13122019Vie
Última edición: Vie, 13 Dic 2019 2pm

A Xunta xa ten definido o seu Nadal Solidario en Vigo cun total de 18 días plagados de actuacións, concertos, obradoiros e todo tipo de iniciativas culturais e solidarias.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, avanzou este luns a licitación a principios de ano das obras de mellora da seguridade viaria na estrada autonómica PO-331, no contorno do parque empresarial da Pasaxe. Os traballos, que se executarán tamén en 2020, suporán un investimento da Xunta de 435.000 euros.

O Nadal Solidario, ideado pola Delegación Territorial de Vigo en colaboración coa sociedade civil e coa implicación de varias consellerías da Xunta e o Porto de Vigo, vai tomando forma no Tinglado portuario de cara a súa apertura o vindeiro 16 de decembro, segundo informou o Goberno galego este sábado nun comunicado.

Augas de Galicia disporá o vindeiro ano dun orzamento de máis de 100 millóns de euros para reforzar o apoio aos concellos nas súas competencias de saneamento e abastecemento. O presuposto do departamento autonómico aumentará un 10 por cento e no caso da a colaboración técnica e financeira da Xunta cos concellos concretarase en partidas que suman máis de 70 millóns de euros.

O Concello de Nigrán instalou esta mañá na Alameda de San Campio da Ramallosa os dous primeiros 'bancos da amizade' de Galicia, unha iniciativa que xurdíu no 2012 en Florida tras pedirlle a nena Acacia Woodley a súa profesora que se colocase un no patio escolar para combatir a soidade nos recreos. En definitiva, trátase dun recurso que Nigrán extenderá aos seus patios e onde a persoa que se senta transmite aos demais a necesidade de apoio, folgos, alegrías e novas amizades.

medio ambiente

marítima

navidad