16112019Sáb
Última edición: Sáb, 16 Nov 2019 8pm

A xunta de persoal da área sanitaria de Vigo e a plataforma “SOS Meixoeiro” decidiron na asemblea celebrada este xoves rematar co peche na entrada do Hospital Meixoeiro que se iniciara o día 1 de xuño.

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de Vigo-SOS Sanidade Pública vén de amosar o seu apoio ao peche para rexeitar o desmantelamento do hospital do Meixoeiro. O colectivo tamén fai un chamamento a participar na manifestación convocada no exterior do centro médico para o vindeiro día 22 de xuño.

Colectivos de comerciantes da contorna do hospital Xeral de Vigo denunciaron este xoves que o peche do centro médico está a acelerar o deterioro económico da zona, coa desaparición de empresas e postos de traballo.

A CIG-Saúde convoca para este mércores, 10 de xuño, concentracións nas distintas áreas sanitarias de Galicia (en Vigo, as 11:00 horas diante de Urxencias do Hospital Xeral para denunciar o peche de máis de 1.200 camas durante o verán, o peche de quirófanos e a paralización da actividade, mentres se mantén ou incrementa na sanidade privada. Xunto a isto, alerta da destrución de emprego público e da precarización das condicións laborais no sector que isto provocará.

navidad

vigo