Recentemente, técnicos municipais tiveron que realizar unha limpeza exhaustiva de boa parte do sistema de saneamento da vila a consecuencia dos atascos provocados por este tipo de materiais, que, en ningunha circunstancia, deberían de chegar á rede de saneamento.
Segundo indica o Concello, este tipo de incidencias e reparacións son cada vez máis comúns, o que significa un custe cada vez maior para as arcas municipais, polo que a administración local fixo un chamamento ao seu uso responsable.
Ao mesmo tempo, anunciou unha campaña de sensibilización sobre o efecto negativo que unha acción tan sinxela coma tirar estes materiais ao WC pode ocasionar, xa que vai en detrimento da calidade do servizo e provoca un impacto negativo no medio ambiente.