21102019Lun
Última edición: Lun, 21 Oct 2019 10pm

O Concello de Ponteareas dá un paso máis na transformación do núcleo urbano, agora coa obra de humanización da rúa Redondela, que vén de saír a licitación por un importe de 520.226 euros. O prazo para que as empresas poidan presentar as súas ofertas expira o 30 de outubro e os trabajos comezarán antes de finais de ano.

A Concellería de Consumo de Ponteareas organiza unha charla gratuíta sobre produtos financeiros co obxectivo de ofrecer información e evitar posibles incidencias á hora de contratar servizos cos bancos. Co gallo do Día da Educación Financeira o Concello quere concienciar a todos e a todas da importancia de ter coñecementos básicos en temas de finanzas (hipotecas, tarxetas, inversións) para mellorar a relación coas entidades financeiras.

O Concello de Ponteareas informou este xoves de que recibiu o requirimento do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) para demoler o hipermercado Eroski, situado na parroquia de Angoares, no prazo máximo dun ano. O tribunal esixe ao Goberno Local que inicie os trámites no prazo máximo dun mes e que lle manteña informado trimestralmente das actuacións que se realicen. No caso de incumprimento das instrucións dadas, os funcionarios responsables ou o propio alcalde poderían ser sancionados economicamente.

A plataforma “Defendendo o Tea” realizou o pasado domingo labores de limpeza no río e logrou retirar preto de 500 quilos de lixo á altura da Moscadeira.

A Praza Maior de Ponteareas encherase de pos de cores e música coa Holi Party, a popular festa xuvenil que percorre as diferentes localidades de España. Desta vez visitará por primeira vez a vila do Tea o vindeiro venres 27 de setembro. Alí daranse cita DJs, artistas e animadores de Galicia que farán un espectáculo de máis tres horas de duración.

sucesos

economía

economía