas como de caza son frecuentes, aínda que tamén representan o maior número de cans adoptados.

    Campaña
    Por último, Silva referiuse á vindeira campaña de sensibilización que a Deputación porá en marcha contra o abandono e para fomentar as adopcións en datas próximas ao Nadal. “No Nadal seguramente desenvolvemos unha sensibilidade maior, as nenas e os nenos nos piden na casa un animal de compañía e o que se fai e compralos _explicou_. Sen embargo, deberiamos adoptar. É unha actitude moito máis social e acorde co benestar animal. E amais, moitas veces xerando esas compras compulsivas ligadas a esas datas logo se producen abandonos,. Porque levar a un animal para casa ten que ser algo consciente, cun gran convencemento de que queremos compartir a vida neste caso cun can”. A campaña fará fincapé na importancia da adopción fronte á compra e, por outro, na importancia de “esterilizar para evitar a cría irresponsable de animais, que moitas veces acaban abandonados, como pasou a estas cadeliñas que tivo que aleitar “Rula””.

    Pola súa banda, o veterinario José Luis Pedreira indicou que no caso das adopcións, que son gratuítas, o persoal do CAAN sempre asesora ás persoas interesadas sobre o can “que poida adaptarse mellor ás súas necesidades” e que, trala firma do contrato, os animais saen do centro vacinados, desparasitados e esterilizados.

    43

    RelacionadosArtículos

    El mal tiempo deja un reguero de incidentes
    Local

    El mal tiempo deja un reguero de incidentes

    30 de Ene, 2026
    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive
    Local

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    30 de Ene, 2026
    Tensión en la protesta del metal en Vigo con cargas policiales ante la factoría de Stellantis
    Local

    Lío en la negociación del convenio provincial del metal: La patronal se va de la mesa

    30 de Ene, 2026
    Vialia Vigo presenta su agenda de febrero: talleres, música en directo y propuetas familiares
    Local

    Vialia Vigo presenta su agenda de febrero: talleres, música en directo y propuetas familiares

    30 de Ene, 2026
    Vigo se sube a la ola eólica: Astilleros San Enrique entrega con éxito su primer proyecto offshore
    Local

    El Puerto de Vigo retira los terrenos del antiguo Vulcano a Astilleros San Enrique tras caducar su concesión

    30 de Ene, 2026
    Nuevo impulso al astroturismo: San Nomedio obtiene la certificación Paraje Starlight
    Actualidad

    Nuevo impulso al astroturismo: San Nomedio obtiene la certificación Paraje Starlight

    30 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    «Pequeno busca fogar», de Fátima Rodríguez, segundo premio do I Certamen de Relatos de VigoÉ

    El modelo de turismo de la Navidad de Vigo se agota, según los datos de diciembre del INE

    por Redacción
    27 de Ene, 2026
    0

    Caballero quiere transformar unas antiguas viviendas de maestros en 6 pisos sociales

    Caballero quiere transformar unas antiguas viviendas de maestros en 6 pisos sociales

    por Redacción
    23 de Ene, 2026
    0

    El mayor fracaso de Vigo Vertical: el elevador que suma años con averías dilapida otros 200.000€

    El mayor fracaso de Vigo Vertical: el elevador que suma años con averías dilapida otros 200.000€

    por Redacción
    25 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    ROMPEPAGINAS A – 6

    MÁS VIGO

    Calles en penumbra
    Más Vigo

    Calles en penumbra

    La Navidad de Vigo ya se ha terminado, para consuelo de muchos y tristeza de otros, y aquel derroche lumínico...

    por Julio Alonso
    30 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Marta Estévez acerca ‘La tercera orilla’ a Vigo
    Libros

    El secreto de la generación de los 70 que hoy sale a la luz en el Casco Vello

    La literatura gallega contemporánea vuelve a poner el foco en la memoria y el paisaje como ejes vertebradores de nuestra...

    por Redacción
    29 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    CAAN rescata a nove cachorros, dous de eles nunha fosa gandeira
    Opinión

    El maltrato animal denigra el alma humana y convierte a los humanos en monstruos cobardes y despreciables

    Por María M. Adeva Los seres humanos han basado su bienestar en el vil y cruel sometimiento y explotación de...

    por Cartas al Director
    24 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR