Desta maneira entra en campaña “a quinta candidatura cunha alternativa nacional”, tal e como afirmou Pastora Fernández, primeira candidata pola provincia de Pontevedra. “Chegou o momento de que entre no Parlamento xente que defenda que hai que redistribuír a riqueza”, afirmou na presentación do acto.
Recortes Cero-Grupo Verde conta con mulleres como cabezas de lista no 50% das circunscricións, e con personalidades que concorren como candidatos nas súas listas, como o pintor Antonio López, os actores Manuel Galiana ou José Antonio Lobato, o director de teatro Jorge Eines, o director de cinema Jordi Grau ou o teólogo Benjamín Forcano.
Pastora Fernández iniciou a súa intervención facendo referencia á condición de investigados de Chaves e Griñán que ocupa hoxe os informativos, e denunciando que “só se fála do roubo ilegal, pero non do legal”. Segundo Suárez “é legal que unha SICAV pague o 1% de impostos e un autónomo o 20%, é legal dar diñeiro a un banco a fondo perdido e legal que un monopolio pague un 3,5% en impostos. A corrupción róubanos centos de miles de euros, o roubo legal róubanos centos de miles de millóns de euros”.
Recortes Cero-Grupo Verde basea o seu programa en “redistribuír a riqueza” para “construír outro modelo de desenvolvemento e de país”. A principal aposta da coalición é a elevación dos salarios e pensións, con mínimos e máximos salariais e subindo os impostos “non ás empresas senón a bancos, multinacionais e monopolios”. Segundo explicaron durante a rolda de prensa, “isto non só contribuiría a aumentar o nivel de vida da poboación, tamén supoñería un impulso ao consumo interno, que é o principal motor de desenvolvemento”.
Por outra banda, Pastora Fernández que xa se presentou como cabeza de lista nas pasadas eleccións, insistiu en que o obxectivo da súa alternativa é “cambiar o modelo produtivo, multiplicando a capacidade de crear riqueza da economía española, crebando a nosa dependencia do exterior”. Entre as súas propostas destacan a creación de “unha gran banca pública coas caixas e bancos rescatados con diñeiro público que libere os recursos suficientes para reconstruír o tecido produtivo, acabar co paro, dar crédito a pemes e autónomos e romper coa dependencia do capital estranxeiro”. “Só así acabaremos co empobrecimiento que sufrimos e abriremos unha nova etapa de prosperidade para o país”, concluíu Pastora
O acto continuou coa intervención de Sara Puga, primeira candidata por Coruña, que presentou o compromiso de Recortes Cero-Grupo Verde coa esixencia do cumprimento do resultado do Referendo da OTAN, do que recentemente se celebrou o 30 aniversario. Sara Puga, lembrou na súa intervención que en 1986 se aprobou a integración de España na OTAN, pero con tres condiciones que se incumpriron: a non incorporación á estrucxtura militar, a retirada das bases norteamericanas, e a prohibición de armamento nuclear en chan español.
Tamén interveu Sergio Perez primeiro candidato dos Verdes-Grupo Verde por Ourense presentando o seu decálogo verde para unha nova política ecolóxica, e Lola López Melendez, que pechou o acto chamando a apoiar a Recortes Cero-Grupo Verde para que “as medidas e a cultura de redistribuír a riqueza entre no Parlamento”.