21102019Lun
Última edición: Lun, 21 Oct 2019 8pm

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada do alcalde de Oviedo, Wenceslao López, presentou este mércores na Capela do Hotel de la Reconquista, na que reúne cada ano aos premiados e premiadas Princesa de Asturias, o destino #PontevedraProvincia. Ante un auditorio ateigado de turoperadores, medios de comunicación, autoridades locais e autonómicas, e representantes de colectivos como Centros Galegos como o de Avilés, a presidenta deu a coñecer todos os aspectos que unen á provincia con Asturias e os principais atractivos do destino Rías Baixas, nun evento complementado coa proxección das cortometraxes do Castelo de Soutoamior e María Vinyals e o de ‘Galaicos’, amais do videoclip de Cómplices ‘Somos Historias’.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, manterá este mércores unha axustada axenda en Oviedo para a promoción do destino #PontevedraProvincia. Deste xeito, ás 11.00 horas terá lugar a presentación da campaña cos atractivos turísticos da provincia no Eurostars Hotel de La Reconquista e, xa pola tarde, a gastronomía das Rías Baixas será a protagonista da gala solidaria en beneficio da Fundación Mensajeros de la Paz.

A Deputación de Pontevedra vén de coñecer a resolución positiva do ‘Club de Producto Turístico de Grandes Castillos y Palacios de España’ para que o castelo de Soutomaior forme parte del como socio colaborador. Para a presidenta do organismo provincial, este feito “é unha manifestación máis de que os pasos que seguimos a dar para situar a Soutomaior como un dos grandes referentes turísticos da provincia de Pontevedra están a dar os seus froitos”.

O municipio de Oia vén de estrear a sinalización turística da contorna do Mosteiro de Santa María de Oia e o barrio histórico do Arrabal. Esta nova sinalización é froito dun conxunto de actuacións que contou cun investimento total de 28.070 euros por parte do Concello.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao deputado de Turismo, Santos Héctor Rodríguez, e ao deputado de Innovación e Promoción Económica, Javier Dios, fixeron entrega este mércores dos I Premios Talento Turístico da provincia de Pontevedra nas súas cinco modalidades na clausura da Xornada TurisTIC organizada pola institución provincial no Castelo de Soutomaior.

sucesos

economía

economía