20012020Lun
Última edición: Lun, 20 Ene 2020 2pm

A Xunta de Galicia inaugurou este luns en Vigo o seu Nadal solidario, que se desenvolverá no edificio do Tinglado, no Porto de Vigo, ata o 4 de xaneiro con múltiples actividades e o Belén da Catedral de Santiago como gran reclamo. Este Nacemento non acostuma a saír de Compostela, pero desta vez recala na cidade olívica aproveitando as obras que se están a realizar na basílica e que impiden este ano a súa exposición pública.

O Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia acollerá ao longo das vacacións escolares de Nadal a realización dun completo programa de actividades educativas e científico-lúdicas dirixidas aos máis pequenos da casa. Todas as accións previstas desenvolveranse no Edificio Cambón, o Centro de Visitantes do Parque Nacional en Vigo, entre o vindeiro sábado 21 de decembro e o 4 de xaneiro.

"Nadal Solidario" e "Coñece Vigo" serán as apostas da Xunta de Galicia na cidade olívica durante as festas de Nadal. As actividades culturais e solidarias converteranse de esta forma no eixo da programación do Goberno galego para o mes de decembro en Vigo.

A Xunta xa ten definido o seu Nadal Solidario en Vigo cun total de 18 días plagados de actuacións, concertos, obradoiros e todo tipo de iniciativas culturais e solidarias.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, avanzou este luns a licitación a principios de ano das obras de mellora da seguridade viaria na estrada autonómica PO-331, no contorno do parque empresarial da Pasaxe. Os traballos, que se executarán tamén en 2020, suporán un investimento da Xunta de 435.000 euros.

vigo

tráfico

vigo