• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 7 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    ata o 9 de decembro

    Sanidade abre este luns en Vigo a campaña de vacinación antigripal

    Desenvolverase durante máis de oito semanas rematando o vindeiro 19 de decembro. As persoas de 60 ou máis anos e as pertencentes aos grupos de risco poderán vacinarse nuns 150 puntos da área sanitaria de Vigo
    Redacción por Redacción
    18 de Oct, 2015
    en Salud
    0

    A provincia de Pontevedra conta nesta campaña con arredor de 250 puntos de vacinación –uns 150 na área de Vigo-, repartidos entre centros de saúde e consultorios, centros hospitalarios públicos, hospitais e consultas médicas privadas; as residencias e centros para a terceira idade; as unidades asistenciais de drogodependencias; os centros penitenciarios; e os centros de atención a discapacitados.

    Para o novo delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, esta nova campaña de vacinación tamén o é “de prevención” amosando así a preocupación da Xunta “pola saúde e benestar dos galegos e dos vigueses”. Destacou así a importancia do orzamento que, para a presente campaña, é de 1.898.104 euros. Galicia adquiriu 530.100 doses que se distribuirán por máis de 900 puntos de vacinación. Dita adquisición efectuouse mediante un acordo marco co Ministerio de Sanidade e outras 13 comunidades autónomas españolas.

    Ademais, e como novidade, o delegado explicou que Sanidade porá en marcha a web gripe.sergas.es con información tanto para profesionais sanitarios con información técnica e de xestión, como aspectos prácticos para a cidadanía.

    Obxectivos da campaña
    O obxectivo xeral, coma sinalou o delegado da Xunta en Vigo, é “minimizar o impacto da gripe na saúde” mediante a súa prevención tentando diminuír o número e gravidade das complicacións derivadas de padecela. “A gripe é unha enfermidade leve, previsible e prevenible”, considerou, polo que, un ano máis, se pon en marcha esta campaña.

    Doutra banda como obxectivos específicos, están acadar unha cobertura vacinal do 65% entre a poboación maior de 65 anos e, ao igual que o ano pasado, farase especial fincapé na vacinación do persoal sanitario, xa que ademais do beneficio individual para os profesionais redúcense as posibilidades de transmitir a enfermidade ás persoas que coidan ou atenden. Así, entre os traballadores de primaria e especializada o obxectivo de cobertura é do 35%.

    Poboación diana
    A campaña de vacinación fronte a gripe e o pneumococo 2015 -que ten unha duración de máis de oito semanas- está destinada a todas as persoas da área sanitaria que teñan 60 ou máis anos e ás pertencentes aos grupos de risco. Inclúense nos grupos de risco da vacina antigripal as persoas con enfermidades crónicas cardiovasculares ou respiratorias; persoas institucionalizadas con procesos crónicos; as persoas con enfermidades metabólicas crónicas ou inmunodeficiencias; os nenos e adolescentes -de seis meses ata 18 anos- con tratamentos prolongados de aspirina; as persoas con obesidade mórbida; e as mulleres embarazadas durante a temporada de gripe.

    Tamén se inclúen na poboación diana os grupos con posibilidade de transmitir a gripe a outras persoas de alto risco, como os traballadores de centros sanitarios e sociais de toda a área sanitaria, e tamén as que desenvolven traballos esenciais para a comunidade, como policías e bombeiros; as que pola súa ocupación poden estar en contacto con aves; e os viaxeiros internacionais. Neste senso, o delegado considerou a importancia que ten esta campaña para “incrementar as porcentaxes” de poboación dos grupos de risco que se vacinen.

    Organización da campaña
    Pola súa banda, a xefa territorial da Consellería de Sanidade, Ángeles Feijóo-Montenegro, explicou que se utilizarán dous tipos de vacina: unha para poboación xeral e outra indicada en poboación maior de 75 anos ou que viva en residencias. Ambas son moi seguras e “as reaccións que poden producir adoitan ser lixeiras e pasaxeiras”. Ademais, haberá tamén unha vacina específica para as persoas con alerxia severa ao ovo.

