05122019Jue
Última edición: Jue, 05 Dic 2019 8pm

Traballadores do sector de ambulancias, convocados polos sindicatos CIG, CCOO e UGT, pecháronse este xoves pola mañá nos despachos da xerencia da área sanitaria de Vigo para demandar un novo convenio colectivo “que garanta unhas condicións laborais dignas”. A protesta fíxose extensiva ás direccións dos complexos hospitalarios das sete principais cidades galegas.

O persoal dos PAC (puntos de atención continuada) de Vigo, Ferrol e Compostela retomaron este martes as mobilizacións coincidindo co inicio de novas xornadas de folga, que se desenvolverán até o vindeiro 17 de decembro para reclamar máis persoal e a mellora das condicións laborais e da atención ao usuario/a. Denuncian sobrecarga de traballo, falta de equipos de seguridade e discriminación, polo que insisten na equiparación coas condicións laborais do resto de persoal do Sergas.

Os Técnicos en Coidados Auxiliares de Enfermaría (TCAE) do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo continúan cos peches de 24 horas no interior do centro sanitario para rexeitar a decisión da dirección de impoñerlles a obriga de transportar as bolsas de roupa sucia dende as portas dos cuartos até os puntos de recollida, función que até o de agora asumía a empresa concesionaria do servizo de limpeza.

O avance das obras da autovía do Morrazo obriga a pechar o tráfico nun treito do corredor para blindar a seguridade dos usuarios e operarios. Así, este corte levarase a cabo no tramo comprendido entre os quilómetros 0 e 6, entre Rande e o enlace de Meira, dende o día 2 de novembro ata o 23 de xaneiro, cunha reapertura no Nadal para evitar interferir na operación especial de tráfico deste período.

O Consello Municipal das Mulleres do Concello de Vigo, en convocatoria ordinaria do luns 4 xullo de 2016, acordou informar á cidadanía da situación horaria no punto de encontro, dependente da Xunta de Galicia.

medio ambiente

navidad

vigo

ocio