16112018Vie
Última edición: Vie, 16 Nov 2018 4pm

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, manifestou este luns "o máximo respecto e confianza na administración de xustiza", e sinalou que sempre "buscou a máxima transparencia na súa xestión" tras coñecer que a Fiscalia está a investigar se cometeu un delito de "desobediencia grave" ao non demoler a pirotecnia La Gallega, propiedade de Francisco Lameiro, que se atopa en prisión provisional tras a explosión dun almacén ilegal en Paramos. 

O Concello de Tui vén de remitir ao Xulgado do Contencioso Administrativo nº1 de Pontevedra o cronograma previsto para a execución da sentenza de desaloxo e demolición da empresa Pirotecnia La Gallega situada en Baldráns, no termo municipal de Tui, e que é do mesmo propietario que o almacén ilegal que explotou en Paramos matando a dúas persoas e causando grandes danos nun gran número de vivendas.

O Concello de Tui vén de rematar a ampliación da sinalización do Conxunto Histórico Artístico e en parte do trazado do Camiño Portugués de Santiago. Para acometer este proxecto contouse cunha achega da Axencia de Turismo de Tui, que concedeu 18.265 dos 28.100 euros que se investiron.

En resposta á solicitude realizada polo Concello de Tui, o Organismo de Recadación da Administración Local (ORAL) poñerá en marcha unha medida transitoria pola cal efectuará a suspensión cautelar do período de voluntario de cobro dos recibos do Imposto de Bens Inmobles (IBI) para os propietarios das vivendas afectadas pola explosión do Barrio da Torre en Paramos o pasado 23 de maio.  

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto aos arquitectos Leando Nogueira e Ángel Matilla de Nam Arquitectos, presentou este venres o anteproxecto de reordenación urbana do espazo da traseira da Área Panorámica como zona verde. Tamén estiveron presentes os concelleiros do equipo de goberno Antonio Castro, Estrella Muradás, Mila González e Eduardo Freiría. 

salud

celta

espectáculos

economía

sucesos