    Os interesados en vacinarse deben poñerse en contacto co seu centro de vacinación habitual, onde lles informarán de como solicitar a cita. As persoas con 60 ou máis anos, así como aquelas que sufran enfermidades crónicas, deben acudir ao seu médico de cabeceira ou centro de saúde onde serán informados das vacinas que deben recibir.

    A Consellería de Sanidade reitera á cidadanía que a vacinación durará máis de oito semanas e hai tempo suficiente para facela progresivamente. Por isto, solicítase á poboación que, para evitar a sobrecarga do sistema asistencial, non se acuda masivamente os primeiros días da campaña.

    Balance da campaña do pasado ano 2014
    O balance de datos do pasado ano revela que na área de Xestión Integrada de Vigo administráronse na campaña de 2014 un total de 77.334 doses antigripais. Destas doses, 53.479 correspondéronse a maiores de 65 anos, polo que se acadou unha cobertura do 47% da poboación diana.

    Con respecto da vacina antipneumocócica, na campaña do pasado ano na área de Xestión Integrada de Vigo rexistráronse 6.175 doses, das que 1.056 foron para a poboación de 65 anos, o que representa unha cobertura do 14%.

    43

    RelacionadosArtículos

    O club de lectura do Porriño celebra a pasión polas letras
    Local

    Medio millar de centros educativos gallegos disponen de clubes de lectura tras la incorporación de 51 este curso

    06 de Ene, 2026
    El Niño se va de viaje de fin de curso desde el Louro: «No nos lo creemos, llevamos mucho tiempo esperando un premio así»
    Actualidad

    El Niño se va de viaje de fin de curso desde el Louro: «No nos lo creemos, llevamos mucho tiempo esperando un premio así»

    06 de Ene, 2026
    Ganadores del I Certamen Literario de Relato Corto de VigoÉ
    Cultura

    Ganadores del I Certamen Literario de Relato Corto de VigoÉ

    06 de Ene, 2026
    Rincón de Vigo que ya no existe
    Más Vigo

    Rincón de Vigo que ya no existe

    06 de Ene, 2026
    La Diputación de Pontevedra cierra el año de ‘SmartPeme’ con cinco nuevos talleres online
    Actualidad

    La Diputación impartirá 34 formaciones sobre bienestar emocional en 19 centros educativos

    06 de Ene, 2026
    El 06703, primer premio del sorteo de la Lotería de ‘El Niño’ 2026, cae en todas las provincias gallegas
    O Porriño

    El 06703, primer premio del sorteo de la Lotería de ‘El Niño’ 2026, cae en todas las provincias gallegas

    06 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    «Absoluta decepción» e «inocentada»: así califica la oposición de Vigo el nuevo contrato del bus urbano

    por Redacción
    30 de Dic, 2025
    0

    Vigo se convierte en el mercado más exclusivo de Galicia con una subida de un 9% en el precio del alquiler

    por Redacción
    02 de Ene, 2026
    0

    Calendario laboral en Vigo: el año 2026 se estrena con varios puentes festivos

    por Redacción
    02 de Ene, 2026
    0

    La masiva Cabalgata de Reyes de Vigo 2023: momentos entrañables, travesuras y un cuarto Rey Mago

    La llegada de los Reyes Magos a Vigo provocará importantes cortes de tráfico: horas y recorrido final

    por Redacción
    30 de Dic, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Rincón de Vigo que ya no existe
    Más Vigo

    Rincón de Vigo que ya no existe

    Estas pequeñas viviendas que muestra la fotografía tomada hace más de diez años ya no existen. Estaban localizadas en la...

    por Julio Alonso
    06 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 4

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    10 novelas y cómics de aventuras de 2025 que no te puedes perder
    Libros

    10 novelas y cómics de aventuras de 2025 que no te puedes perder

    Se acaba un año que nos ha traído grandes publicaciones en cuanto a novelas y cómics de aventuras. ¿Cuáles son...

    por Gabriel Romero de Ávila
    03 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    La comunidad venezolana sale a la calle en Vigo en solidaridad con María Corina Machado
    Opinión

    La cola del consulado (II)

    En mayo de 2023 publiqué en esta misma casa un artículo titulado "La cola del consulado". En el mismo narraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR