20012020Lun
Última edición: Dom, 19 Ene 2020 8pm

O Nadal Solidario, ideado pola Delegación Territorial de Vigo en colaboración coa sociedade civil e coa implicación de varias consellerías da Xunta e o Porto de Vigo, vai tomando forma no Tinglado portuario de cara a súa apertura o vindeiro 16 de decembro, segundo informou o Goberno galego este sábado nun comunicado.

Augas de Galicia disporá o vindeiro ano dun orzamento de máis de 100 millóns de euros para reforzar o apoio aos concellos nas súas competencias de saneamento e abastecemento. O presuposto do departamento autonómico aumentará un 10 por cento e no caso da a colaboración técnica e financeira da Xunta cos concellos concretarase en partidas que suman máis de 70 millóns de euros.

O Concello de Nigrán instalou esta mañá na Alameda de San Campio da Ramallosa os dous primeiros 'bancos da amizade' de Galicia, unha iniciativa que xurdíu no 2012 en Florida tras pedirlle a nena Acacia Woodley a súa profesora que se colocase un no patio escolar para combatir a soidade nos recreos. En definitiva, trátase dun recurso que Nigrán extenderá aos seus patios e onde a persoa que se senta transmite aos demais a necesidade de apoio, folgos, alegrías e novas amizades.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, manifestou este sábado a súa indignación e cualificou de “vergoñento” o comunicado do PP de Galicia no que fixa a súa posición sobre a violencia de xénero, ao fío do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia machista. Silva esixiu ao presidente dos populares galegos e presidente da Xunta de Galicia, Núñez Feijoo, “que rectifique de xeito inmediato unha declaración pública que de feito nega a violencia machista”.

La participación de Miguel Martínez en el Campeonato de España Absoluto de Invierno, que se celebra estos días en Gijón, no ha podido empezar mejor. El nadador consiguió ayer por la mañana en las eliminatorias batir el récord gallego en 400 estilos en piscina de 25 metros con un tiempo de 4:20.98 -el anterior era de 2017 y estaba en 4:23.05-. Y por la tarde, ya en la final, que ganó con solvencia, volvió a batirlo al alcanzar una marca de 4:18.49.

vigo

aeropuerto

vigo